31 de out. de 2007

A Fiscalía bloquea o corte de electricidade a Gaza

O asesor xurídico do Goberno israelí, Menahem Mazuz, prohibiu ao Exército cortar a electricidade á franxa de Gaza mentres non poida garantir que a medida é só aplicable de forma limitada. A decisión foi anunciada, nun comunicado remitido hoxe a Efe pola oficina de Mazuz, tras unha reunión con asesores xurídicos de todos os organismos e ministerios involucrados no plan para cortar a subministración de electricidade a ese territorio palestino. Esta decisión obriga ao Exército a aprazar a aplicación desa medida ate que se atopen as vías para garantir que non afectará a centros civís, como hospitais. O asesor pediu aos "organismos de Defensa un estudo máis exhaustivo para examinar a aplicación (do corte de electricidade) para que estea en liña coa decisión do Goberno de que o plan non prexudique á poboación civil.


Visto en En defensa de Israel.

Nenhum comentário: