4 de out. de 2007

Mianmar


Mianmar, a vergoña do mundo

Por Vicenç Fisas, director da Escola de Cultura de Paz

Hai trece anos comentei que o xenocidio de Ruanda puxera tan alto o listón de mortos nos conflitos que poderiamos acabar facendo pagar como invisibles moitos outros dramas que, a pesar da súa inmensa crueldade, non se caracterizan por acumular centenares de miles de mortos, pero si por vulnerar todo tipo de dereitos humanos, desprezar a democracia e impedir a liberdade dos seus habitantes. Myanmar era, e continúa sendo, un dos paradigmas do despropósito dunha ditadura militar autista, instalada no poder desde hai máis de corenta anos, e nun país maioritariamente descoñecido, un gran produtor de opio, e que ten unha premio Nobel da Paz, Aung San Suu Kii, líder da Liga Nacional para a Democracia, que pasou longos anos encarcerada ou confinada no seu domicilio, a pesar de gañar unhas eleccións en 1990, motivo polo cal foi arrestada. Ten arranxo este país? Con que tipo de apoios conta a Xunta Militar? Podemos esperar, en definitiva, que esa amplísima mobilización popular iniciada polos monxes budistas faga cambiar o escenario?

Os primeiros encontros entre os militares e a oposición democrática non se produciron ate finais de 2000, coa mediación de Malaisia e Nacións Unidas. Durante o período 2001-2004 realizáronse unha serie de xestos por parte da Xunta Militar no que poderiamos denominar “diplomacia das visitas”, que traduciuse na liberación de presos políticos antes e/ou despos das visitas periódicas que efectuaban no país o enviado especial do secretario xeral de Nacións Unidas, o relator especial sobre Dereitos Humanos e dirixentes políticos de varios países, aínda que houbo períodos nos que a Xunta Militar non permitiu ditas visitas. En 2004, o Goberno promoveu unha Convención Nacional para democratizar o país, tachada de farsa polos mesmos EE UU, pero o NLD condicionou a súa participación á liberación dos seus membros encarcerados. Moitas das xestións diplomáticas para resolver o conflito fixéronse a través do Centro para o Diálogo Humanitario, con sede central en Xenebra e cunha oficina na capital birmana desde o 2000, pero que foi clausurada pola Xunta Militar en marzo de 2006. Un ano antes, en 2005, voces como a do ex presidente checo Václav Havel e o premio Nobel da Paz Desmond Tutu instaron ao Consello de Seguridade da ONU para que levase a cabo acciones contra o réxime militar de Myanmar de forma inmediata. A suspensión das visitas da Cruz Vermella Internacional, a existencia de campos de traballo forzado e da escravitude, e o continuo encarceramento de opositores políticos, empezaron a incomodar a varios países e a organismos internacionais. A finais do pasado ano, o embaixador de EE UU na ONU pediu ao presidente do Consello de Seguridade que levase a cabo unha discusión formal sobre a deteriorada situación do país, pero en xaneiro do ano actual, dous países do Consello de Seguridade, China e Rusia, ademais de Qatar e RD Congo, votaron en contra desa posibilidade. En paralelo, numerosas organizacións internacionais de apoio á oposición democrática birmana criticaron a falta de esforzos da UE para impedir que empresas orixinarias dos Estados membros invistan en Myanmar en sectores como o do petróleo, o gas ou a madeira, que xeran importantes beneficios ao mafioso Goberno militar. Aínda por riba da vergoña, o Goberno indio comprometeuse a incrementar a axuda militar a Mianmar a cambio dunha maior cooperación para combater aos grupos insurxentes hindús que operan ao longo da fronteira con Mianmar.

No segundo trimestre deste ano, o secretario xeral da ONU nomeou a Ibrahim Gambari como o seu representante no país, coa difícil intención de implementar as resolucións da Asemblea Xeral, que non teñen carácter obrigatorio. A resposta da Xunta Militar foi prorrogar por un ano a detención da líder opositora e premio Nobel da Paz. Ibrahim Gambari visitou en xullo distintos países asiáticos (Singapur, Indonesia, Malaisia e Tailandia) para manter consultas cos diferentes Gobernos sobre a situación e o futuro do país. Entre as reunións mantidas cabe destacar o encontro coas autoridades chinesas, un dos aliados máis importantes do réxime militar de Mianmar. Gambari tamén se reuniu con representantes do Goberno indio, que nos últimos meses incrementou a cooperación, sobre todo en termos militares, co Executivo de Mianmar, así como co presidente Putin. foi, pois, neste contexto dun certo movemento a nivel internacional que os monxes budistas emprenderon a iniciativa de saír á rúa e alentar, co seu exemplo, a mobilización dun pobo que está farto de sentirse humillado por unha ditadura militar corrupta e delirante.

É unha cuestión importante o que estas manifestacións se produzan nos días en que está reunida a Asemblea Xeral da ONU, porque a presenza en Nova York de gran cantidade de gobernantes podería permitir chegar a un acordo de presión final sobre a Xunta Militar. Para iso será imprescindible que China e India retiren o seu apoio militar á xunta, que o Consello de Seguridade, incluíndo Rusia, sexa capaz de buscar unha fórmula consensuada para que se poña en marcha unha folla de ruta para a democratización do país a curto prazo (algo así como o quinteto que axudou a superar a crise norcoreana), e que a premio Nobel da Paz quede en liberdade de forma inmediata. Para acadalo é fundamental que Mianmar non fique no esquecemento e sexa titular diario nas próximas semanas. Só así, ante a mirada permanente do mundo, a poboación birmana poderá recuperar a liberdade, e nós deixar de ser espectadores pasivos dunha das peores vergoñas do último medio século.

Máis:

Nenhum comentário: