Novas guerras e vellas esquerdas
Vía La Harka de Aspizua (e insertado nun post co que discrepo) atopei este interesante artigo de Joaquín Villalobos sobre a validez da vía revolucionaria no mundo de hoxe en día.
A principios dos setenta, os xóvenes que decidimos alzarnos en armas contra a ditadura militar salvadoreña necesitábamos coñecer o terreno onde comenzaríamos a guerra revolucionaria. Percorrimos en longas camiñatas barrios superpoboados, quebradas incríblemente habitadas e vilas de impresionante miseria que rodeaban á capital. Sen embargo, ós aprendices de guerrilleiros que nos fumos a vivir a aqueles lugares só nos preocupábamos de non ser detectados pola policía, non soubemos de ventas de drogas, crime organizado e guerras entre pandillas. Nin a violencia autoritaria do Estado nin a revolucionaria da guerrilla tiñan entón competidores.
Os conflictos que existían no mundo antes dos noventa eran guerras entre dous bandos que tiñan algunhas regras, o terrorismo normalmente viña de ditaduras e os homes bomba eran case inexistentes. Comparando aqueles conflictos cos atuáis, descubriremos que agora é difícil entender e identificar aos múltiples contendentes involucrados nuna mesma guerra. Mary Kaldor, académica británica, no seu libro New and Old Wars, calificaos como unha "mestura de guerra, crime e violacións aos dereitos humanos". Kaldor conclueu que se producira un profundo cambio nas novas guerras. A violencia é ahora fragmentada, multidirecional, sen regras, sen propósito claro e sostida por unha economía informal-criminal. Algo así coma nunha loita de todos contra todos. O resultado non é a vitoria dun bando, senón a fragmentación da sociedade e a privatización da violencia, coa conseguiente pérdida do monopolio desta por parte do Estado. Unha loita entre o mundo cosmopolita que require tolerancia e civismo versus particularismos violentos movidos por intereses relixiosos, étnicos, nacionalistas ou simplemente delictivos.
En Latinoamérica non temos polo momento conflictos étnicos ou relixiosos; sen embargo, enfrontamos ao que algúns califican coma guerra civil continental contra o crimen organizado, as pandillas urbanas, a delincuencia común e a violencia social. A produción e tráfico de droga está conectada coa globalización cosmopolita, pero nos nosos países xera fragmentación social. Múltiples grupos armados buscan cooptar e corromper institucións, dominar territorios e controlar población, mercados e rutas. Este fenómeno supera en extensión ás insurxencias políticas que existiron durante a Guerra Fría, e en distintas proporcións afecta a todolos países. O desplegue policial e militar por aire, mar e tierra que desenrrolan os gobernos non ten precedentes; éstos intentan recuperar o control de institucions, mares, fronteiras, costas, cidades e selvas que caíron en mans dos delincuentes.
Brasil está en guerra contra pandillas que dominan grandes zonas urbanas; Guatemala e Honduras están fragmentadas por poderosas mafias, a costa atlántica de Nicaragua é un narco-territorio, Colombia combate contra guerrilleiros de esquerda e paramilitares de dereita que agora son narcotraficantes, en El Salvador as maras superan en número ás guerrillas dos oitenta, México ten seis Estados en emerxencia intervidos por forzas federais, e o maior perigo da transición cubana non é unha guerra entre cubanos, senón que o crime organizado tome o control da illa.
A violencia política foi un axente de cambio e moitas das liberdades que agora coñecemos están conectadas con protestas ou rebelións. Sen embargo, baixo o escenario descrito, ¿pode a violencia revolucionaria ser un axente de cambio? Cando a folga da Universidade Autónoma de México en 1999, os liderazgos lumpen désta, por exemplo o Roco, quen tiña 30 años de estudante e varios arrestos por drogas, contrastaron coa alta calidade intelectual de quenes encabezaron a loita estudiantil de 1968. Despois de quince anos de paz en El Salvador é frecuente que pandilleiros da "salvatrucha" participen en protestas na rúa, nunha destas un persoaxe lumpen asesinou a tiros a dous policías e feriu a dez máis. En Colombia, as FARC transitaron do fundamentalismo ideolóxico a primeros productores mundiáis de cocaína. Premeditado ou non, guerrilleiros mexicanos cooperan cos narcotraficantes ao executar sabotaxes a oleoductos, precisamente no momento no que o país está amenazado polo crime organizado, e cando paradóxicamente o congreso aprobou unha avanzada reforma política eleitoral.
Existe una lumpenización da violencia da esquerda. Esta violencia é promovida por vellos e frustrados ideólogos esquerdistas, pero levada a cabo por xóvenes activistas que son reclutados e actúan en augas dominadas por unha violencia delictiva que é social, financieira e territorialmente moi poderosa. Que protestas sociais deriven en violencia espontánea é algo que excepcionalmente ocorre en calquera parte, pero co escenario descrito, alentar sistemáticamente a violencia na rúa e deslexitimar ás instituciones das democracias nacentes é multiplicar a impunidade e a inseguridade. A xeralización do desorde axuda a grupos criminais e coloca a demanda por seguridade enriba das demandas sociales. Esto abre as portas aos autoritarismos de man dura.
A esquerda necesita hoxe máis ca nunca de paciencia, paz e legalidade. O romanticismo guerrilliero das vellas esquerdas é agora reacionario. O maior perigro para estos novos "combatentes" da esquerda non é morrer como héroes, senón acabar de mafiosos ou terroristas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário