A social-democracia ilustrada
Por segunda vez na semana volvo a traer unha nova de Herut, máis este outro logro de Suecia reafírmame en que, se hai un modelo de país cara o que paga a pena ir, é cara o Estado do Benestar que a social-democracia conseguiu implantar nos países nórdicos.
O escritor israelí Amos Oz (aquí un conto), destacado intelectual de esquerdas, escribiu un breve libro no cal explicaba a súa visión do conflicto árabe israelí e alertaba contra o extremismo que, en ambos bandos, frustraba a consecución dunha paz duradeira para a rexión. Pois ben, ese libro, acertadamente titulado Cómo educar a un fanático, vai a ser distribuído polo Goberno sueco entre 115.000 alumnos de quinto curso, para educalos no rexeitamento do extremismo e na defensa do diálogo, así coma para amosarlles o conflicto dende unha perspectiva diferente ao maniqueísmo que amosan os medios.
Son consciente de que, ao ser eu pro-israelí (por moi, pero que moi vago que sexa ese termo), quen lea isto crerá que o libro de Amos Oz é unha defensa a ultranza dos intereses israelíes. Deixo un parágrafo no que dito autor resume os dous conflictos mesturados que sacuden Israel e Palestina para que, coma sempre, cada quén saque as súas conclusións:
"Dúas guerras palestino-israelíes estalaron nesta rexión. Unha é a guerra da nación palestina pola liberdade, contra a ocupación e polo seu dereito a vivir nun Estado independente. Calquera persoa decente debería apoiar a súa causa. A segunda guerra é a do Islam fanático, dende Irán a Gaza e dende Líbano a Ramala, para destruir Israel e botar aos xudeos fora da súa terra. Cualquer persoa decente debería aborrecer esa causa."
Nenhum comentário:
Postar um comentário