28 de jun de 2007

Un conto de Amos Oz

Xusto levaba toda a semana pensando que, cando tivera un momento, tiña que colgar no blogue un conto de Amos Oz que (re)lin non hai moito, cando sae a nova de que acaban de concedérlle-lo premio Príncipe de Asturias das Letras. Unha feliz coincidencia.

O conto do que falo, que saíu publicado en hai case dez anos, forma parte do libro colectivo O libro dos Libros, no cal corenta e seis autores de todo o mundo homenaxearon ó ilustrador alemán Quint Buchhloz. A idea era a seguinte: o editor Michael Krüger enviou un dibuxo do autor a cada un dos escritores, para que eles escribiran a historia a partir da imaxe que a ía a acompañar, e non ó reves, coma é o habitual. Tódolos aceptaron o convite.

O conto de Amos Oz foi traducido do hebreo por Ana María Bejarano, e é desa traducción a partir da cal eu fago a versión en galego. Espero que os leitores saiban desculpa-la miña escasa pericia. A imaxe sobre a que o mesmo trataba é a dun libro atravesado por unha antena de televisión, extraña e hipnótica coma tódalas de Quint Buchholz.


Prantéxase, pois unha sinxela cuestión


Cando estou moi ocupado, fumo un cigarrillo tras outro, corro daquí para alá intentando resolver diversos asuntos apuntados nunha lista, tacho os problemas resoltos, anotando na mesma lista os novos problemas que foron xurdindo e, ó mesmo tempo, contesto sen demora cartas, peticións e chamadas telefónicas, desmonto un grifo que gotea, cámbiolle-la goma que se pudriu, axústoo ben, sen esquencer que teño que pasar a tempo pola lavandería, redacta-la solicitude de traslado para facérlle-la chegar coa maior brevidade ó ministro de Educación e Cultura, agradecérlle a tía Tischka a preciosa tarta, aclara-lo asunto do cheque, e todo elo entre a reunión do plan de paz e o encontro coa profesora de Montevideo, e sen que se me esquenza muda-la camisa, porque a que levo ten o pescozo agrio de suór, e ademáis non podo perdeme as novas da tarde, porque na parada do autobús estiveron falando dunha concentración de forzas do exército, e ademáis teño que arranxarme un empaste, tira-la leite de principos da semana, cambia-la febilla dunha sandalia, atopar ó electricista para que arranxe a neveira, fumar un pouco menos, ser un pouco máis dilixente, porque o tempo voa, decidir finalmente o asunto da encadernación, tomar partido respecto ós caprichosos cambios de situación, pasar a consolar a Zelig e a Slava sen cargar coa tarefa de preparárlle-lo libro conmemorativo, botarlle unha ollada ó xornal, devolverlle ou non a ofensa ó desprezable doutor Schuster, pedir hora para o radiólogo, tratar con coidado ó ancián dirixente dos kibbutz que primeiro me acompaña ata a esquina da rúa, logo ata outra e despóis un pouco máis, abstraerme da dor de móas que vai a peor, e pasar, por fin só, xunto a un can atropelado que ten os sesos ciscados pola calzada, darme conta de súpeto de que me perdín o cambio das cores no ceo - a mañá foi azul e branca, ardente, mentres que o atardecer é gris, oscuro e húmido, e empezou a sopla-lo vento dende o mar-, entón pregúntome cando sucedeu todo isto. No recuadro dunha ventá, no caleixón, unha muller quitouse o vestido por riba da cabeza, e eu pasei por diante da ventá fumando, con aspecto ocupado e respetable. Non me detiven, pasei xunto ós seus muslos e non sentín nada. Seguro que se cruzaron paxaros aquí e acolá no meu camiño, pero non os oín; seguro que nalgún lugar repicaron as campás, sen min, seguro que me agardan. Nalgunha casa cercana unha muller casada, con catro fillos, decidiu que xa abondaba, e suicidouse cunhas tesoiras correntes, isto pon o xornal que estou lendo de pe no autobús, os ollos chorosos polo fume dos cigarros dos demáis e polo meu propio. O xornal tamén di que que a situación pode deteriorarse. Axiña oiremos as novas das seis. Quizáis a artillería siria iniciou un fogo masivo e os avións da nosa forza aérea foron abatidos e borrados do mapa, ou noso exército, seguindo as oportunas advertencias do noso servizo secreto de información, arrasou as posicións enemigas e está ás portas de Bagdag. Silenzo! Deixádeme oír! A situación estase deteriorando e algo ten que acontecer.

10 comentários:

Colectivo Galiza-Israel disse...

Parabéns a Amos Oz. Shalom

Anônimo disse...

Faltoulle tempo ao "Sr." Gomez-Valadés, en mandarlle a súa foto da manifestación en Madrid a La Voz de Galicia.
Esa anecdota carece de importancia, se non souberamos todos a utilización que se fai da polémica de ser militante do BNG, para publicitarse. A quen lle importa que uns individuos vaian a unha manifestación a Madrid? Que se pode facer entón para que os medios o recollan?
¡¡ CARAMBA XA ESTA, utilicemos o BNG!!
En resumo, unha vez máis este home segue ca súa proxección mediatica a costa do BNG.
Parabéns a Amos Oz. Shalom

Julicheiro disse...

Pero vamos a ver: que unha asociación calquera informe das súas actividades... é malo? Se, por poñer un exemplo, os promotores dun acto en defesa da lingua mandaran as fotografías do mesmo ós medios para que estes se fixeran eco, daquela pareceríalle mal? Ou un acto en solidaridade co pobo cubano e contra a (desprezable) Lei Helms-Burton?

Pero non se decatan de que son os que se alporizan os que fan disto un problema? Se algunhas persoas non estamos dacordo coa opinión maioritaria con respecto de Israel, porqué non imos ter o mesmo dereito que os demáis a falar? Penseo en frío: realmente cre que alguén vai deixar de votar ó Bloque porque dentro haxa xente que, ó mesmo tempo, sexa membro dunha ou doutra asociación? Por non falar das persoas que, coma eu, non estamos dentro da AGAI, pero temos posturas moi semellantes. Máis ben, o que asusta a xente é ve-los guirigais que se montan por nada.

O peor desta polémica é que é todo tan... artificial. É facer un problema dalgo que, en calquera outra organización política é normal, isto é, a discrepancia. Estas atitudes de comigo ou contra min son o que nos fan dano, non o outro.

Anônimo disse...

Perdoa, o que eu critico e que lle faltou tempo ao señor PGV en ir a prensa, neste caso a LVG.
É o único polo que sae na prensa e porque é militante do BNG, se non non sairía na prensa.
O Sr. PGV sabeo, por iso manda foto en noticia a prensa, é o que saé na prensa é a polémica que il montou, que il filtrou e que il se encarga de manter vixente.
O demáis é demagoxia pola túa parte.
Un saúdo

Julicheiro disse...

Pero porqué a asociación (que son un feixe deles, non só o presidente) non vai mandar as fotos das actividades que realice?

Se a prensa o saca é pola polémica que se montou, é iso o que quere decir, non? Ben, pois daquela, coincidirá comigo en que, no futuro, haberá que evitar que se tomen decisións arbitrarias que dean pe a estas polémicas.

En fin, non creo que vaiamos a pornos dacordo. Saúdos tamén a vostede, e que teña unha boa tarde.

Anônimo disse...

O da decisión arbitraria é unha opinión subxetiva. O que non é de recibo, é iso si que é arbitrario, cun "militante" do BNG use aos medios para a súa loita contra a organización.

Julicheiro disse...

A decisión é arbitraria dende o momento en que se alega que Israel (todo o país, ata o último pobo) se da de bruces co ideario da fronte, cando non hai nada previsto nas normas das que nos dotamos, o cal se agrava cando hai persoeiros do Bloque que apoian de xeito indisimulado a rexímenes politicos que sí que son contrarios ós ideáis de democracia e pluralidade que decimos defender (e que son intocables).

Polo que respecta á prensa, xa mo preguntaron, e o respondín (no décimo comentario), unha vez. Saúdos.

Anônimo disse...

Aclarar que nas asembleas, do BNG aprobanse resolucións a favor do pobo Palestino.
Segundo, se tanto che molesta o posicionamento de alguns lideres do BNG concertos rexímenes políticos presenta unha resolución en contra deles. A ben seguro, que é o sitio onde resolver as discrepancias, non como fai este "Sr." filtrando a prensa todo o que non é do seu agrado.

Julicheiro disse...

E ló eu estou en contra? Ou é que é coma no fútbol? E si que me molestan as atitudes de segundo qué persoeiros, pero, agora que ningúen nos oe... cre realmente que, anque segundo qué xente suba a unha banqueta e diga na praza do pobo que Fidel Castro é un exemplo para o mundo, alguéna asamblea o vai a expulsar do Bloque por ir o castrismo contra a democracia ("burguesa", dirán con desprezo) que se establece nos estatutos, e non en meras resolucións asamblearias? As normas cumprense igual para todos?

A vostede o que lle molesta non é que se produza unha irregularidade, senón que se denuncie. Se cadra, e oxalá que iso non se produza nunca, se o discriminado fora vostede ou alguén do seu ámbito, poida que fose escrupuloso neste punto.

Mire, eu non vou a convencelo, e vostede non vai a convencerme a min, así que, se lle parece, deixámolo neste punto (salvo que queira engadir algo). O tema xa me cansa, penso que xa se dixo, no seu momento, todo canto pagaba a pena decir. Agora, uns e outros, repetímonos, e iso é algo que me aburre.

Así que, sen máis, reciba un cordial saúdo (en serio)

PS: Porqué non emprega un alcume? Así éme máis doado saber se estou a falar coa mesma persoa; neste caso téño claro, pero noutros é máis dificil enterarse.

Anônimo disse...

Aclarar, que a mín molestame que se produza unha irregularidade, e tamen que se denuncie onde non se ten que denunciar (na prensa), ou acaso é esta un órgano do partido con capacidade para resolver problemas internos. O Sr. PGV pensa que é así. E ahí radica a diferenza, no xeito de resolver as "irregularidades".