Unha pregunta que me corroe estos días
De non ser pola tráxica morte de seis soldados do exército español, baixo mandato da ONU, no sur do país, ningún medio e comunicación estaría agora falando do Líbano. E, con ánimo de incordiar, eu pregúntome:
Agora que o Líbano está a facer o mesmo que fixo Israel o verán pasado, isto é, rematar cos viveiros de terroristas do sur do país, onde foron parar as mostras de repulsa?
Por que foi xusto o verán pasado (só un ano, é que xa o esquencemos?), cando a xente se votou á rúa para denunciar a "agresión sionista contra o Líbano"; iso era o que querían ver, e foi o que viron. Agora, que é o propio Líbano o que toma a determinación de rematar coa lei da xungla que impera nos campamentos/cidades-estado no que malviven amoreados os palestinos, os mesmos que entón se rasgaban as vestiduras agora miran cara outro lado. A Guerra do Líbano foi tan miserable coma calquera outra. Foi, ademáis, torpe e precipitada. Máis, á vista dos acontecementos, non foi, nin moito menos, un conflicto gratuito.
Alguén pedirá perdón polo que entón se dixo de Israel? Alguén vai recoñecer, á vista do que esá a acontecer agora mesmo, que a guerra non foi contra o Líbano, senón contra Hezbolá? Agora que é o propio Líbano o que asume o que, de non ser un Estado débil, debería ter feito hai anos, bótase moito de menos que toda a xente á que se lle enche a boca falando de memoria, por unha vez, por unha sóa vez, tivera a decencia de aplicarse o conto.
Nenhum comentário:
Postar um comentário