Protesta fronte a Embaixada de Irán
Constame que alguns dos leitores deste blogue residen en Madrid. Quizais sexan eles os máis interesados en saber que o próximo mércores, día 27, ás sete da tarde, terá lugar fronte á Embaixada da República Islámica de Irán unha concentración de repulsa.
Máis alá da crónica vulneración dos Dereitos Humanos, que ben valería unha concentración semanal, esta vez, hai un motivo urxente para facelo. E, anque podería ser polos continuos chamamentos á destrucción de Israel por parte do seu presidente, ou polo programa nuclear que desenrolan co ese obxetivo, hai algo que se antepón a todo iso.
Coma sempre en Oriente Medio, a realidade impón a súa pauta. Esta vez non son ameazas, senón feitos, os que poñen en perigo a precaria paz (por chamarlle dalgún xeito) da rexión. Agora que Gaza é a última adquisición do islamismo (fronte á pasividade de Occidente, para variar), é necesario racha-lo muro de silenzo que condea ós palestinos (ou é que só importan cando se enfrontan a Israel?) e ós israelíes e a calquera expectativa de solución pacífica para a rexión.
Hamas, o brazo armado de Irán na zona, ven de toma-lo control da Franxa. Non é máis que outro paso no intento de destruir Israel para exende-los dominios da interpretación máis integrista do Corán. De novo, os palestinos son o instrumento do que se valen os islamistas. De novo, a paleoesquerda cala. De novo, tamén, haberá que deixar claro que o inalienable dereito de Israel a existir está fora de toda negociación posible.
E o momento e o lugar para facelo é este.
Nenhum comentário:
Postar um comentário