3 de out. de 2007

Daniel Pearl

Anque pensaba que xa a quitaran da carteleira, onte tiven ocasión de ir a ver a película Un corazón invencible. Nela nárranse o intento infructuoso por rescatar a Daniel Pearl, xornalista secuestrado en Paquistán mentres investigaba as redes de organizacións terroristas de raigame islámica implantadas na rexión. Saber o final non fai a película menos interesante. Son as cuestións morais que na mesma se prantexan, por riba da historia persoal entre Daniel e a súa muller, en avanzado estado de embarazo no momento do secuestro, as que fan que pague a pena vela. O film xira en torno ao teimudo intento da súa muller, Marianne, por voltar a ver ao seu marido, así coma na dicotomía entre a situación do reducido elenco de occidentáis e os habitantes da cidade de Carachi, onde sucederon os feitos. Non só no nivel de vida, senón as repercusións en ambos campos. Despois de vela, comprobo de novo que vai a ser difícil que me deixen entrar no Club da Sagrada Esqueda, porque anque o xornalista fose un xudeu estadounidense (e neto de sionista, dise case ao final), a súa historia púxome un nudo na gorxa.

Seguramente, de ir ao cine con algún dos meus amigos puristas, me tería reprochado a miña debilidade moral, o deixarme emocionar cunha historia pagada con cartos ianquis para disimular cómo dominan o mundo. Seguro que terían un bó listado de motivos para non sentir mágoa por ese reporteiro do Wall Street Journal ao que, tras atraelo co cebo dunha entrevista falsa, mantiveron capturado durante semanas, ata que o executaron mentres o grababan cunha videocámara.

Se algo deixa claro a película é que, alí onde haxa miseria, os fanáticos atoparán adeptos. Só unha democratización eficaz deses países, e sobre todo a esperanza dun futuro onde xustiza non agarde á outra vida para ser impartida, evitará que cada vez máis xente escolla o camiño do fanatismo relixioso. Esta contextualización serve para encadrar os acontecementos, máis non pode levar a unha xustificación, nin a establecer paralelismos coma os que na película, por veces, se prantexan. Nesta liña, recomendo o acertadísimo artigo que o pai da vítima publicou co gallo da súa estrea nos Estados Unidos.

2 comentários:

Colectivo GZ-Israel disse...

Eu son xudeu. (Derradeiras palabras de Daniel Pearl).

J. disse...

Si, é certo. Na película vese o medo que ten a muller a que os seus captores se enteren desa circunstancia. E logo, cando xa é público, axiña comezaron as acusacións de ser un axente do Mossad, ou da CIA, coma todo xudeu que se precie.