Daniel Pearl
Anque pensaba que xa a quitaran da carteleira, onte tiven ocasión de ir a ver a película Un corazón invencible. Nela nárranse o intento infructuoso por rescatar a Daniel Pearl, xornalista secuestrado en Paquistán mentres investigaba as redes de organizacións terroristas de raigame islámica implantadas na rexión. Saber o final non fai a película menos interesante. Son as cuestións morais que na mesma se prantexan, por riba da historia persoal entre Daniel e a súa muller, en avanzado estado de embarazo no momento do secuestro, as que fan que pague a pena vela. O film xira en torno ao teimudo intento da súa muller, Marianne, por voltar a ver ao seu marido, así coma na dicotomía entre a situación do reducido elenco de occidentáis e os habitantes da cidade de Carachi, onde sucederon os feitos. Non só no nivel de vida, senón as repercusións en ambos campos. Despois de vela, comprobo de novo que vai a ser difícil que me deixen entrar no Club da Sagrada Esqueda, porque anque o xornalista fose un xudeu estadounidense (e neto de sionista, dise case ao final), a súa historia púxome un nudo na gorxa.
Se algo deixa claro a película é que, alí onde haxa miseria, os fanáticos atoparán adeptos. Só unha democratización eficaz deses países, e sobre todo a esperanza dun futuro onde xustiza non agarde á outra vida para ser impartida, evitará que cada vez máis xente escolla o camiño do fanatismo relixioso. Esta contextualización serve para encadrar os acontecementos, máis non pode levar a unha xustificación, nin a establecer paralelismos coma os que na película, por veces, se prantexan. Nesta liña, recomendo o acertadísimo artigo que o pai da vítima publicou co gallo da súa estrea nos Estados Unidos.
2 comentários:
Eu son xudeu. (Derradeiras palabras de Daniel Pearl).
Si, é certo. Na película vese o medo que ten a muller a que os seus captores se enteren desa circunstancia. E logo, cando xa é público, axiña comezaron as acusacións de ser un axente do Mossad, ou da CIA, coma todo xudeu que se precie.
Postar um comentário