17 de out. de 2007

Matrix

"O mantemento da violencia de baixa intensidade aparece como necesario para as continuadas políticas israelíes que presentan aos palestinos coma terroristas, e aos proxectos de colonización israelí e ás operaciones para aplastar aos palestinos –en Cisxordania e na Franxa de Gaza–, coma parte dunha “guerra contra el terrorismo”.

A axenda xenocida de Israel, de Victoria Buch, profesora universitaria israelí, que cre que "os ciudadáns xudeu-israelíes viven nunha realidade virtual, deliberadamente producida para eles polos líderes políticos, os medios de comunicación e o sistema educativo". Ela dase conta porque é máis lista, máis o resto da xente vive en Matrix. Ela é consciente de que se está a cometer un xenocidio, isto é, o intento de exterminar a tódos os palestinos. É o resto do país o que vive (auto)enganado.

Pregunta: porqué será que quén enfoca o mundo con estas caducas teorías contraculturáis non asume, sequera por unha vez, que se cadra é ela a que vive nunha realidade autista?

PS: Estiven botándolle unha ollada á páxina Boltxe e non ten desperdizo: sionismo = nazismo, xenocidio palestino (ou Holocausto palestino, xa postos), Al Fatah traidores / Hamás idealistas, Hamás é un movemento de resistencia que se ve atacado por Israel, boicot a Israel, e (redobre de tambores), ... tachán!, ensalzamento de Ahmadineiad (toreiro, toreiro!)

En fin. Non todo é malo. O bó que ten ler estas cousas é que confirmo de novo que o único que hai baixo o "antisionismo" é o mesmo odio de sempre, turbando de novo o entendemento ata extremos delirantes.

3 comentários:

Anônimo disse...

Supoño que vostede teríalles chamado listillos aos alemáns que denunciaron o nazismo. Porque obviamente, a maioría dos seus concidadáns non podían estar errados.
En fin. Engado dúas citas esclarecedoramente sionistas:
"If I knew that it would be possible to save all the children in Germany by bringing them over to England and only half of them by transporting them to Eretz Israel, then I opt for the second alternative."
Ben Gurion.

The hopes of Europe’s six million Jews are centered on emigration. I was asked: “Can you bring six million Jews to Palestine?” I replied, “No.” ... From the depths of the tragedy I want to save ... young people [for Palestine]. The old ones will pass. They will bear their fate or they will not. They are dust, economic and moral dust in a cruel world ... Only the branch of the young shall survive. They have to accept it.
Chaim Weizmann, primeiro presidente de Israel.

J. disse...

Pero non se decata de que cada vez que me equipara a Israel coa Alemania nazi é vostede o que perde credibilidade?

Eu noto sutís diferencias entre o xenocidio que cometeron os nazis e o xenocidio que está a cometer Israel. Por exemplo, que o primeiro foi real.

Anônimo disse...

Xa esquecera esa manía súa de entender o que lle parece!