A única amiga dos curdos
Recomendo unha moi interesante reportaxe sobre a montaña, segundo se di, a única amiga dos curdos. A intención do Goberno turco de entrar en Iraq para rematar cos santuarios terroristas das Forzas de Defensa Populares, o brazo armado do PKK, está traendo ás portadas (por uns días, ata que nos aburramos) o eterno problema do maltratado pobo curdo, a falta dun Estado de seu. Neste temas é doado caer no branco ou negro, co que me gustaría matizar algo. E todo porque, buscando o enlace na Wikipedia, atopei esta redación desafortunada sobre o PKK:
"O partido, coñecido polas súas siglas en kurdo (PKK), loita pola independencia do Curdistán turco nun Estado socialista, polo que é considerado coma unha organización "terrorista" tanto por Turquía, coma por Estados Unidos e a Unión Europea."
O PKK non está considerado terrorista polos EUA nin pola UE por pretender a independencia do Curdistán turco; por esa regra de tres, a miña prezada ERC xa estaría no listado de organizacións terroristas, xunto con Hezbolá ou ETA. Se o PKK está considerada unha organización terrorista é porque é unha organización que recurre ao terrorismo para acadar obxetivos políticos, e non porque entre eses obxetivos estea a independencia.
É unha sutil diferencia. Pretender meter no mesmo saco os obxetivos (cos que simpatizo) cos medio (que detesto) é un fraude intelectual que non se pode consentir.
Mentres tanto, a guerra xa deu comenzo no Curdistán iraquí.
Nenhum comentário:
Postar um comentário