1 de abr. de 2009

Declaracións de Netaniahu

Nunha entrevista en The Atlantic, o dende o martes novo Primeiro Ministro de Israel, Beniamin Netaniahu, declarou ó xornalista Jeffrey Goldberg que está decidido a impedir que Irán acade armamento nuclear. Cita Goldberg: "O presidente americano, dixo, debe deter a adquisición por parte de Irán de armamento nuclear (e rápidamente), ou un Israel en perigo pode que se vexa obrigado a atacar as instalacións nucleares iranís por si mesmo".


Sobre o novo presidente dos EUA: "O presidente Obama ten dúas grandes misións: arranxar a economía, e evitar que Irán acade armamento nuclear". Sobre este último punto sinalou: "A adquisición por Irán de armamento nuclear podería desencadear unha carreira armamentística no Oriente Próximo. O Oriente Próximo xa é incendiario dabondo, pero con armas nucleares tornaríase nun polvorín".

Sobre a cuestión territorial, recóllense as palabras do comandante en xefe Moshe Ya´alon:
"O erro da desconexión de Gaza foi que eles pensaron coma occidentais, que o compromiso difuminaría o problema, pero iso xusto avivou o problema. Os xihadistas viron a retirada coma unha derrota de Occidente... Agora, que lle estarás a decir se estás listo para dividir Xerusalén, ou se estás listo para retroceder ás liñas de 1967? Nesta clase de conflictos, a túa habilidade de defender e ser determinante é máis importante que a túa capacidade armada".

Nenhum comentário: