21 de abr de 2009

Hesbulá en Exipto (4)

Dúas novas sobre a célula de Hesbulá desmantelada en Exipto:

  • Nunha subida de tono fora do habitual, Exipto protestou a Irán polo seu apoio a Hesbulá. Logo da que fontes gubernamentais da República Islámica acusaran a Exipto de inventalo todo para alterar as vindeiras elecións libanesas, o goberno do Cairo contraatacou hoxe cunhas declaracións infrecuentes de puro francas (Jerusalem Post).

  • Os detidos afirmaron que eles pensaban que estaban traballando dacordo co Fatá, a través das brigadas de Al-Aqsa. Tanto se o din para incriminalos coma se é certo, a organización reaccionou airadamente a estas incendiaras declaracións por boca de Barakat al-Farra, delegado do Fatá en Exipto. Éste lembroulle á Hesbulá "favores pendentes" e aconselloulle que non se entrometera "nos asuntos palestinos", aludindo tamén ó contrabando de armas a Hamás en Gaza (Ashark al-Awsat).

Nenhum comentário: