9 de fev de 2009

Radio Sefarad

Radio Sefarad, a emisora das Federación de Comunidades Xudías de España, cumpre os seus cinco primeiros anos. Grazas á súa calidade e ao enorme traballo que hai detrás, converteuse neste tempo nun referente global no ámbito hispanofalante, tanto para as comunidades xudías, coma para calquera persoa interesada en xudaísmo, historia do pobo xudeu, e Israel.


Asi mesmo, temas coma o antisemitismo ou o conflicto árabe-israelí, que son tratados a miúdo dun xeito máis ben pedestre pola maioría da prensa neste Estado (sendo xustos, moitas veces por descoñecemento e non por mala fe), son analisados coa complexidade que requiren, e os seus contidos amosan un cotrapunto moi necesario para comprender unha realidade que non pode resumirse a eslogans. O seu arquivo é un pequeno tesouro que temos a fortuna de disfrutar libremente, e a súa lista de entrevistados non ten nada que envexarlle aos xigantes mediáticos de ámbito estatal, con moito máis presuposto pero non mellores resultados. Coma novidade, últimamente é posible suscribirse ás súas emisións coma podcast, alomenos, que eu saiba, a través do iTunes.

Dende aquí deséxolle un feliz aniversario, e así veñan moitos máis!

Nenhum comentário: