A maioría das palabras teñen relación directa coa temática habitual do blogue. O meu alcume, unha amplísima varidedade de libros relacionados coa cultura e historia xudia, especialmente a Historia da Shoah, de Georges Bensoussan, e información sobre autores coma Amos Oz, Claude Lanzmann ou Abraham Yehoshúa ocupan os primeiros postos. Chamoume moitísimo a atención a cantidade de xente que recalou aquí mentres andaba na procura de datos sobre o escritor Thomas Mann. Sorprendente, sobre todo, porque creo lembrar que nunca falei del no blogue. Dous feitos recentes merecen consideración pola cantidade significativa de visitantes que trouxeron; o novo disco de Noa, así coma o seu concerto acústico de Compostela (ou cómo baixarse o disco de internet, tamén), e sobre todo a apertura do restaurante kóxer Sefardí 515, cunha cantidade exaxerada de búsquedas. Se algún dos involucrados no proxecto le isto, e cónstame que algún hai, norabóa pola bóa acollida que están a ter.
Pero o que me chamou a atención foron as cousas rarísimas que levaron a algunha xente a recalar aquí. Pero raras, raras. A continuación, unha escolma das máis inclasificables:
- comeclavos.
- cuales son las costas de Europa.
- cuando comenzó el debate (así tal cal, que dan ganas de preguntar: "Pero cal?")
- esmeralda de satanás clavícula de salomón.
- Le Mossad (ui, que logo todo se sabe).
- la UPG en Cuba (ein?).
- mulleres desnudas (xa as porei algún día...).
- noticia dalgún caso no que interviu a onu (iso tamén quixera sabelo eu).
- o qué é a ansiedade (ai...).
- vídeo del jardín del edén.
- historias eróticas de funcionarios.
É bóa verdade que hai perversións para todos os gustos. Por haber, ata hai quén le este blogue.
Shhhhhh... Os teus lectores somos as peores alimañas que existen baixo do sol... Pero estou pensando en eso da erótica dos funcionarios pra facer una entradiña e gañar visitas, que sempre anima. Biquiños
ResponderExcluir:D O dos funcionarios matoume... Mira que hai perversións raras, pero esta nunca se me tería pasado pola cabeza. Supoño que é o que ten vivir no País dos Opositores (léase Galiza).
ResponderExcluir