23 de fev de 2008

Historia da Shoah, de Georges Bensoussan


"Se comprender é imposible, coñecer é necesario. Foto: .Fra."

Levaba xa algún tempo pospoñendo a leitura da Historia da Shoah de Georges Bensoussan, e ao fin esta semana me puxen con este breve libro que me deixou varias impresións que agora quero comentar.

A primeira, que por fin lera o libro definitivo de divulgación da Shoah. Por mor da súa brevidade, do seu carácter analitico e da súa claridade expositiva, o pequeno, máis denso, libro de Bensoussan é o máis acaído que coñezo para que unha persoa que, ou ben descoñeza, ou ben teña un coñecemento moi laxo da Shoah, queira facerse unha idea xeral dese capítulo da Historia de Europa. Hai libros útiles e outros imprescindibles e, anque que aínda o rematei de ler onte á noite, a impresión que teño é que se trata do libro que todas as persoas deberían ler algunha vez na vida. Se non outro máis completo, si cando menos este.

Coma unha árbore sen follas, o libro amósanos as liñas básicas da Shoah dun xeito tan esquemático coma orientativo. Maila baixar en ocasións á dramas concretos, ao longo de toda a narración evítanse aqueles episodios puntuáis que distraian do obxetivo básico do libro; ofrecer, a vista de páxaro, un relato imparcial dende a ascensión de Adolf Hitler ao poder, e aínda o clima antisemita previo que propiciou ese triunfo, ata a liberación dos últimos campos, así coma a reación da comunidade internacional e a sorte que mereceron os autores materiáis e intelectuáis da matanza.

Ao longo do relato, Bensoussan elude as situaciónas máis susceptibles de provocar reacións emotivas, cando non son imprescindibles para entender o conxunto. Máis ben, a tónica predominante é a obxetividade dun médico que ilustra sobre as características dunha ferida. Por momentos, esa mirada cartesiana cede paso a unha maior implicación sentimental, sobre todo cara o final; na valoración sobre a pasividade case unánime do resto do mundo e o benévolo castigo que recibiron a práctica totalidade dos xerarcas nazis, é dificil non notar o sentimento de inxustiza que o autor transmite nas súa palabras.

Hai algo no que incide varias veces ao longo do libro; a suposta pasividade da poboación xudía ante a súa situación. Bensoussan expón que, primeiro, a pasividade non foi tal nin sequera naquelas condicións nas que a loita era só unha maneira de precipitar a súa morte. En segundo lugar, tamén incide no choque paralizador que para un cidadán perfectamente integrado supón verse atacado polo Estado que ata entón o protexera. Outro aspecto capital é a celeridade coa que se levou a cabo o proceso, especialmente entre os once meses que van de marzo do 42 a febreiro do 43. En último lugar, a propia natureza dos feitos resultaba tan inconcebible que a escasísima información que chegaba dos campos era tomada, por unha poboación dispersa e incomunicada, coma unha fantasía difícilmente creíble. Apunta Bensoussan:

O inmediato da execución, o relativo segredo que a rodea, e en fin, o carácter impensable dos feitos paralizaron a capacidade de pensar e reaccionar.


Grazas á Asociación de Traductores en Lingua Galega, a día de hoxe dispomos dunha versión na nosa lingua, verquida do francés por Xoán Garrido Vilariño. Esta edición podese descargar de balde da páxina do proxecto Bivir, a Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego. Ás veces recomendo este ou aquel libro, un reportaxe, algunha película, máis neste caso en especial gustaríame recomendar vivamente que se descargen o arquivo de PDF (1,07 MB), que lean o libro, ou que cando menos o garden no disco duro para futuras consultas. A estructura do mesmo, distribuído en seis capítulos, e cos epígrafes e subepígrafes imprescindíbeis, fan da obra de Bensoussan o mapa idóneo para moverse polo espazo físico e temporal da traxedia.


[Máis: libro en pdf, para descargar gratis; crítica do libro en Comunidad Escolar, periódico dixital de información educativa; interesante artigo de Ana Nuño sobre a diferencia de tratamento entre Bensoussan e outros historiadores da Shoah; Memorial da Shoah, museo e centro de documentación xudía contemporánea en Francia, do cal o autor é reponsable editorial.]

6 comentários:

Félix Soria disse...

Grazas pola recomendación, non coñecía o libro. Unha aperta.

Julicheiro disse...

Bensoussan fixo un traballo fantástico, creo que lle ha de gustar. Saúdos.

Anônimo disse...

Entre 40.000 e 50.000 palestinos, segundo distintos medios locais, protestan este luns en Gaza para trataren de espertar a conciencia da comunidade internacional fronte ao sufrimento da poboación.

Convocados por Hamas polo Comité contra o embargo israelí a Gaza, o seu obxectivo é crear unha cadea humana dende a localidade de Rafah, no sur da franxa, até o poboado de Bet Hanún, no norte.

O vice-responsábel de Defensa israelí afirmou que o Exército empregará a forza no caso de que se produza unha avalancha de civís sobre o territorio de Israel, informa o diario Haaretz.

Gaza permanece completamente asediada dende xuño de 2007, cando os islamitas de Hamas se alzaron contra a autoridade do presidente da Autoridade Nacional Palestina, Abu Mazen.

Israel só permite esporadicamente a saída de enfermos, e o abastecemento de produtos básicos para o 1,5 millóns de habitantes é deficitario. O goberno argumenta que o embargo é produto dos ataques con foguetes contra localidades ao sur da franxa palestina.

Anônimo disse...

1-3-08.A situación en Gaza volve ser dramática. Os ataques do exército israelí deixaron alomenos 45 mortos no que vai de xornada, entre eles numerosos civís. A ofensiva israelí foi especialmente virulenta a primeiras horas da mañá cando entraron unidades militares na franxa apoiadas por helicópteros.
As autoridades israelís xustifican a masacre asegurando que se intenta combater as "infraestruturas terroristas" e evitar novos ataques contra as poboacións do sur de Israel, que este mércores causaron un morto. Médicos palestinos denunciaron que os soldados non permitiron a recollida dalgúns corpos que xacían na vía pública.

.Fra. disse...

Thank you so much to have posted one of my photos!
This photo is so meaningful and it is a honor to be quoted!

Julicheiro disse...

It´s nothing, your photo are pretty, still showing a terrible reality. Greetings, Fra.