27 de fev de 2008

Novo restaurane kóxer na Coruña

Para residentes na zona da Coruña, e para afeccionados á gastronomía en xeral, pode ser de interese saber que o vindeiro xoves seis de marzo, a Comunidade xudía reformista Ner Tamid vai a inauguración na cidade o restaurante Sefardí 515, o primeiro desta índole que se abre en Galiza.

O restaurante estará ubicado no número trinta e oito da Rúa Alfredo Vicenti (ver mapa), e disporá dunha tenda de productos kóxer, tanto para aqueles que queiran seguir os preceptos relixiosos xudeus coma a aos que simplemente nos gusta probar novos sabores. Bó proveito!

Na imaxe, xantar kóxer dunha familia xerosilimitana. Foto: naamul.

[Máis: Código Postal 150004; correo electrónico: info@restaurantesefardi@.com; teléfono: 981263442]

14 comentários:

Anônimo disse...

"Novo holocausto en Gaza".

A situación en Gaza volve ser dramática. Os ataques do exército israelí deixaron alomenos 45 mortos no que vai de xornada, entre eles numerosos civís. O propio presidente da Autoridade Palestina, Mahmoud Abbas, sinalou que o que estaba acontecendo en Gaza está a ser "máis grave ca un holocausto".

Xoán Salgado disse...

Que demagoxia. Pero que estado soportaría o constante ataque contra civis sen reaccionar?

No momento en que Hamas deixe de disparar Kassam, morteiros, Grud, Katyushas... contra Israel, haberá tranqulidade na zona.

Realmente é vergonzosa a demagoxia que algúns empregan para defender a "causa palestina".

Anônimo disse...

Ah! tranquilidade......, xa me quedo máis tranquilo, moitas grazas.

San Andrés disse...

Dos 65 falecidos onte, 20 eran nenos e mulleres.
Ao Abbas, interesalle unha escalada na violencia, achéganse as eleccions e necesita lavar a súa imaxe de corrupto.
Claro levan 60 anos tirando cohetes.
Estamos a espera de que o parlamento galego vote unha resolución amosando o seu rechazo ao este holocausto.
Ah! eu tamén me quedo máis tranquilo.

cossimo disse...

O Exército israelí, tal como é descrito polos medios de comunicación social israelíes, ten outra estraña habilidade: nunca decide atacar, nunca lanza unha operación. O Exército israelí simplemente responde. Responde aos cohetes Qassam, responde a ataques terroristas, responde á violencia palestiniana. Isto converte todo nunha cousa moito máis sensible e civilizada: o Exército israelí vese forzado a loitar, a destruir casas, a disparar aos palestinianos, a asesinar a 4485 deles en sete anos; pero ningún destes feitos é responsabilidade dos soldados. Eles enfróntanse a un inimigo odioso, e responden segundo o seu deber. O feito de que as súas accións -toques de queda, arrestos, estados de sitio, disparos e asasinatos- son a razón fundamental da reacción palestiniana parece non interesar á comunicación social israelí. Como os palestinianos non poden responder, os xornalistas israelíes escollen outros verbos como vengar, provocar, atacar, incitar, lanzar pedras ou disparar Qassams.

Anônimo disse...

Xoán salgado: "No momento en que Hamas deixe de disparar Kassam, morteiros, Grud, Katyushas... contra Israel, haberá tranqulidade na zona".
Isto podíase chamar a expresión-definición minimalista dun conflito.

Anônimo disse...

Prezado Xoán Salgado non fai falla botar man da demagoxía para defender a "causa palestina", por certo lexítima.
Como dí a canción "Nos sobran los motivos"

Colectivo Galiza-Israel disse...

Pois si Cossimo. Pois si.

cossimo disse...

cossimo non, yonatan mendel, xornalista israelí.

Marta Salazar disse...

qué rico!

Anônimo disse...

"Que rico"


Isso resume-o tudo.

Félix Soria disse...

Por qué hai tantos textos asinados por "anónimo"?

Julicheiro disse...

Eu teño a impresión de que sempre é o mesmo, ou polo menos hai un asíduo, a xulgar polos seus erros ortográficos. Entendo que haxa quen non queira firmar co seu nome real (eu mesmo), pero canda menos podían facelo cun alcume. Pero nada, vese que non hai valor nin para iso. É o que hai.

Anônimo disse...

Nemigo,
vaites a fin xustifica os medios
Xa ten o arbusto como xustificar guantanamo. E claro, os nazis o holocausto xudeo e seguindo por ahi a biblia, toda a historia da humanidate. Ata atapuerca nos podemos remontar.
Ollo por ollo e o mundo quedara cego. Como dicia gandhi
Un restaurante sefardi? Para cando un restaurante xitano?