2 de mar de 2008

En Gaza


Terroristas de Hamás. Visto aquí

Hai post máis difíciles que outros, e creo que este vai a ser dos que máis.


Antes de seguir a cadea que me encomenda Marta (grazas!), paréceme urxente os enfrontamentos entre as FDI e as milicias paramilitares de Hamás na Franxa de Gaza, que nas últimas setenta e dúas horas, e no momento no que escribo, deixou un total de oitenta e oito vítimas mortáis.


Era inevitable, era só cuestión de tempo. Unha breve cronoloxía, para ubicarnos. En agosto do 2005, o entón Primero Ministro Ariel Sharón levou a cabo o máis ambicioso paso cara a paz que ningún Goberno israelí dera. A desocupación de Gaza foi un paso decisivo que marcou un antes e un despóis na relación entre o Goberno de Israel e a ANP. Ao recoñecer fácticamente á máxima autoridade palestina coma o órgano de autogoberno palestino e ao encomendarlle a xestión da Franxa baixo a fórmula dun proto-Estado, por unha banda estábase a ensaiar o modelo de desocupación que habería de levarse a cabo en Cisxordania, e que permitiría a Israel desembarazarse de Palestina e, pola outra, dotouse ao pobo palestino da maior esfera de decisión que tiveran dende que a Ocupación do 67 os obrigara a ser nación.


Todos os ollos estiveron dende entón postos na Franxa, por iso o dagora non pilla a ninguén de imprevisto. A estas alturas pódese afirmar que a experiencia de autogoberno palestino en Gaza resultou un completo fracaso. Postos a buscar un punto de inflexión, é forzoso ir ás elecións gañadas por Hamás. Fixo o Goberno de Olmert canto estaba na súa man para que o goberno de unidade fora tirando? Puido e Executivo israelí por máis da súa parte para evitar que a amalgama saltara polos aires? É imposible que esa pregunta non estea na cabeza de todos agora en Israel. Que se intentou está claro, e que se buscou por todas as vías reforzar a validez dun Fatha que languidece sen deixar herdeiros, incluso con medidas entre inxénuas e contraproducentes, aínda está máis claro. E o peor non é que Olmert non teña futuro, tras unha serie de calamitosas escollas erradas e unha xestión interna marcada polas acusacións de corrupción, senón que o feito de que o actual Primer Ministro estea cuestionado non significa que haxa no horizonte político israelí unha figura que concilie as esperanzas dunha nación cansada. No seu partido, Tzipi Livni agarda. Enfronte, Bibi exixe firmeza. E a sociedade debátese entre seguir cara o descoñecido ou botar man da política de man dura de Netanyahu. E todo alí son conscientes de que iso é pan para hoxe e fame para mañá. A única solución ao conflicto árabe-isralí virá dunha negociación, e nese sentido, os falcóns son balóns de oxíxeno antes de atreverse á seguinte aventura. Non salvan, só reconfortan.


Polo que toca ao bando palestino, a situación é desoladora. Por un lado está o exiliado Fatah, sen xa case credibilidade, cun Abbas que foi incapaz de por coto á rapiña xeralizada e de coordinar á organización que nominalmente preside e, pola outra, a un movemento islámico coherente na súa senrazón (no sentido máis literal da palabra). Neste contexto, a sociedade de Gaza tamén tiña, por forza, que atoparse des-esperanzada. Tempo haberá para buscar responsabeis, nunha beira e a outra da fronteira.


Van xa oitenta e seis mortos, e subindo, no bando palestino, entre eles varios nenos abatidos por misís das FDI. Hai que ser un monstro para non sentir mágoa por eses rapaces inocentes, máis se empregas sistemáticamente a meniños coma escudos humanos é forzoso que alguns acaben morrendo. Ninguén en Israel quere que a os nenos palestinos lles pase nada, e faise todo o posible para evitar que resulten danados, máis se quenes deberían velar pola súa seguridade lles dan instruccións para rodear as plataformas de lanzamento de misís, acompañar na mesma habitación aos líderes de Hamás que teñen unha mirilla debuxada na caluga, ou os animan a correr no medio dun tiroteo para dar tempo aos paramilitares a repoñer munición, é inevitable que algúns sexan accidentalmente abatidos. Mentres o terrorismo palestino recurra miserablemente aos nenos coma escudos humanos, estos dolorosos feitos reproduciranse cada vez que se desencadene a violencia. É todo menos imprevisible.


Tristemente, a esquerda de salón europea entrevé dos actos de Hamás un quimérico proxecto de liberación nacional, onde só hai terror por terror. Incluso se fala da operación militar coma un castigo polos civís abatidos por qaasam e non coma un remedio para evitar que outros sigan a mesma sorte. Mistúrase sen pudor o islam coa liberación nacional, cando a propia idea de Estado-nación, coa súa concepción moderna do individuo coma cidadán, é por forza antitética á do fiel musulmán que o integrismo islámico suxire primeiro, e logo impón. Non son dos nosos. Son só unha panda de tarados armados con rifles de asalto que se aproveitan do caos para espallar entre a poboación as súa solucións salvíficas.


O que está pasando é moi sinxelo, e por iso ten unha solución complexísima. Hamás está facendo o que ten que facer; levar a cabo os principios que plasmou na súa carta fundacional. Os ataques-provocación, principalmente sobre Sderot e os quibutz próximos á fronteiras, e agora tamén sobre Ashkelon, buscaban e buscan atraer ás tropas do Tsahal cara un territorio moi urbanizado que os terroristas islámicos coñecen palmo a palmo.


Deixando ao marxe a desafortunadísima bravuconada do Vice Ministro de Defensa, Matan Vilnai, esta nova incrusión, a máis sanguenta dende había seis anos, vai a ter consecuencias que agora só se poden aventurar. O rumor crecente dunha operación militar a gran escala en toda a Franxa ten un poderoso motivo para quedar só niso, nun ruxe-ruxe, e é que ninguén ignora que unha incrusión desa índole por forza ten que vir acompañada dunha reocupación, sequera parcial, de Gaza. Polo pronto, o Vice Primeiro Ministro Haim Ramón dou mostras de sensatez ao sinalar que unha operación desa índole perxudicaría a Israel máis do que o axudaría, e anque ese sería o escenario idóneo para Hamás, onde podería loitar barrio a barrio, a poboación palestina veríase de novo envolta nun fogo cruzado que só pode acabar en desastre. Adverdtíao provervialmente Amos Oz: non se debe caer na trampa de entrar en Gaza.


Coa incorporación dos novos misiles que sustitúen aos cohetes qaasam, a día de hoxe a organización terrorista Hamás ten a 200.000 habitantes de Israel dentro do seu ámbito de alcance. Cando hai unhas semanas tiraron abaixo o valado que separaba Gaza de Exipto, os xornalistas entretuvéronse fotografiando á poboación que corría a reunirse cos seus parentes do outro lado, así coma a quenes mercaban o que crían que podería chegar a escasear nesa crise humanitaria versión Al Jazeera. Mentres tanto, Hamás introduciu o novo armamento que xa leva días usando, e que espera poder seguir empregando se finalmente o exército israelí entra a gran escala en Gaza. Mentres, hai uns días, asistíamos á iniciativa buenrrollista para consumo televisivo, os milicianos (que diría El País), ultimaban as novas plataformas de lanzamento de misís. Cando o montaxe estivo finalizado, deron o seguinte paso.


Nun só día caeron en chan isralí cincuenta cohetes, matando a un home e ferindo a cinco máis. Que o Goberno de Israel respondese coa ofensiva previsible non é ningunha traxedia para Hamás, senón para Palestina e o propio Israel. Primeiro expulsou a Fatha, logo reforzou o seu control total da Franxa, despois preparou ás súas tropas e agora, vía Exipto, xa conta co armamento necesario para levar a cabo o seu proxecto fundacional.


Era só cuestión de tempo, e por iso agardo a que a situación non se xestione con raciocinio; fará falla moita sangue fría para non caer na estratexia da araña. Agora toca actuar coa maior cautela posible, extremando ata o infinito a protección dos civís palestinos, e prepararse para un conflicto longo e penoso, con pequenos logros puntuáis, antes que deixarse levar pola tentación da solución contundente dunha invasión que, por forza, terá que dexenerar nun inferno.

17 comentários:

Anônimo disse...

Hamas busca que Israel ataque. Impórtanlle un pimento os palestinos. Para eles o único importante é o Corán e borrar a Israel do mapa.

Colectivo Galiza-Israel disse...

Un detalle a non perder de vista. Hamas como Hezbollah obedece ordes de Teherán. Se Hamas ataca é porque recibe ordes. Cando Hezbollah tomará o relevo? Cuestión de tempo.

Anônimo disse...

Matar é matar, escudarse en que Hamas utiliza nenos como escudos é demagoxico, escudarse en que Hamas vai máis aló que expulsar ao exercito de ocupación é demagoxico. O sionismo dispara con Hamas ou sen Hamas

Tres cuartas partes da poboación de Gaza son refuxiados que foron expulsados como resultado da ocupación de Palestina en 1948 e forman. Por que non deberían resistir?

Se quedan impunes todas estas imaxes de nenos palestinos esnaquizados, todos estes episodios de matanza e destrución indiscriminadas por parte un exército de ocupación contra unha poboación formada predominantemente por civís indefensos, poida que, en efecto, o mundo sexa testemuña dun novo holocausto.

Xoán Salgado disse...

Utilizar nenos coma escudos humanos é demagóxico? Expulsar ao exécito de ocupación? De Gaza? Lembro que desde o ano 2005 non hai ocupación.

Marta Salazar disse...

gracias x el link!

Anônimo disse...

O que non é demagóxico podohe asegurar e dispararlle.
Perdoa, pero si hai ocupación.

Anônimo disse...

É você repugnante.

Anônimo disse...

Nunca lim nada tam repugnante como para aplaudir assassinatos de nenos dumha forma tam descarnada. De verdade nom lhe cae a cara de vergonha ao culpar aos nenos palestinianos das bombas que lhe tiram os teus amigos nazi-sionistas? Paga-che o Mossad ou tes simpatia polas carnicerias? Isto si que é negacionismo.

Israel é um delírio messiánico, uns chalados -armados até os dentes polos EEUU para controlar a zona por interesses estratégicos- que crem que umha chamada divina justifica a ocupaçom de Palestina -"umha terra sem povo (aqui falhava algo) para um povo sem terra-.

Foi o sionismo, e nom a heroica resistência de Hamás, o que colaborou sempre com os nazis, ainda que o ocultedes. Em 1933, a Zionistische Vereinigung für Deutschland [ZVfD] já tinha contacto com os nazis.

Citemos agora a Ben Gurion, para demostrar o que lhe importavam as vidas individuais aos líderes sionistas (assi vam as cousas hoje):

'De saber que fosse possível salvar todos os nenos na Alemanha levando-os a Inglaterra, e só à metade polo transporte a Eretz Israel, optaria pola segunda alternativa. Porque devemos sopessar nom só a vida desses nenos, senom a história do Povo de Israel."

Em Gaza ainda há ocupaçom, só houve desconexom. Hamás tem todo o direito a defender-se até que expulse o último ocupante. Algum dia, o estado racista de Israel será tam só umha mancha na conciência universal, como o apartheid sudafricano.

Viva a resistência palestiniana, a ver se efectivamente destrue esse monstro militar e genocida.

Julicheiro disse...

Saludos, Marta. Ya tengo ganas de ponerme con la "tarea" :) , en cuanto tenga pase un poco toda esta tensión. Saludos.

Carlos disse...

"Israel é un delirio messianico". Dis caro anónimo. Curioso. O mesmo que dicía o Aznar da Catalunya de Carod-Rovira.

Cesare disse...

Non son precisamente pro-Hamás, pero creo que a xustificación que realizas do asasinato de nenos é bastante decepcionante. Cando menos, decepcionante.

Julicheiro disse...

Créame que sinto moito que pense iso. Non pretendía, nin pretendo, xustificar o asasinato de inocentes, nin eximir ao exército israelí da responsabilidade dos seus actos. O que quería sinalar, e á vista dos comentarios está claro que non conseguín, era que a operación non foi un castigo, unha reprimenda, coma dende algúns medios de comunicación se tratou, senón, na miña opinión, un intento, por torpe e cruel que fora, de salvagardar a integridade dos civís israelíes. Non pretendo parapetrarme tras as "razóns de Estado", que acaban xustificandoo todo, antes ben contextualizar cómo é que podemos chegar a situacións coma esta.

Tamén quería por de relevancia a responsabilidade que os grupos paramilitares de Hamás na amplificación dos danos de palestinos inocentes, aos que se emprega, ao meu xuízo sen ningún escrúpulo, coma escudos humanos. É un tema espiñento, e coido que o doado sería ollar para outro lado, máis pasar por alto a responsabiliade dos loitadores palestinos na desfeita na que mergullan ao seu pobo non é axudar a este, senón deixar que as cousas sigan coma ata o dagora.

Repito que sinto que pense iso.

Julicheiro disse...

Debo engadir, ademáis, que a súa crítica resúltame dolorosa na medida en que me consta que non é vostede alleo á problemática do antisemitismo xeralizado, que valerosamente denunciou nalgunha ocasión noutro foro, e que polo tanto non fai esa obxeción coma un resorte natural de tanta e tanta xente que emprega ao xudeu para contruír a súa identidade por contraste, senón coma unha crítica razoada. Gustaríame que o soubera.

Colectivo Galiza-Israel disse...

Hoxe lia un titular de prensa que falaba de que os habitantes de Gaza viven no cárcere. Certo, mais o nome do carceleiro é Hamas. Oxalá poidesemos facer a proba. Se Hamas recoñece o dereito de Israel a existir e renuncia ao terrorismo, axiña veriamos como Gaza sería outra cousa ben diferente. Pero botarlle a culpa a Israel da tolemia delirante do fundamentalismo islámico é un desproósito (con propósito)

Carlos disse...

En que mundo vivimos? Voume cos meus fillos a facer uns atracos. A policia fire ou mata aos cativos e resulta que EU, non teño responsabilidade nas súas mortes. Alucinante nível de raciocinio.

Anônimo disse...

Xa o dixo o ministro nazi-sionista: provocarám umha shoá em Gaza.


O apartheid caiu, também cairá o racismo e o terrorismo de Israel.

Félix Soria disse...

Por qué tantos anónimos?