11 de fev de 2008

Pola boca morre o peixe (4)

Cando unha persoa detona unha bomba que leva no cinto, no interior dun centro comercial, ao mellor é un terrorista suicida. Ou non. Ao mellor é o que eles queren que creamos.

Ataque "suicida" causa tres mortos nun supermercado en Israel

Unha persoa detonou unha bomba que levaba no cinto, no interior dun centro comercial na cidade de Dimona.


Redacción - 10:15 04/02/2008


Dimona, localidade a cincuenta quilómetros ao sur de Xerusalén, foi o escenario este luns da explosión causada por un ataque suicida levado a cabo por dúas persoas nun centro comercial da cidade. É o primeiro ataque suicida en Israel desde xaneiro de 2007.

A prensa israelí cita fontes policiais que confirman que o ataque foi realizado por dúas persoas, malia que unha delas foi abatida a tiros pola policía antes de poder activar o explosivo que levaba adherido ao corpo.

Poden ampliar en Haaretz.


[Máis: Pola boca morre o peixe (3)]

4 comentários:

Anônimo disse...

Un estudioso judío estadounidense, Norman G. Filkenstein, ha escrito sobre esta vergonzosa explotación de la Shoah un libro titulado significativamente La industria del Holocausto. Precisamente el respeto a las víctimas de aquel exterminio debería proscribir la utilización de su memoria para justificar la actual política israelí de liquidación de los palestinos.

Félix Soria disse...

Ao marxe do comentario anterior (ignoro que ten que ver a tesis de Filkenstein coa bomba), só quixera engadir que as accións dos palestinianos violentos son diarias, non ocasionais, e que a información convencional sobre estes feitos é case que nula.

Julicheiro disse...

Exacto, é que diso se trata. O problema non é que non se informe do que perxudica a Israel, senón que se pasa de puntillas sobre o que pode danar a imaxe icónica dos palestinos, e iso a costa de furtarlle ao público media realidade.

Hai poucos medios e profesionais en todo o Estado que fagan o esforzo de informar con algo de imparcialidade. Quizáis o que máis se achega é o xornalista Henrique Cymerman, corresponsal de La Vanguardia e Antena 3, que sempre procura reflectir nas súas crónicas todos os puntos de vista.

Anônimo disse...

Ah! claro agora a culpa teñena os mensaxeiros.
Como non opinan como a mín,non son profesionais.
Agora xa o teño claro.