25 de set. de 2008

Un home concienciado

A gran preocupación que os islamistas senten cara os Dereitos Humanos non é algo que nos pille de sorpresa. E coma ben adoita a lembrarnos moita xente que se autodenomina de esquerdas, o verdeira ameaza que estes sofren no Oriente Próximo non ven da man de Hamás, Hizbolá, o réxime iraní ou os Irmáns Musulmáns, senón de Israel.


Sabendo que Sir Paul McCartney tiña pensado actuar no Pequeno Satán (xa chegou, aquí está o vídeo), o influínte clérigo Omar Bakri fíxolle saber o seu descontento.
"Os amigos dos nosos enemigos son os nosos enemigos. Por tanto, Paul McCartney é agora o enemigo de todo musulmán do mundo. A súa decisión convírteo en enemigo del Islam. Se valora a súa vida, aconsellámoslle que non viaxe e actúe alí. Non estará seguro e as operacións de sacrificio (accións suicidas) estaráno agardando" (...)
Porqué Bakri reacciona así ante o concerto? Porque é retrógrado, violento e fanático? Porque defenda unha versión fascista do Islam que leva na súa natureza erradicar calquera atisbo de disidencia? Porqué é máis dos Rolling? Non, non e non. Se pensan así, están vostedes moi equivocados. De feito, Bakri enfádase porque está preocupado polos Dereitos Humanos. Porque Paul McCartney, coma el apunta, "debería avergoñarse de actuar nun Estado-Apartheid coma Israel". 

3 comentários:

Im-Pulso disse...

Ignoracia + fanatismo + incapacidade para racionalizar + intereses político-económicos (que hai moitos) + corrupción xeralizada + violencia indiscriminada + victimismo = Bakri.
Chega un punto --como ñe o caso dun músico que vai facer música a un país, o que sexa-- no que esa suma de taras amósase de xeito perfecto... e patético.

J. disse...

De todos os elementos que sinala (e cos que claro que concordo) gustaríame sinalar os intereses económicos, que sempre parecen quedar nun segundo plano, e sen embargo axudan moito a explicar os movemetos de piadosos homes de fe coma Bakri.

Im-Pulso disse...

Todos, agás os que prefiren pechar os ollos, coñecemos quen foi Arafat e a fortuna que fixo.