"Esto lo arreglaba yo en dos minutos!"
"-De los conflictos que conoces, ¿cuál sería el más fácil de resolver y por qué crees que no se resuelve?
-El de Palestina. Bastaría con que se retirasen los colonos israelíes de Cisjordania, respondiendo a la resolución 242 del Consejo de Seguridad. Bastaría con que se devolviese Jerusalén Oriental a sus legítimos dueños. Y con que se negociase una opción justa para los refugiados en el extranjero. Nada más. Si no se resuelve es por una serie de intereses económicos que van desde el agua hasta la industria armamentística, pasando por la especulación inmobiliaria, así como la estrategia política de Washington y la presión que ejerce parte de la diáspora. También está el fanatismo religioso y el mesianismo de algunos grupos radicales israelíes y de los colonos."
8 comentários:
Ignoro a intención do "post". O traballo de Zin ten moitos aspectos positivos e as súas opinións merecen respeto --como case que todas--; pero as medidas que enuncia, aínda que acerta nalgúns aspectos, non son a solución, só unha parte dela.
En realidade, a intentención era por de manifesto o que vostede apunta. Concordo con Hernán Zin no relativo a Xerusalén occidental e ao fanatismo dalgúns grupos radicáis en Israel, sobre todo nas colonias, por poñer dous casos. Co que non podo estar máis en desacordo é que se despache con que o conflicto solucionarase só a base de concesións israelíes, ou que afirme que se o conflicto non se resolve é debido a intereses económicos.
Non pretendo faltarlle ao respeto ao reporteiro, pero coido que a alusión á especulación inmobiliaria nunha resposta que nin menciona ao islamismo é, coma pouco, desafortunada. Entendo que un corresponsal de guerra, e máis se é un referente para tanta xente coma é o caso de Zin, non pode omitir media realidade á hora de informar. O xornalismo perfectamente obxetivo non existe, pero alomenos debería intentar reflectir as dúas partes, ao marxe da opinión que el teña dos feitos.
Saúdos.
Grazas pola precisión. Coido que Zin podería ser mellor "espello" do que ten demostrado.
Canta verdade nese post. Sr. Julicheiro "concesions"?
Concesions é estar nun territorio palestino e querer constituir un estado ilixitimo.
¡Concesions! increible.
Non hai de qué, era o mínimo. O certo é que sinto un gran respeto polos reporteiros de guerra, e paréceme claro que teñen un papel fundamental nesta sociedade da información.
Ao anónimo anterior; son concesión, si, porque a comunidade xudía de Palestina tamén ten dereito a un Estado de seu, non só a árabe. O Estado de Israel ten de puro ou de impuro o que calquera outro do mundo. Defender os lexítimos dereitos dos palestinos non pode utilizarse para lle negar a lexitimidade a Israel.
As dúas comunidades queren o mesmo terreo, as dúas teñen vinculación co mesmo, e non lles queda outra que compartilo. Non mo tome a mal, pero a fase de "o teu Estado non debería existir" xa debería estar superado, tanto por unha banda coma pola outra.
Cando falas de compartilo, incules os refuxiados?
Es sionista, julicheiro? Defendes que ten mais dereito a vivir en Palestinha un xudeu arxentino que un palestino expulsado da súa casa?
Se fora xudeu, sería sionista. Coma non o son, só podo simpatizar. Defendo que un xudeu arxentino viva en Israel do mesmo modo que un palestino viva en Palestina. Cando creen o seu Estado, que acollan a quén lles pete.
O tema dos refuxiados daría para moito máis ca un comentario, pero a grandes rasgos abonda con decir que defendo que volten ao eventual Estado palestino, non a Israel. Se tanto lle interesan os refuxiados, recoméndolle que lle vote un ollo a o éxodo olvidado ( http://antesdelfin.com/foro/showthread.php?t=19906 ). Se cadra, os países árabes colindantes deberían aprender algo de integración do odiado satán sionista.
Postar um comentário