8 de mai de 2008

Nin mais nin menos (3)

"Ser pro-israelí, pro-tibetano, pro chií, pro suní, pro kurdo ou pro-Saddam, non afecta ás esencias do BNG nin de ningún partido, e sí á liberdade de expresión e de conciencia de quenes desde ese partido teñen visións “discoincidentes” nestas materias de índole máis ben subalterno. Direi máis, se un asunto de política internacional coma o que nos ocupa fora motivo real de expulsión, coma a que se acaba de consumar miserable e autoritariamente contra Pedro Valadés, qué non terán que perpetrar no sucesivo os gardiáns das esencias estalinistas do Bloque contra os seus militantes da CIG que falan español, van a misa e incluso comen tortilla de ovos batidos con patacas! E como resolverán, senón con purgas, a desviación que sen dúbida encabezan todos os socialdemócratas que infestan o partido (ou frente de partidos)? E qué círculo concéntrico do infierno talibán lles reservarán aos meros autonomistas que se atrevan a opinar contra o independentismo ou a conquista do Bierzo? (...)

Onde estaban estos anti-imperialistas de pacotilla mentres a URSS de Stalin ou a China de Mao masacraba a millóns de rusos, ou chinos, ou tibetanos? Direillo eu: Estaban onde estiveron sempre, no epicentro da “lei do embudo”. Polo demáis, nunca dixeron nada favorable a esas vítimas nin condeatorio desos verdugos. Pero, isto que non falle: chegaron a xustificar, por exemplo, a invasión de Checoeslovaquia e a colocar a Irán coma modelo e paradigma a seguir."

Norabóa Miguel, por este artigo extraordinario!

4 comentários:

Anônimo disse...

¡Perrea! ¡Perrea!
¡Perrea! ¡Perrea!

El chikichiki mola mogollón

Lo bailan en la China y tambien en Alcorcón

Dale chikichiki a esa morenita

Que el chikichiki la pone muy tontita

Lo baila Jose Luis, lo baila bien suave,

Lo baila Mariano, mi amor ya tu sabes.

Lo bailan los brother, lo baila mi hermano

Lo baila mi mulata con las bragas en la mano

carlos disse...

o anónimo da o único argumento que o bng pode dar sobre a expulsión do sionista.

Julicheiro disse...

Hai uns días avisaba que, anque nunca borrar ningún comentario, non dubidaría en facelo se algúen volvía a verquer insultos ou ameazas.

Por primeira vez en máis de ano e medio que levo co blogue, e anque agardaba non chegar nunca a ter que facelo, veño de borrar un comentario no que se contiña un insulto cara o Portavoz Nacional do BNG. O resto do comentario era unha provocación máis ben burda cara membros da AGAI, pero por iso só non o tería retirado.

É unha medida desagradable, pero non vou a consentir que dende aquí se permita o insulto cara ningúen, e moito menos un anónimo.

Julicheiro disse...

Ante a teima dun anónimo en insutlar, veño de habilitar a función pola cal só se permiten comentarios de usuarios identificados.

Coido que, ata o dagora, tiven paciencia con todo o mundo, e que non é unha medida exaxerada posto que creo que son eu, coma mantedor, o qué responde do que neste blogue apareza escrito, anque non o publique eu.

Sinto as molestias que isto poida causar aos usuarios habituáis, que habitualmente concordan, replican e discuten sen necesidade de recurrir ao insulto.