29 de dez. de 2008

Agora chorades?

De todas as crónicas, post e comentarios que lín no día de hoxe sobre a ofensiva militar israelí na Faixa de Gaza (logo dun fin de semana fora, sen internet, e un día imposible), de todas as persoas que falan de “xenocidio”, “holocausto” ou “matanza” ao ver o sempre lamentable regueiro de mortos, pregúntome cantos deles crerán realmente que o que están a decir é certo, e cantos, sabendo que nada do que está a pasar agora en Gaza encaixa nesas verbas, repite ese discurso para obter o caché humanitario do que fala Hermann Tertsch.

Pregúntome cómo pode ser que a esquerda e non tan esquerda de salón abarate a palabra “xenocidio”, isto é, o intento de rematar con todo un grupo social, pola morte de trescentas persoas dunha poboación de millón e medio, a maioría abrumadora das cales eran brancos militares pola súa pertenza a unha organización terrorista? Paga a pena pararse a retrucar cando o nivel é tan paupérrimo?

Pregúntome, tamén, polos autodenominados solidarios, aqueles que consideran un crime contra a Humanidade bombardear as instalacións militares de Hamás, a súa emisora de televisión, ou os túneis cos que introducían as armas coas que logo mataban israelíes. Sinto curiosidade por saber onde estiveron durante os tres últimos anos os autores de grandes proclamas, aqueles que agora afirman moi solemnes a súa profunda preocupación polas vítimas civís e aos que, é curioso, non lembro terse queixado cando os palestinos mataron e mutilaron intencionalmente a civís xudeus de Israel. Non tres días. Tres anos.

Para saír de dúbidas, recurrín á rede Chuza (levaba tempo sen ir), á procura, de entre as novas enviadas polos usuarios, dalgunha sobre os cidadáns das vilas fronteirizas ós que, ás veces, hai que amputarlles unha perna ou ben dar de baixa no rexistro porque nos quince segundos de aviso dende que sonan as alarmas non tiveron tempo de atopar un refuxio seguro. Coma é bóa verdade que aquí estamos todos moi concienciados cos civís de ambos bandos, a marea de solidaridade que o tag: Sderot me revelou a piques estivo de bloquear o Firefox.

Outra dúbida; gustaríame saber de qué maneira cren os nosos intelectuáis de medio pelo, sempre tan críticos con todos os gobernos, agás co que lles dan subvencións, que debería facer o Goberno de Israel para atallar os lanzamentos de cohetes dende Gaza. Anque non deixa de ser ésta unha pregunta supérflua porque, se fora Galiza a que tivera que lidiar con tan entrañabeis veciños, sen dúbida seríamos moito máis humanitarios. Nós, que somos supermulticulturáis, non pegaríamos tiros, que é unha cousa moi fascista. No seu lugar, respostaríamos á violencia islámica cun concerto de folk, unha actuación de monologuistas, e unha proxección de cine de Quirciguistán. Seguro que ao ver o noso marabilloso corazón, os guerreiros de Corán nunha man e kalashnikov na outra verían a luz, cairíanlle as bágoas, e correrían ao noso encontro para cantar todos xuntos We are the world. Pode ser. Cando cheguemos a esa situación, seguro que en Galiza sobran quénes se presten coma voluntarios, tantos coma agora poñen o berro no ceo por matar a quénes durante tres longos anos sementaron de terror o sur de Israel.

Máis alto aínda que a dor das inevitables vítimas inocentes, que as bombas que a estas horas seguen a caer na Faixa, ou que o rebumbio mediático, se hai algo que se escoita alto e forte en Galiza son as queixas de quenes sempre choran cun só ollo.

Este conflicto, sabémolo, non é de bós e malos. Máis os que o seguimos coma espectadores (é o que somos, e máis nada), non deberíamos dar por válidas as opinións daqueles que só se lembran de Oriente Próximo cando poden dar renda solta ás súas fobias particulares.

[Máis: comunicado da Embaixada de Israel, en El Cuarto Reich; Porqué se ataca a Gaza?, na páxina da AGAI; Los baños de sangre públicos y privados, en Judíos en el norte de Sefarad; O mundo inteiro condeia a autodefensa judea, en Últimos días de Bar Kockba; e a ofensiva en Oriente Miedo (12 e 3) e Herutx (1, 2, 3, 4, e 5).]

11 comentários:

Anônimo disse...

Non hai excusas,é un xenocidio.
Ao mellor o equivocado eres ti, ao mellor o que chora cun só ollo eres tí.
Non pode ser que todos

J. disse...

O argumento estatístico é dunha puerilidade demoledora. Que tampouco é que me extrañe, a verdade.

Colectivo GZ-Israel disse...

Por que esa teima en banalizar as grandes palabras? Porque se o de Gaza con 300 mortos -a maioría de uniforme- é un xenocidio, o atentado islamista das Torres Xemelgas con miles de mortos que é?

Im-Pulso disse...

Non coincido con todo a que expón esta entrada, mais coido que é unha visión razoada e respetable.
Á hora de falar o escrever da "guerra guadiana" que libran os israelíes e os partidarios do fundamentalismo islamista (Hamás non é unha formación nacionalista, aínda que moitos estean a instir nese "sono", senón unha banda moi ben organziada de bandoleiros intolerantes e violentos) hai moita "fe", moitos intereses, moitas instrumentalizacións, moito sentimentalismo e moi pouca racionalidade.
Dos que falan de holocausto o xenocidio dun pobo prefiro non opinar, non paga a pena falar do que só pode ver quen reinventa os feitos e pecha os ollos.

Anônimo disse...

Dás nojo. Sabes quantos palestinos morrerom assassinados por Israel durante a suposta "trégua"??

J. disse...

Gz-Israel: a resposta é obvia; en Nova Iorque morreron suxos capitalistas e imperialistas, mentres que en Gaza fixéronno nobres loitadores por un mundo mellor (xunto coas sempre lamentables vítimas civís).

Félix: alégrome de que a entrada lle pareza razoada, porque se ben este tema é sempre dado a visceralidades, cando ademáis nos atopamos cunha situación bélica é doado acabar sendo forofo da postura a) ou da b). Outra cousa; se hai algo no que non esté dacordo, invítolle a que se sinta cómodo de expresalo coa educación e o respeto que lle é habitual. Tanto agora coma, se prefire, máis adiante, cando as cousas estean maís calmadas.

Anónimo: sei quén vulnerou a tregua semana tras semana, para humillación de Exipto, que fora quen mediara durante as negociacións.

Anônimo disse...

Quen ve nos bombardeos unha guerra entre "os israelíes e os partidarios do fundamentalismo islamista" non está moi dos que vían "unha guerra entre o pobo alemán e os parásitos xudeus".

Non sei quen paga estas webs de estrema dereita sionista pero non fan outra cousa que apoloxía do terrorismo.

STOP BOMBARDEOS

Fer disse...

Vós os sionistas sodes os terroristas.

J. disse...

Pardiez, que alarde de hyntelijencia. Unha consigna moi elaborada, abofé.

Fer disse...

Ë umha boa sintese. Para que vou discutir com fanáticos que aplaudem coas orelhas o Progrom dirigido por un estado racial?

J. disse...

Ti sabes o que é pogromo? Sabes o que é xenocidio? E non me tires do argumento de "eu que teño orixe xudía..." porque tamén Chomsky é xudeu e non deixa de adoptar o discurso dominante para gañar aceitación.

Veña, que máis alá das consignas algúns axiña patinades.