7 de ago. de 2007

Biblia Kennicott

Onte chuzeina e hoxe súmome, dende aquí á iniciativa da AGAI. A min tamén me gustaría que voltara ó país a Biblia xudía d´A Coruña ou, no seu defecto, que se expuxera o exemplar facscímil que a Xunta garda baixo chave dende hai vinte anos.

O anterior goberno dilapidou cartos e tempo nunha política cultural folclórica e supercifial. Por fortuna, a chegada de Ánxela Bugallo á Consellería de Cultura viu a endereitar esta situación. Espero que, cando menos, este tema pase á axenda dos responsables de deseñar unha política cultural pensada para que os galegos poidamos sentirnos orgullosos da nosa Historia.

Se quere saber máis deste manuscrito, prema aquí.

Nenhum comentário: