Perde o BNG, perdemos todos
A Asamblea Comarcal de Vigo do Bloque Nacionalista Galego decideu o pasado xoves expulsar da organización nacionalista a Pedro Gómez-Valadés. A acusación, presidir unha asociación de amizade con Israel, que xa lle acarrexara ao implicado un proceso semellante fai agora un ano, recuperouse sopresivamente aprobeitando que nos atopamos fora de periodo eleitoral, tal e coma expresou na Executiva Comarcal previa á expulsión unha dos dous representantes do BNG no Congreso dos Deputado, Olaia Fernández Davila.
A expulsión, que terá coma seguinte trámite a retificación polo Consello Nacional, foi promovida polo mesmo grupo de militantes que hai un ano recibiran unha contestación case unánime por parte da sociedade galega tralo seu primeiro intento de purga. Cando aquel primeiro proceso se desencadeou, a Asociación Galega de Amizade con Israel levaba dous meses constituída e traballando con normalidade, sen que ningún organismo oficial do BNG se expresara ao respeto. Os problemas para Gómez-Valadés comenzaron cando o proxecto político no que se implicara no seo do BNG, a plataforma da Alternativa, sufrira un descalabro na Asamblea Nacional do BNG, e posteriormente en todo o país, salvo na Comarca de Vigo, na que el milita(ba) e na cal era a cabeza visible do proxecto. Só nese momento, cando a alianza entre a UPG e Anxo Quintana non foi quén de acadar un resultado satisfactorio en dita comarca, un grupo de militantes comenzaron a presionar para que se revisara a súa situación. O resto está na rede, preferentemente en Chuza.
Logo de que a tan oportuna purificación quedara en entredito ao saír á luz pública, e despóis de varias semanas sen ningunha información oficial por parte da fronte, o Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana, expresouse públicamente en nome da organización coas seguintes declaracións:Non houbo nin hai ningún expediente de expulsión contra ningún compañeiro do BNG por pertencer a ningunha asociación. Polo tanto, eu espero que cese calquera campaña de vitimismo infundada.
Anxo Quintana
Logo delas, pedíuselle a dito Portavoz Nacional que garantira que non se trataba só de pospoñer a expulsión ata que pasaran as eleccións. Sen un pronunciamento explícito, optouse por deixar que o tema se diluíra ata desaparecer ou, coma agora comprobamos, ata que pasaran tanto as elecións locáis coma as estatáis. Coas autonómicas a máis dun ano, este era o mellor momento.
Antes de continuár, quero deixar clara unha cousa: a posición xurídica de Gómez-Valadés é inatacable. A expulsión é ilegal porque o obxeto que se está a tratar non é susceptible de enxuiciamento. Democráticamente, respetanto os turnos e votando a man alzada, podemos decidir coma violar a unha nena de doce anos, e por moi escrupulosos que foramos no proceso deliberativo, iso non fará ao crime menos digno de castigo. Pode que esta farsa de proceso democrático convenza a quenes teñen o seu modelo de xustiza no rexime castrista, ou mellor aínda, naqueles espectaculares procesos-confesión tan populares na extinta Unión Soviética. Pero cando vivimos nun Estado de Dereito, a decisión de expulsar a un membro dunha asociación por non pensar coma a maioría e expresar públicamente a súa liña de pensamento é frontalmente contraría tanto ao estatuto do que nos dotamos coma ás leis de toda sociedade civil. O seu amparo está, pois, fora de toda dúbida, tanto nos Estatutos do BNG, que recollen expresamente o dereito á discrepancia pública, coma na Lei de Partidos, que obriga aos mesmos a rexirse por criterios democráticos, mandato que emana expresamente do artigo sexto da Constitución do Estado español.
O militante expulsado irá aos tribunáis e estos obrigarán a readmitilo.
Aclarado este punto, a pregunta é forzosa: máis alá de satisfacer os anhelos dunha turba de fanáticos, non consigo entender en qué beneficia ao Bloque Nacionalista Galego pasar de novo por este proceso inquisitorial. Se Manuela Rodriguez Pumar, Celso X. López Pazos e demáis instigadores non aturan ser membros dunha organización política na que hai xente que non pensa coma eles, sempre poden formar un novo partido político ultra-marxinal do que só formen parte os auténticos puristas da Verdadeira Esquerda. En todo caso, quenes teñen un problema son eles, non Gómez-Valadés. Debo engadir que, se teñen necesidade de recurrir a medidas profiláticas para non contaminarse con persoas con ideas diferentes, quizáis sexa porque non están tan seguros de que as que eles sosteñen poidan defenderse con argumentos racionáis. Ao mellor, son desas ideas que só se sosteñen en grupos pechados. Esta xente ten moito medo de ter ao seu carón a individuos nos que non poden influír. Dos que non viven no mesmo ambiente e acaban por formarse un criterio autónomo.
Acaso darlle unha alegría aos niños bien que se disfrazan de revolucionarios na barra de Avante compensa o descrédito que esta decisión acarrexa para o Bloque? Cando Quintana fala de abrirnos á sociedade, a qué sociedade se refire? Á SGAE? Porque a sociedade real ve nesta expulsión o mesmo que calquera que se afaste medio metro do endogámico ambiente no que se moven algúns nacionalistas; o seitarismo no seu mellor exponente.
Gustaríame facer un breve resumo da miña militancia no BNG, non porque sexa importante, senón para que quén estea lendo isto saiba dende qué posición estou falando. Eu entrei ao mesmo tempo no BNG e en Esquerda Nacionalista, o partido socialdemócrata da Fronte. Nel estiven ata que, hai uns meses, as tensións internas provocaron a ruptura do mesmo en dúas formacións distintas; por unha banda quedou Esquerda Nacionalista, e pola outra os integrantes do incipiente coletivo Espazo Aberto. Cando o partido rompeu en dous, eu desvinculeime de ambos bandos, e dende entón son un militante a granel. Quero aclarar isto para deixar ben claro que na defensa de Pedro Gómez-Valadés non hai ningún tipo de interese político, senón unha convicción firme no seu dereito á liberdade de expresión.
Non falo, pois, en nome dun partido, nin dunha plataforma nin corrente, senón coma un militante cansado de que a democracia brille pola súa ausencia cando se trata de aplicala na casa. Se a expulsión saíu adiante non foi porque os aprendices de Torquemada sexan moitos, senón porque a maioría da militancia da comarca non apareceu polo local o día da votación. Non querían buscarse problemas. Ente os ausentes, xente consciente da inxustiza que isto supuña, que prefiriron miran cara outro lado para gañar aceitación. Persoas que (faltaría máis), son moi dadas a indignarse coas carencias democráticas, cando estas son achacables a outras persoas, partidos ou países.
Coido que, chegado a este punto, todas e cada unha das persoas que militan no BNG deberían reflexionar en profundidade sobre qué clase de organización queremos. E, máis concretamente, animaríaos a que pensaran se o verdadeiro problema da nosa organización estará en ter nela a un que pensa distinto ou, máis ben, en quenes, erixíndose en gardiáns das esencias, actúan ao marxe das normas comúns a todos coa excusa de protexernos dalgún terrible enemigo externo (o capitalismo, o españolismo, agora tamén o sionismo).
Minoría que contribúe, con cada nova algarada fascistoide, a aumentar a fenda que vai medrando entre o BNG e a sociedade galega. Anque non esteamos en elecións, a merda que cubre agora ao Bloque xa non pode disimularse.
11 comentários:
Lamentable.
Recollo o asunto na miña blogue, na que insertei unha ligazón ao teu post.
Unha aperta.
É unha aberración tan extema que só pode ter sentido na mente dos nacionalistas máis paletos e excluíntes. Moitas grazas polo apoio.
Tu nom te inteiras de nada. Nom foi a Assembleia, que foi o Conselho. Só se abriu expediente, ainda nom está resolto, portanto nom há expulsom ainda, mas espero que a haja, polo BNG e pola decência que qualquer organizaçom deve manter, sem dar acobilho a racistas como este paisano.
E onde consta, com tanta certeza, que "o militante expulsado irá aos tribunáis e estos obrigarán a readmitilo"? A ver se de tão democrata que são o Valadés e os seus amigos já sabem e ditam as sentenças que os juizes devem emitir, como para poderem-no-las antecipar.
Co teu permiso ímonos facer tamén nós altofalante do teu comentario por consideralo en extremo interesante e didáctico.
Non fai falla nin preguntalo. Apertas.
Defender a expulsión "por decencia" como di o anónimo é xa o colmo da desvergonza. Lastimosa imaxe a do Bloque que a verdade xa non extraña a ninguén.
Pero non ías tomarte unhas vacacions.
Outra vez volta o circo, outra vez a prensa, outra vez o show mediático. Hai un regulamento que contempla esa posibilidade. Toda organización é lexítima para elexir os seus integrantes. Toda organización política ten un perpil e unhas posicions expresadas mediante resolucions, a do BNG no tema palestino están claras dende sempre.
Non ten sentido ese vitimismo do Sr. PGV.
Pero como tes a s narices Pedro de didcir que non pertences á Esquerda Nacionalista de Mavera e Alberte se ainda apareces nun blogue que ti mesmo fas como membro da executiva desa EN?
Eres un miserable mentiroso compulsivo e vitimista.
Ale, todos a cirticar que escriba baixo un anónimo, pero ben sei que o mossad ten as mans moi longas, e hai que protexerse...
Pedro non escribe este blogue.
Xa, e eu tampouco me chamo anónimo!
Postar um comentário