31 de dez. de 2008
29 de dez. de 2008
Agora chorades?
De todas as crónicas, post e comentarios que lín no día de hoxe sobre a ofensiva militar israelí na Faixa de Gaza (logo dun fin de semana fora, sen internet, e un día imposible), de todas as persoas que falan de “xenocidio”, “holocausto” ou “matanza” ao ver o sempre lamentable regueiro de mortos, pregúntome cantos deles crerán realmente que o que están a decir é certo, e cantos, sabendo que nada do que está a pasar agora en Gaza encaixa nesas verbas, repite ese discurso para obter o caché humanitario do que fala Hermann Tertsch.
Pregúntome, tamén, polos autodenominados solidarios, aqueles que consideran un crime contra a Humanidade bombardear as instalacións militares de Hamás, a súa emisora de televisión, ou os túneis cos que introducían as armas coas que logo mataban israelíes. Sinto curiosidade por saber onde estiveron durante os tres últimos anos os autores de grandes proclamas, aqueles que agora afirman moi solemnes a súa profunda preocupación polas vítimas civís e aos que, é curioso, non lembro terse queixado cando os palestinos mataron e mutilaron intencionalmente a civís xudeus de Israel. Non tres días. Tres anos.
Para saír de dúbidas, recurrín á rede Chuza (levaba tempo sen ir), á procura, de entre as novas enviadas polos usuarios, dalgunha sobre os cidadáns das vilas fronteirizas ós que, ás veces, hai que amputarlles unha perna ou ben dar de baixa no rexistro porque nos quince segundos de aviso dende que sonan as alarmas non tiveron tempo de atopar un refuxio seguro. Coma é bóa verdade que aquí estamos todos moi concienciados cos civís de ambos bandos, a marea de solidaridade que o tag: Sderot me revelou a piques estivo de bloquear o Firefox.
Outra dúbida; gustaríame saber de qué maneira cren os nosos intelectuáis de medio pelo, sempre tan críticos con todos os gobernos, agás co que lles dan subvencións, que debería facer o Goberno de Israel para atallar os lanzamentos de cohetes dende Gaza. Anque non deixa de ser ésta unha pregunta supérflua porque, se fora Galiza a que tivera que lidiar con tan entrañabeis veciños, sen dúbida seríamos moito máis humanitarios. Nós, que somos supermulticulturáis, non pegaríamos tiros, que é unha cousa moi fascista. No seu lugar, respostaríamos á violencia islámica cun concerto de folk, unha actuación de monologuistas, e unha proxección de cine de Quirciguistán. Seguro que ao ver o noso marabilloso corazón, os guerreiros de Corán nunha man e kalashnikov na outra verían a luz, cairíanlle as bágoas, e correrían ao noso encontro para cantar todos xuntos We are the world. Pode ser. Cando cheguemos a esa situación, seguro que en Galiza sobran quénes se presten coma voluntarios, tantos coma agora poñen o berro no ceo por matar a quénes durante tres longos anos sementaron de terror o sur de Israel.
Máis alto aínda que a dor das inevitables vítimas inocentes, que as bombas que a estas horas seguen a caer na Faixa, ou que o rebumbio mediático, se hai algo que se escoita alto e forte en Galiza son as queixas de quenes sempre choran cun só ollo.
Este conflicto, sabémolo, non é de bós e malos. Máis os que o seguimos coma espectadores (é o que somos, e máis nada), non deberíamos dar por válidas as opinións daqueles que só se lembran de Oriente Próximo cando poden dar renda solta ás súas fobias particulares.
[Máis: comunicado da Embaixada de Israel, en El Cuarto Reich; Porqué se ataca a Gaza?, na páxina da AGAI; Los baños de sangre públicos y privados, en Judíos en el norte de Sefarad; O mundo inteiro condeia a autodefensa judea, en Últimos días de Bar Kockba; e a ofensiva en Oriente Miedo (1, 2 e 3) e Herutx (1, 2, 3, 4, e 5).]
25 de dez. de 2008
Viena, 1938
Unha brevísima testemuña visual; estado dalgúns negocios na culta e refinada capital austríaca (Vídeo, 0:59).
Visto aquí.
22 de dez. de 2008
Un deus rencoroso e feroz
José Saramago imparte leccións de Dereitos Humanos:
La sigla ONU, todo el mundo lo sabe, significa Organización de Naciones Unidas, es decir, a la luz de la realidad, nada o muy poco. Que lo digan los palestinos de Gaza a quienes se les están agotando los alimentos, o se les han agotado ya, porque así lo ha impuesto el bloqueo israelí, decidido, por lo vistos, a condenar al hambre a las 750 mil personas registradas allí como refugiados. Ni pan tiene ya, la harina se ha acabado, y el aceite, las lentejas y el azúcar van por el mismo camino. Desde el día 9 de diciembre los camiones de la agencia de Naciones Unidas, cargados de alimentos, aguardan a que el ejército israelí les permita la entrada en la faja de Gaza, una autorización una vez más negada o que será pospuesta hasta la última desesperación y la última exasperación de los palestinos hambrientos. ¿Naciones Unidas? ¿Unidas? Contando con la complicidad o la cobardía internacional, Israel se ríe de recomendaciones, decisiones y protestas, hace lo que viene en gana, cuando le viene en gana y como le viene en gana. Ha llegado hasta el punto de impedir la entrada de libros e instrumentos musicales como si se tratase de productos que iban a poner en riesgo la seguridad de Israel. Si el ridículo matara no quedaría de pie ni un solo político o un solo soldado israelí, esos especialistas en crueldad, esos doctorados en desprecio que miran el mundo desde lo alto de la insolencia que es la base de su educación. Comprendemos mejor a su dios bíblico cuando conocemos a sus seguidores. Jehová, o Yahvé, o como se le diga, es un dios rencoroso y feroz que los israelíes mantienen permanentemente actualizado.[Máis: El Auschwitz de José Saramago, en Shema Israel]