Mostrando postagens com marcador Música. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Música. Mostrar todas as postagens

24 de fev. de 2009

Ofra Haza

Hoxe cúmprense nove anos do falecemento de Ofra Haza, e os amigos de Bemusika homenaxean a esta iemení universal cunha recopilación de vídeos. Dahí tomo prestada esta estremecedora interpretación de Kaddish




[Máis: Ofra en el recuerdo, en Días del futuro pasado]

17 de ago. de 2008

Hadas Dagul

Abondou con oír unhas poucas cancións dela, as que dei atopado na rede, para que Hadas Dagul pasara a ser a miña cantante favorita, de entre as novas voces israelíes que coñezo.


Nada en Xerusalén no 1984, xa con seis anos comenzou a tocar a guitarra, completando logo a súa formación estudando guitarra clásica na Jerusalem Academy of Music High School, un centro de gran sona no páis.


Durante o seu servizo miltiar foi destinada a unha banda que animaba os momentos de ocio dos soldados, e foi neste periodo que coñeceu a quén a había de acompañar no seu primeiro disco, o compositor de música para películas Ori Vidislavski. Co patrocinio deste útimo, Hadas publicou no 2003 o seu debut, Seret Eelem (Película muda). Algúns dese temas poden escoitarse no seu MySpace.


O seu estilo nútrese da música tradiciona grega, así coma das cancións árabes que Hadas escoitaba xunto co seu avó cando era nena. A canción que da título ao álbum, cun ritmo moi suave, di así:

Vida de actividades de verán

casas rosadas sobre montañas verdes

unidas coidadosamente;

isto é todo o que me deixastes.

Tratando de captar un momento

que existe só nas revistas;

isto é todo o que me deixastes.

No momento no que escribo isto hai tres vídeo dela no Youtube. Dous deles son sobre a súa canción Todas as cores, en sendas actuacións en directo, e o terceiro é o videoclip do seu tema Bahgdag.


Bahgdag.




All the colors (en vivo)



14 de mar. de 2008

Concerto de Noa

Eis as imaxes do concerto que a cantante israeli Noa, xunto co guitarrista e compositor dalguns dos temas, Gil Dor, deron esta tarde na Igrexa da Universidade, en Santiago de Compostela:

Agardando

O escenario


O comenzo

Noa

Gil Dor

... agradecido ...




... despedida ...

... bis ...

... e despedida definitiva. Nun par de palabras; breve e intenso. Esta tarde a voz de Noa acabou de gustarme do todo, e debo decir que en directo gaña en espectacularidade. Se alguén ten a oportunidade de acudir a un concerto dela, en serio que llelo recomendo.

Por certo, tivo o detalle de presentarse en galego. O recital pechouse co tema en castelán Es caprichoso el azar, que nesta interpretación a dúo con Joan Manuel Serrat ten unha acollida tan calurosa coma a que debeu sentir, hai unhas horas, por parte das douscentas persoas que alí estabamos: a palabra entusiasmo queda corta para os aplausos que Noa e Gil colleitaron.




Atualización: suscribo integramente as declaracións feitas na rolda de prensa previa ao concerto (que onte, lóxicamente, non coñecía), máis non deixa de ser triste que, a unha persoa que veu a cantar, a sometan a un interrogatorio sobre a situación política do seu país.

13 de mar. de 2008

Do Iemen a Manhattan


Noa, nunha actuación en Stuttgart. Foto: don´t expect art.

"Tiven a idea de investigar e recuperar as cancións iemenitas que lle oíra cantar á miña avoa cando era nena. Escoitei un senfín de sorprendentes cantantes, de Aharon Amram, Zion Golan, Shoshana Damari, Shlomo Dachyani e Miriam Tzafri, ata Ofra Chaza. As fermosas melodías e maravillosas voces tocáronme profúndamente e sonrroxáronme grandemente, máis ningunha me atravesou tanto coma a da avóa Raquel,... ela é a número un, todo vai sobre a súa base. Tiña claro que unha moza nada en Israel e criada en Nova Iorque, onde as cancións iemenitas desaparecen, e son sustituídas por Joni Mitchell e Paul Simon, tiña que atopar o seu propio camiño para atopar ese fabuloso lugar (....)"


A cantante Achinoam Nini, mundialmente coñecida polo seu nome artístico, Noa, encabeza así a presentación do seu último traballo, Genes & Jeans, que coma se di no texto, é unha recuperación do cancioneiro popular iemenita e hebreo, pasada polo tamiz da cultura urbana neoiorquina.


Noa, que se dou a coñecer polo tema principal da premiada película A vida é bela, de Roberto Benigni, aborda neste novo disco o dificil reto de conxugar dúas linguaxes musicáis tan distintas. Cantando en inglés e en hebreo, busca traer aos nosos días as antigas cancións que oíra cantar de nena en Israel, intentando non desvirtualas no proceso. O resultado é, na miña opinión, satisfactorio, a xulgar polo que estou a oír nestes momentos.


A través das dezasete pezas do disco, a voz afortunada de Noa e unha instrumentacion austera conxúganse con naturalidade para acadar unha particular mistura de estilos. Non é, xa o advirte ela, unha recuperación arqueolóxica, senón un achegamento dende a súa cultura de adopción e a dos seus devanceiros. Se alguén busca unha achádega purista, é probable que Genes & Jeans o decepcione.


Por unha desas raras casualidades, o lanzamento do disco ven acompañado dunha grata sorpresa: a presentación do disco aquí, en Sefarad, terá lugar mañá, venres, en Santiago de Compostela. Noa dará un pequeno concerto acústico, ás seis da tarde, na Igrexa da Compañía (ver mapa), tamén coñecida coma Igrexa da Universidade, ubicada na zona vella, entre a Facultade de Historia e a Praza da Universidade.


Non se venden entradas, senón que o acceso é cun convite que se agasalla coa compra do disco nas tendas Gong. Eu xa o adquirín, xunto coa conseguinte entrada, e mañá á tarde alí estarei, disposto a escoitar (a poucos metros, por certo, de onde residía a comunidade xudía compostelana) un tranquilo concerto de quen trae á Galiza aires doutras terras, e doutro tempo.



[Máis: Igrexa da Universidade, Praza da Universidade, s/n. 15704, Santiago de Compostela, Teléfono: 981 563 100; ext: 11020; Gong Discos]

6 de dez. de 2007

4 de nov. de 2007

Unha plegaria sefardí

Hoxe gustaríame por aquí un vídeo de Rosa Zaragoza, unha muller que leva máis de vinte anos recuperando o cancioneiro sefadí. Os xudeus que habitaban durante a Idade Media na Península Ibérica, á que coñecían coma Sefarad, falaban un híbrido entre o hebreo e a lingua do lugar onde se asentaban. Así, nun momento no que o galego e o portugues aínda estaban máis unidos que agora, a súa fala era con toda probabilidade unha mistura de galego-portugues coa súa lingua nai. Do mesmo xeito, no ámbito de influencia do catalán, as atuáis Cataluña, Valencia e as Illas Baleares, o mesmo deu paso a un xudeu-catalán. Consérvanse nesta lingua cinco cancións de boda dos séculos XIV e XV,

Por desgraza, so se conservou un dos idiomas hebreo peninsulares logo da Expulsión, o ladino ou xudeu-español. Gran parte do escrito no mesmo chegou a nós porque perviveu no Magreb, onde os sefadíes permanecerían aínda varios séculos máis. E grazas a que se mantiveron no norte de África que hoxe podemos escoitar cancións tan doces coma a plegaria El Keloenu, composta en ladino, e interpretada por Rosa Zaragoza.

"Has que durmamos en paz y que nos levantemos para una vida buena gurdaré el sabado y Dios me guardará, ese día meditaré en la Torá de Dios y ello me dará sabuduría, es un día de placeres , pan, buen vino, pescado"...




27 de set. de 2007

Conversión e retorno

É curioso: onte falaba da conversión de Battiato ao islam e hoxe entérome de que Dylan volve ao xudaísmo.

26 de set. de 2007

A conversión de Battiato

Veño de enterarme de que o meu prezado Franco Battiato abrazou o credo islámico. E estou algo cabreado, isa é a verdade, porque a páxina na que o lin (e que prefiro non enlazar, non merece máis publicidade) mofábanse del por iso. O blogue onde se conta, que descubrín hai apenas dous días, adoita a recoller información sobre os excesos que no mundo se cometen en nome do Islam. Coma pro-israelí e filo-xudeu que son, é un tema que me interesa. Máis mofarse dalgúen porque, libremente, decida aceitar un ou outro credo, por mor da súa evolución persoal, é unha falta de respeto en toda regra. Denota, ademáis, unha xeralización abusiva pola cal todolos crentes musulmáns son criticables só polo feito de selo. Iso non é unha crítica lexítima, iso é islamofobia. Mal imos por ahí.

Coma pequena homenaxe ao gran Battiato, queda aquí o video da canción da que tomei o nome deste blogue e a frase da cabeceira.

O gato fumador

Había ben tempo que non via un videoclip tan triste coma este. A canción, O gato fumador, de Yehuda Ledgley.

9 de ago. de 2007

Luisa mandou un beijo

Levo días escoitanto a música de Luisa mandou un beijo, un grupo brasileiro do que se pode descargar gratis o disco na páxina d´A Regueifa (sección Novas Músicas). Se a algúen lle pica a curiosidade por saber como soan, aconsello as cancións Guardanapos e Anselmo.

.
Esta ben isto d´A Regueifa. Visitara a páxina cando comenzaran, e daquela aínda non tiñan moito, máis xa pintaba ben. Sen embargo... esquencimen dela. Ata o outro día, que entrei e quedei sorprendido ao ver tanto como alí teñen; música, libros, fotografías... Recomendable, sen dúbida. E para estar ó día, para iso teñen un blog, que creo que visitarei de vez en cando a partir dagora.

8 de ago. de 2007

Eminem Vs. Fellini

Sinto cara Fellini unha fascinación ilimitada. Pola contra, hai xa moito tempo que non escoito nada de hip hop. Quizáis foi ese contraste polo que me impresionou tanto esta mestura. As imaxes, da maxistral 8 e 1/2.

30 de jul. de 2007

Hatikva

Ben, logo de desconectar un pouco no fin de semana, xa volta o blogue ó seu carreiro habitual dos últimos meses. Esta noite, gustaríame falar da Hatikva, a canción que serve de himno nacional de Israel. Lembreime dela o outro día, mentres cantabámo-lo noso himno na Praza da Quintana, e xa nese momento pensei en que estaría ben aludir algo a ela; se os galegos fosemos máis conscientes dos moitos paralelismos que hai entre a súa procura identitaria, política, cultural... e a nosa, se cadra veríamos con outros ollos a un pobo que só é culpable de intentar (e acadar) o mesmo polo que nós devecemos.

A Hatikva foi composta no ano 1878 por Neftalí Herz Imber, un xudeo residente na rexión polaca de Galicia. A música é un arranxo sobre unha peza popular da tradición asquenazí moldava. Nesa época, cando se comenzaba a amosar de xeito cada vez máis evidente o fracaso da asimilación, a canción contiña, nunhas poucas liñas, todo canto o pobo xudeo anhelaba; un pouco de luz ó final do túnel. Non en vano, o seu significado é Esperanza. Paralelamente, coincidindo co auxe das aliás, rápidamente se espallou por Eretz Israel.

Sobran na Historia casos de músicas que, por froito dos acontecementos, deixaron de ser meras cancións para pasar a representar todo un ideal, unha forma de ve-lo mundo. A esa categoría pertencen A Marsellesa, o Himno de Riego, ou L´Estaca, de Lluis Llach. Á mesma pertence, tamén, esta breve composición que os primeiros sionistas levaron consigo ó asentarse na Terra. A letra é a seguinte:

"Mentres palpite o corazón
dunha alma xudea,
e rumbo ó Oriente
dirixa a mirada
non estará perdida índa a nosa esperanza,
esa esperanza de dous mil anos,
de ser un pobo libre na nosa terra,
a Terra de Sión e Xerusalem".

A Hatikva foi versionada unha e mil veces. Dende o heavy metal de Marty Friedman ó clasicismo de Barbra Straised, foron moitos os artistas que fixeron a súa particular interpretación da mesma. De entre tódolos vídeos que atopei no Youtube, o que elexín para pechar este post é unha interpretación ante o Kotel, o Muro das Lamentacións. Espero que lles guste.

29 de jul. de 2007

Augas de Março

Hoxe vai unha tarde demasiado bóa coma para perdela pensando en política. Mellor saír á rúa, ir á praia ou, de quedar na casa, que sexa con música tan fermosa coma esta:

26 de jul. de 2007

Kroke no Festigal

Un cuarto de hora durou o tema instrumental co que Kroke empezou o seu concerto no Festigal; por desgraza, a tarxeta de memoria da miña cámara de fotos claudicou moito antes. Anque a duración non é moita, e a calidade tampouco é para tirar cohetes, valga este vídeo de mostra para aqueles que non puideron estar alí.



Asemesmo, veño de colgar na conta de Flickr algunhas das fotos que tirei durante o concerto:





19 de jul. de 2007

Música Klezmer

Por se algúen ten interese en coñece-la música Klezmer, pode facerse unha idea con este vídeo. Vinno neste blogue, adicado a este xénero musical propio dos xudeos de Europa Oriental.



Celebrando un día de festa:



Música xudea ou música cíngara? O mellor é xuntalas e a ver que sae:



E, para rematar, unha mestura con música electrónica. Esta foi a que máis me gustou, ademáis de facerme ver de novo canta bóa música hai fora dos circuitos convencionais:

3 de mai. de 2007

James Brown

A nova máis importante do día non aparece nos xornais. Se non o levara a morte o pasado Nadal, o Rei do Funk cumpriría hoxe 74 anos, cargados de sexo, droga, e o ritmos máis sensuais.

Sen máis, vaia por el esta modesta homenaxe.