6 de fev. de 2009
26 de jan. de 2009
Manolo Bragado coma punta do iceberg
Estaría ben algo máis elaborado, si, pero é que, por debaixo de certo umbral, razonar é perder o tempo. O típico: en terra de lobos, oubea como todos, Ahí vai, pois, o meu particular fósforo branco:
Vamos a ver. Hai dúas formas de negacionismo; o que vai de cara, defendido pola extrema-dereita, segundo o cal non houbo Holocausto, e o sibilino, defendido pola esquerda, segundo o cal si, pasou algo, pero vamos; é coma o de Palestina. Dous camiños para chegar ao mesmo sitio; que ao final, o Holocausto, tampoco foi para tanto. Ao fin e ao cabo, se nestos días se está facendo algo igual, qué sentido tería lembrar algo que total xa pasou.
O arranque de subnormalidade de Manolo Bragado (I, II, III e IV), sen embargo, si merece unha atención especial. A diferenza dos mocosos coas hormonas polas nubes e a cultura polo chan que inundan os foros na rede, pintan suásticas equiparándoas á Estrela de David, e falan dos Dereitos Humanos mentres defenden a Fidel Castro, este señor é o director de Edicións Xerais de Galicia que, xunto con Galaxia, é a editorial máis importante do País. Ahí é nada.
Digo eu; cantos intelectuáis de medio pelo, dos que nos aleccionan á primeira de cambio coa súa auto-atribuída superioridade moral, van a sinalar isto co dedo? Sospeito que a cifra de valentes oscilará entre cero e ningún. Xa se sabe que o que se move non sae na foto, e aquí, por méritos propios, moitos nunca serían retratados.
Definitivamente, un país onde o director da editorial máis importante fai ostentación pública de negacionismo no seu blogue, demostra que, por moito que a nosa cutre-intelectualidade se crea vacinada de odios grupais por ler a un escritor africano ou ver un filme rodado en Iraq, o máis antigo e virulento de cantos houbo en Europa segue tan vigoroso coma sempre. A mesma merda, iso si, cun barniz cultureta.
Grazas ao Google Analytics sei que hai xente que le isto en Israel; Haifa, Azor, Ramat Gan, Guivatayim,... A eles lles digo; isto é Europa, señora. Aquí non hai nada que rascar. Mentres a paz non chega, merquen bóas armas, entrenen ben cada día e, cando o fascismo ameace, fálenlle no único idioma que entende. Sen miramentos.
Coma Ulises, amárrense á razón para que estos cantos de serea non os leven cara as rochas.
13 de jan. de 2009
Descubríronnos
Merda, debimos disimular mellor. En fin, supoño que estos de Isca son demasiado hyntelijentes coma para enganalos.Desgraçadamente no nosso país também existe um grupúsculo sionista.
Um pouco por toda a parte do globo, as Embaixadas israelís e os seus serviços de inteligência criam coletivos de apoio a este Estado colonial e as suas constantes ou periódicas carnicerias, normalmente situados no ámbito da extrema-direita e do neoliberalismo, como na maior parte do Estado Espanhol. Sem embargo, no nosso país mesmo tentarom agir dentro do nacionalismo galego, movimento que se caracterizou historicamente polo seu carácter anti-imperialista e internacionalista, nomeadamente em relaçom ao povo palestiniano e a sua heroica resistência fronte a ocupaçom sionista.
9 de jan. de 2009
4 de jan. de 2009
Próceres
Non hai aquí torturas, violacións e secuestros por parte dos servizos secretos de Israel? Non hai aquí crímenes de estado? Non hai aquí un apartheid? Non hai aquí vulneración do dereito internacional e dos dereitos humanos? Non hai aquí un exterminio planificado? Non hai unha nación ocupada a que non só non se lle permite decidir libremente o seu futuro senón que non se lle permite existir? Pois parece ser que non. Cando menos, non se ven moitos cascos azuis defendendo Gaza, nin moito observador internacional (están vetados até os xornalistas), nin moitas peticións do Tribunal Penal Internacional, nin propostas de sancións, embargos ou bloqueo a Israel.... (...)Mais por moitos quilos de maquillaxe que se lle poñan enriba, un xenocidio é un xenocidio, sexa co exterminio físico das bombas, sexa con muros de formigón que oprimen e matan de fame. As balas e a as bombas nunca son orfas. Teñen nai e pai. Aquí non fai falta o ADN de ninguén para saber os nomes dos proxenitores da criatura: Israel capital Washington DC.
20 de nov. de 2008
Abúrrense
O pai de H. naceu en Faluia. A súa nai é de Bagdad. Paseamos por unha rúa de Compostela cando nos atopamos isto:
22 de out. de 2008
9 de out. de 2008
Conferencia en Santiago sobre o pasado xudeu de Galiza
25 de jul. de 2008
Vivimos no s.XVIII
Hai unhas horas, en Compostela, o alcalde Sánchez Bugallo (PSdG-PSOE), "pide pola crise económica na Ofrenda ao Apóstolo". Na mesma petición, nunha mostra dese realismo máxico que tanto encandila aos turistas que visitan este País, o delegado rexio aprobeitou a súa ofrenda no templo católico para apostar "pola neutralidade relixiosa do Estado". (Ver vídeo).