Mostrando postagens com marcador Paleoesquerda. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Paleoesquerda. Mostrar todas as postagens

18 de fev. de 2009

De fracaso en fracaso, ata a victoria final

Hai unha ecuación que nunca falla; canto máis fracasaso, máis antisemita. E poderíamos engadir ó principio; canto máis marxista, máis fracasado.


Que toda esta tropa de nostálxicos da URSS atoparon no antisemitismo unha válvula de escape para non encarar as súas moitas e moi graves carencias e contradiccións non é nada novo. Pero é que, en plena fuxida cara ningures, ás veces agasállanos con pérolas das que fan época. Divertidísimas, de puro idiotas.

Se hai uns meses Hamás nos revelaba quen estaba detrás das hipotecas subprime e da desrregulación dos mercados financieiros (e servidor vaticinaba que era só cuestión de tempo que os secundaran en Rebelión), agora é o Francisco Frutos, Secretario Xeral do Partido Comunista de España o que descubre o que os poderosos non queren que saibamos:

"Yo creo que lo que ha pasado ahora actualmente en estos últimos años, y sobre todo en estos últimos meses es el hundimiento del sistema neoliberal. El sistema neoliberal es la parte más brutal del capitalismo, la parte más exagerada, brutal, sin controles, sin leyes, y esto se ha hundido. Esto se ha hundido. No sólo es la responsabilidad de cuatro ladrones, que los hay, que han sido los que han mantenido el sistema capitalista-imperialista en este tiempo, y de los cuales hay una parte importante de sionista, de sionismo. Por ejemplo, lo que es el Lehman Brothers [fundada por emigrantes xudeo-alemáns no 1850], empresa que cae, que es el Madoff [xudeu], que parece que ha robado incluso a sus propios hermanos de clase, etc.



Efectivamente, camarada. Sempre os mesmos, jodendo a marrana. Mitos coma madeiros, ós que agarrarse cando te fundes.

13 de fev. de 2009

Pseudo-esquerda e antisemitismo

Imaxe vista aquí.

O xornal El País publica hoxe unha reportaxe sobre un politólogo estadounidense chamado Stephen Bronner, autor de "Un rumor sobre os xudeus", un libro sobre a influencia do antisemitismo a partires dos Protocolos dos Sabios de Sión.

O artigo comenza sendo sorprendente pola franqueza coa que se asume o fenómeno da xudeofobia dende un medio autodenominado progresista, e mesmo se sinala o papel fundamental que dita retórica ten no mundo árabomusulmán (moi de pasada, iso sí, e limitándoo a grupos coma Hamás e "nacionalistas de dereitas" [!?]):
Que os xudeus controlen os bancos e os medios de comunicación, que influan de maniera decisiva na política exterior de Estados Unidos ou que dirixan a industria de Hollywood son prexuizos amplamente asentados no imaxinario colectivo. Hai quen chega a crer que gobernan Wall Street e incluso que urdiron os ataques terroristas do 11 de setembro. 

(Sobre os Protocolos)"Non se preocupan si as afirmaciones feitas no tratado son verdadeiras ou falsas, úsannas simplemente para xustifica-los seus prexuicios". (...) cando os representantes das 12 tribus de Israel, dirixidos por un gran rabino, se reúnen nun cementerio a medianoite baixo a lúa chea para trama-la súa confabulación contra a civilización cristiá. "Non hai necesidade de probar que este encontro conspirador en realidad tivo lugar, porque 'nós', os leitores antisemitas, xa sabemos que é certo, coma todo o que aparece na obra".
Sen embargo, coma non podía ser doutra maneira, ao igual que unha reportaxe nos seu dominical de hai unhas semanas aproveitaba, ao falar do rexurdir da comunidade xudía en Berlín, para criticar a Israel, El País non da puntada sen fío. Desta volta, o autor do libro admite que si, que "as sinagogas e os cementerios son aínda en ocasións lixados, e que un estudante xudeu pode ser golpeado hoxen en día igual que sucedía no pasado", pero que o antisemitismo non existe xa en Europa e, o máis importante, que nada disto ten que ver có tratamento que se fai de Israel. Os europeos ó mellor temos un leve pouso antisemita, pero ó analizar ó Estado xudeu guiámonos pola máis alta lóxica cartesiana.

Hai un parágrafo en concreto no que o politólogo e a xornalista se lucen:
Pero se o antisemitismo é aínda un odio latente, ¿cómo combatilo? Segundo Bronner, para derrocar as falsas ideas sobre os xudeus, é necesario admitir que non se atopan hoxe en día nun gueto e que non son unha minoría oprimida. "Pode que os sionistas pensen dun modo diferente pero os xudeus no viven xa no medo, nin en pogromos nin amoreados en campos de concentración", subraia o autor.
Daquela, todo o que non sexan progromos ou campos de concentración xa non é antisemitismo? Home, Hitler puxo o listón moi alto, pero o feito de que as sinagogas teñan que ter protección policial as vintecatro horas do día, que a xente (en nome dun mundo mellor, obvio) se burle do Holocausto, ou que as mesmas ranciadas que o politólogo apunta no texto de arriba se reproduzan punto por punto en todo canto foro hai en internet, acaso non deberían considerarse coma atitudes un chisco xudeófobas? Para El País, antisemitismo só é cando un neonazi golpea a un rabino mentres berra: "Que conste que isto non ten nada que ver co meu posicionamento sobre o conflicto de Oriente Medio!". 

Hai tres ideas no texto que son pilares fundamentais para entender este discurso que intenta manter o antisemitismo coma un elemento de unión, ao tempo que busca liberarse de calquera vinculación co mesmo. 
1) O antisemitismo é hoxendía en Europa algo marxial. Segundo o autor, o feito de que, en relación ás agresións mencionadas antes, "estas accións se traten coma delitos e os seus autores son xeralmente detidos e castigados", proba que o antisemitismo é algo residual. A mistura entre o funcionamento dun Estado de Dereito e un odio popular non parecen importarlle ó politólogo.

2) O lugar que noutrora ocupaba o antisemitismo foi sustituído por arabofobia e islamofobia. Esta é a parte que maís me gusta; xente que che repite coma un mantra que o lobby sionista domina o vento e as mareas, logo indígnase moitísimo cando exixes que se vixile ás redes yihadistas instaladas en Europa. Preocuparse por esa corrente fascista que medra no seo do Islam, o islamismo, é a ollos desta xente unha atitude retrógrada.

3) A culpa do antisemitismo é, en gran parte, de Israel. Coma apunta a xornalista e logo secunda este bó home de progreso, "é innegable que a política de Israel é unha das causas que contribuíu a aumentar os prexuízos contra os seguidores do xudaísmo". Isto é, non é que os prexuízos contra esa raza-dominadora-do-mundo, que pensan que poden facer o que lles pete por ser "o pobo elexido" (léase con enfática cara de asco), convirtan o que debera ser un debate pausado e honesto nun circo dominado polas baixas paixóns dos autocompracentes europeos. Por favor, iso é algo que só farían os nazis, que coma todo o mundo sabe, identifícanse por levar emblemas cunha suástica. En realidade, logo de exterminar a seis millóns de xudeus no último e máis sonoro pogromo, o antisemitismo evaporouse. Si, levaba en Europa algún tempo e tal, pero o caso é que desapareceu. 

Dese xeito, a xornalista Patricia R. Blanco conclúe: "Os argumentos esgrimidos polos sionistas e por aqueles obsesionados coa identidade xudía, que establecen unha relación directa entre os ataques contra Israel e as agresións contra a súa confesión, non constitúen xa un discurso creíble na vida pública". O que hai agora non é unha desas desprezables cóleras populares (que só manteñen catro neonazis), senón unha indignación consciente e solidaria, motivada polas "políticas do Estado de Israel", que se nalgunha medida afecta a alemáns, franceses ou españóis que profesan a relixión xudía ou participan dalgún xeito na súa cultura non é, faltaría máis, por ser xudeus, senón porque son identificados coma parte do sionismo transnacional que, este si, é algo contra o que debemos estar todos unidos. 
Con estes pensadores demostrase que mesmo o discurso sobre antisemitismo é susceptible, cando caen en mans dos expertos na dobrelingua, de convertirse nun novo alegato antisemita.

18 de out. de 2008

400-S

Imaxe: NYC Comets.

Un dos últimos mitos xudeófobos con máis repercusión nos últimos tempos é aquel que sostén que, o día no que se produciron os ataques ás Torres Xemelgas, milleros de xudeus non acudiron ao traballo. O mito preséntase coma unha proba de que a autoría da masacre non corresponde a Al-Qaeda, senón que se trataría dun complot no que estarían involucrados o servizo de intelixencia israelí e o Goberno dos EUA. Os Protocolos, etc.

En realidade, catrocentos dos falecidos, un 10% do total, eran xudeus. É absurdo intentar razonar con alguén que non chegou a esa conclusión razonando, pero para todos os demáis a páxina do Departamento de Estado dos EUA recolle setenta e seis breves historias de outras tantas vítimas ás que os consparanoicos queren negarlles ata a memoria.

6 de fev. de 2008

A tamén vella (e útil) banalización do mal

(...) será que, no nome dunha pretendida solidariedade cos palestinos, hai partidos de esquerdas que desprezan o horror nazi, que non senten ningunha piedade polas vítimas xudías e que son os culpábeis da banalización actual do holocausto. Máis aló das simpatías de cada cal cos protagonistas dun sanguento conflito que dura décadas, os millóns de europeos asasinados son vítimas puras, e o seu desprezo é unha vergoña lacerante.

Pilar Rahola.

7 de nov. de 2007

Chií Guevara

... ou dos novos compañeiros de viaxe. Todos os que admiren ao Che Guevara deberían ler coma o fundamentalismo islámico interpreta o seu legado:

Un glorioso choque cultural que recentemente aconteceu en Irán fíxome rir en voz alta. Os fillos de Che Guevara, o pin-up revolucionário, foron convidados á Universidade de Teherán para comemorar o 40º aniversário da morte do seu pai e para celebrar a crecente solidariedade entre “e esquerda e o Islam revolucionário”, participando nunha conferencia parcialmente costeada polo Presidente venezolano Hugo Chávez.

Houbo saúdos fraternais e sorrisos xerais á medida que eran denunciadas “as ambicións planetarias devoradoras” de América. Mais foi entón que un dos oradores, Hajj Saeed Qassemi, o coordinador da Asociación dos Voluntários Mártires-Suicidas (que presumiblemente se mantén vivo desinteresadamente en nome da causa), revelou que Che era “un home verdadeiramente relixioso que cría en Deus e que odiaba o comunismo e a Unión Soviética”.

Aleida, a filla do Che, preguntouse se algo se tería perdido na tradución. “O meu pai nunca mencionou Deus”, dixo ela, para consternazón da asistencia. “El nunca coñeceu a Deus.". Na confusión, Aleida e o irmán foron rapidamente acompañados á saída e escoltados cara o hotel. “Ao final do do dia, os dous Guevaras voltáranse ‘non-persoas’. A Prensa controlada polo Estado subitamente esquenceu a súa existencia”, rexistou o escritor iraní Amir Taheri.

Depois da sua partida, Qassemi proseguiu afirmando que Fidel Castro, o “guia supremo” de Che Guevara, era também un home de Deus. “A Unión Soviética acabou”, dixo el. “O liderazgo dos oprimidos agora está na nosa república islámica. Aqueles que queren destruir a América teñen que percebir isto e deixarse de xogos de palabras."

Where do you stand in the new culture wars?, artigo de Sarah Baxter, publicado no Sunday Times, en Londres, e traducido por Nuno Guerreiro no seu blogue Rua da Judiaria.

Estámonos polarizando, ese é un feito. É aquela xente que bebeu nas fontes da esquerda revolucionaria está dexenerando, con demasiada frecuencia, nunha forma visceral e tumultuaria de altermundismo, onde o fundamentalismo islámico se colle da man dos escombros do comunismo. E se o digo dun xeito tan duro é porque me parece que con estas cousas non se debe xogar. Escoller coma compañeiros de viaxe a todo o que acredite o seu odio aos EUA e a Israel (ao liberalismo, en suma?) é basear unha atitude política na destrución do status quo, e non na cimentación dalgo novo. O odio, a destrución e despóis qué?

Se os clérigos chiís que se valen da figura do Che para liderar ese altermundismo (ou para a esquerda de salón de El País e compañía, Hezbolá non é un movemento de resistencia?), estamos a traspasar esa fraxil separación entre a búsqueda dun mundo mellor e transitar, de novo, os camiños trillados da Revolución que leva ao Inferno.

Israel e os EUA equivócanse todos os días, e hai que criticalos polos seus erros. Máis se hai unha forma de civilización que paga a pena preservar é a que se coñece dun xeito xenérico coma Ocidente. Critiquemos as guerras preventivas, o buraco legal de Guantánamo ou os asasinatos seletivos. Máis facer soar de novo os vellos (e fracasados) cantos de serea, aliarse con quen renega da Modernidade, coma os atuáis compañeiros de viaxe, é apostar por unha forma de altermundismo súmamente reacionaria.