Mostrando postagens com marcador Israel. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Israel. Mostrar todas as postagens

3 de mai. de 2009

30 de abr. de 2009

Xunto á tumba dun soldado


Unha rapaza israelí a carón da tumba dun soldado, no cemiterio militar do Monte Herzl (Xerusalén).

[Foto tirada do LATimes]

28 de abr. de 2009

Orgullo sionista

"Douche seis meses", díxome un parente cercano o día antes de que empaquetara a miña vida en dúas mochilas e as arrastrara a dúas mil millas de Gran Bretaña. Unha década despóis, aínda estou aquí e estou orgullosa de ser unha olah vatika (inmigrante veterana).

Mesmo dentro de Israel, o concepto de Aliá para o mesmo sionismo é con frecuencia algo extraño. Xóvenes israelíes en concreto non poden entender porqué algúen dun país evidentemente próspero, cunha cultura refinada e unha sociedade progresista, e que se atopa relativamente libre de terrorismo, escolla guindalo todo, abandoar á súa familia e amigos e mudarse a un país tan cheo de problemas internos e violencia.

A miña motivación pode ser resumida nunha palabra. Sionismo. Nas últimas décadas, "sionismo" convirteuse nunha palabra suxa. Utilizouse coma un nome insultante e despectivo para referirse ó conxunto do pobo xudeu, coma abreviatura do Estado de Israel no contexto do seu conflicto cos palestions, e mesmo coma un sinónimo dos asentamentos.

É hora de recuperar a palabra coma unha expresión de orgullo. O sionismo é o que conduciu e conducirá no pasado, presente e futuro  a xudeus arredor do mundo a dirixirse cara unha minúscula mancha de terra nunha rexión asolada pola guerra.

A súa necesidade de pertencer a Israel non é sempre apreciada pola súa poboación actual. Nun autobús abarrotado de Tel Aviv, cando protestei porque alguén puxera a súa axila en fronte da miña cara, dixéronme que me volvera a América. Os israelíes nativos rinse do meu acento británico, responden ó meu hebreo fluído cun pésimo inglés, pero sen embargo matarían polo meu pasaporte da Unión Europea.

Irónicamente, descubrín que a clase obreira israelí, acosada coma está polas dificultades económicas, é a que asemella máis comprensiva coa miña decisión. O seu orgulllo pola patria é real, alegre e implacable.

Israel é a onde pertenzo. Aquí é a onde pertencen xudeus, xa sexa porque vivan aquí, veñan de visita ou simplemente por unha conexión espiritual co lugar. É  a encarnación de centos de anos de aspiracións, a través dos progromos, a persecución e o xenocidio.

Non é que eu fora a vítima dun verdadeiro antisemitismo na miña vida en Gran Bretaña, pero sempre hai un omnipresente ruxe-ruxe. A miña sinagoga local en Manchester, coma a maioría, ten patrullas dunha compañía de seguridade privada nas festas importantes, e a miña escola xudía tiña un valado con arame de espiño. Aínda non hai nada semellante ó que afrontaron os meus bisavós do Leste, ou o que levou ós meus parentes austríacos cara as cámaras de gas en Auschwitz.

Eu ben podo ser un producto do meu entorno en Gran Bretaña (movementos xuvenís xudeus, educación xudía, fogar xudeu) e por iso hai tantas cousas que me molestan, asustan e apenan de Israel, coma é a súa incapacidade para conciliarse coa realidade dos nosos veciños palestinos, a súa caprichosa atitude cara a guerra e a intolerancia relixiosa de xudeus laicos e relixiosos por igual. Pero aquí estou eu.

Este é o meu décimo Yom HaZikaron e Ha´atzmaut coma israelí. Foi con frecuencia dificil, ás veces solitario, ás veces aterrador, pero nunca un motivo de arrepentimento.

Sempre estou na Praza Rabin para as sereas dos mortos, e para o baile da vida. Son unha sionista, e estou orgullosa. Este é o meu país e o amo. Aquí permanecerei.

Eu son sionista e estou orgullosa.

Un artigo de Sara Miller, editora do Ha´aretz, no Día da Independencia.

11 de abr. de 2009

Centenario

Esta semana a cosmopolita Tel Aviv cumpriu os seus cen primeiro anos. Abaixo, imaxes da celebración na Praza Rabin, tiradas do arquivo de Life.com.









8 de abr. de 2009

A condición de Siria

Walid al-Moallem, Ministro de Asuntos Exteriores sirio, declarou que, para que o seu Goberno retomara as negociacións de paz con Israel, como condición previa éste debería cederlle os Altos do Golán ata as fronteiras de antes de que Siria o atacara no 67.


Lieberman, pola súa banda, amosouse contrario a estas pretensións: "A paz só será a cambio da paz. (...) Non hai ningunha resolución respecto das negociacións con Siria, e xa dixemos que non estaremos dacordo con retirarnos dos Altos do Golán." (Ha´aretz)

2 de abr. de 2009

Palestino mata a machetazos a un adolescente xudeu

Shlomo Nativ


Este é o día a día que non che contará Miguel Anxo Murado. 

Esta tarde, un árabe que estaba traballando en Bat Ayim, ó sur de Israel, aprobeitou que se atopaba preto duns rapaces que non foran á escola (por estar en Purim) para emprendela a machetazos cos nenos. Ó descubrilo, intentaron abatilo, pero escapou.

Estas cousas pasan a miúdo, só que aquí non saen na prensa. O único medio que informou (son agora as 22:57 do xoves) foi Libertad Digital. A prensa progre, obviamente, non considera que os españois deban estar ó tanto destas cousas; isto racha os estereotipos que se queren presentar.

O neno israelí que morreu chamabase Shlomo Nativ, e tiña trece anos. Yair Gamliel, de sete anos, ficou malferido.

Cita oportunísimamente Simon a Gustavo Perednik:
Um milheiro de israelis têm sido assassinados desde setembro de 2.000, em restaurantes, em discotecas, em autobuses, disparados pela rua, acoitelados. O 90 % de eles eram civis, na sua maioria mulheres e crianças. Temos visto todos e cada um dos sepélios. Um por um. Acompanhamos perto de mil funerais, com os discursos, com mães que querem arrojar-se nas tumbas dos seus filhos, com as fotos de rapazes cujas vidas se viram truncadas pelo facto de serem israelis.

À minha esposa Rut, um dos centos de atentados sacudiu-na especialmente. Foi o 9 de Agosto de 2001 numa pizzeria do centro da nossa cidade, Jerusalém. Um terrorista entrou ao local com 10 kgs. De explossivos mesclados com cravos, parafusos e pernos, que fez detonar entre a gente, assassinando a umas vinte pessoas e ferindo a mais de cem. Entre os mortos achava-se a família Schijveschuurder, parentes de Rut. Os pais Zira e Mardoqueu morreram com três dos seus filhos, Raia de 14 anos, Abraham de 4 e Hemda de 2. Haia, a de 8 anos, sobreviveu ao ataque.

Menciono os nomes porque os meios espanhois nunca os mencionam. Na sua televisão amosam as imagens dum autobus feito pedaços e dos padioleiros, e a continuação o vídeo sobre o assassino. De ele sim transmitem o seu nome e dados. As vítimas não têm nome. A televisão espanhola relata a vida do terrorista, a causalidade da sua acção, e a continuação, as câmaras trasladam-se ao seu fogar, onde vemos como os familiares sacam os enseres antes de que a sua casa seja eventualmente derrubada. De eles compadecem-se.

1 de abr. de 2009

Declaracións de Netaniahu

Nunha entrevista en The Atlantic, o dende o martes novo Primeiro Ministro de Israel, Beniamin Netaniahu, declarou ó xornalista Jeffrey Goldberg que está decidido a impedir que Irán acade armamento nuclear. Cita Goldberg: "O presidente americano, dixo, debe deter a adquisición por parte de Irán de armamento nuclear (e rápidamente), ou un Israel en perigo pode que se vexa obrigado a atacar as instalacións nucleares iranís por si mesmo".


Sobre o novo presidente dos EUA: "O presidente Obama ten dúas grandes misións: arranxar a economía, e evitar que Irán acade armamento nuclear". Sobre este último punto sinalou: "A adquisición por Irán de armamento nuclear podería desencadear unha carreira armamentística no Oriente Próximo. O Oriente Próximo xa é incendiario dabondo, pero con armas nucleares tornaríase nun polvorín".

Sobre a cuestión territorial, recóllense as palabras do comandante en xefe Moshe Ya´alon:
"O erro da desconexión de Gaza foi que eles pensaron coma occidentais, que o compromiso difuminaría o problema, pero iso xusto avivou o problema. Os xihadistas viron a retirada coma unha derrota de Occidente... Agora, que lle estarás a decir se estás listo para dividir Xerusalén, ou se estás listo para retroceder ás liñas de 1967? Nesta clase de conflictos, a túa habilidade de defender e ser determinante é máis importante que a túa capacidade armada".

30 de mar. de 2009

Chantado no Medio

O xornalista Shmuel Rosner, colaborador habitual do Jerusalem Post, publica en The New Republic o artigo Stuck In The Middle no que especula sobre a incorporación do Partido Laborista ó goberno liderado polo Likud. Dende que Barak convencera ós delegados do seu partido, por un escaso marxe, para dar este paso, moito se ten escrito sobre os motivos que o levaron a unirse ao executivo encabezado por Netaniahu.


Rosner sostén a tese de que este xiro de Ehud Barak ten coma obxetivo reubicar ó Mapai no lugar que históricamente ocupou no espectro político israelí, a esquerda ou, a día de hoxe, a centro-esquerda, desprazando a Kadima:
"(...) O destino do Partido Laborista é a cuestión fundamental na comprensión do futuro da política israelí. Unha minoría significativa do Partido votou a semana pasada contra a decisión do lider Ehud Barak de unirse á coalición; eles querían que el seguira o exemplo do propio Netaniahu, que durante años agardou marxinado na oposición antes de regresar triunfalmente ó poder o mes pasado. O erro deste razonamento é que cando Netaniahu estaba na oposición, foi o líder da oposición. Barak non ten tal luxo, posto que Kadima xa tomara a decisión de permanecer na oposición, relegando a Barak a un papel secundario. Barak tiña que escoller entre ser o segundo ó mando na oposición, ou ser segundo ó mando na coalición; un dilema moi diferente ó que se enfrentou Netaniahu hai tres anos. (...)

Sen embargo, a reorganización que se iniciou co movemento de Sharon continúa ahora co turno de Barak. De súpeto, non está moi claro quén é o centro e quen é a esquerda. Conseguiu o Mapais, uníndose ó Likud, trasladarse á dereita, deixando a Kadima na esquerda, e ocupando o terreno ideal centrista que Sharon preverao para o seu partido? Neste caso, a xogada de Barak será considerada como unha das súas máis brillantes manobras políticas (nunha carreira chea delas), quizáis salvándose a si mesmo e ó seu partido ó mesmo tempo. Tanto Netaniahu coma Barak parecen asumir que Kadima (coa súa corta historia, lider relativamente inexperta, e cunha ideoloxía non detectable, distinguible) non sobrevirirá anos na oposición. Cando eles pensaron na idea de unir fuerzas, moito antes das últimas eleccións, parecía que ambos estaban agardando para deixar que Kadima se derrumbase e, a continuación, volver á época do Likud e do Laborista coma cabezas da xeraquía política de Israel."

27 de mar. de 2009

A orquestra de Xenín


Co obxetivo de fomentar o entendemento entre dous mundos antitéticos, a empresaria e mecenas Shari Arison (a súa ficha en Forbes) promoveu a celebración na cidade de Xolón dun concerto interpretado pola orquestra Cadeas da Liberdade, formada por mozos e mozas cisxordanos, para un pequeno grupo de sobrevivintes da Shoá. A parte negativa é que parece querer establecer unha simetría imposible, pero sobre iso correremos un tupido velo. Non son moitas as inciativas de entendemento que fructiferan, co que é preferible non poñerse escrupulosos.


Os rapaces, de entre 12 e 17 anos, veñen de Xenín. No imaxinario colectivo israeli, esta cidade é o epicentro da peor cara dos palestinos. Dende ela se promoveron moitos dos máis atroces actos terroristas que teña padecido a poboación civil israelí, posto que nela tiveron e teñen a súa base os comandos terroristas palestinos que, durante décadas, sementaron o terror nas rúas de Israel, ata que o Valado de Seguridade interrumpiu esta rutina sanguenta. Pola súa banda, por mor disto, para demasiados palestinos é un símbolo da "resistencia". Consecuentemente, a cidade foi tamén obxetivo dalgunhas das operacións militares máis contundentes que se teñan levado a cabo en territorio da Autonomía Palestina, entre as que destaca a célebre Batalla de Xenín (Ao igual que na recente operación en Gaza, tamén daquela se falara ó principio de "xenocido", "masacre" e demáis. Cando o espectáculo xa non daba máis de si, a prensa rematou por esquencelo, e acabouse por admitir coa boca pequena que, en realidade, non fora tan así).

Isto é, ten especial significación que foran xusto dese sitio. Á hora de comunicarse, os árabes só sabían árabe, e os israelíes hebreo e as linguas dos países onde naceran, co que só se podían entender coa música. Un dos rapaces, Qusai Samur, preguntaba en qué consitira o Holocausto, e a directora da orquestra, a árabe-israelí Wafaa Younis, declaraba: "Eu non creo nos políticos, só na música e nestes rapaces". Os instrumentos cos que conta a orquestra proceden de doazóns da Universidade Mormona de Xerusalén e do dramaturgo Dan Almagor, que cedeu os violíns. 

Paréceme importantísimo que medidas deste tipo se leven a cabo. É urxente que a mocidade palestina dispoña de outra saída que non sexa engrosar as bandas crimináis que por ahí axudan á consecucion dun Estado palestino coma Nos-UP contribúe á expansión do galeguismo. Mentres son xóvenes, hai que intentar afastalos do discurso do odio que domina totalmente a sociedade palestina, para que o día de mañá poidan prantar cara ó extremismo dende dentro; para ter interlocutores, primeiro haberá que formar ás novas xeracións nunha rutina diferente. E non perder nunca de vista que non se trata de escoller entre Israel e Palestina, senón qué Israel e qué Palestina. (New York Times e Gulf News)

26 de mar. de 2009

O principio do fin de Avodá?

Logo de que os delegados de Avodá permitiran a Barak acceder ó Goberno liderado por Netaniahu por só cento e pico votos de vantaxe, a división no que dende a independencia e durante décadas foi pilar fudamental do Estado é máis patente que nunca. Segundo informa o Yediot, parece ser que dende o Kadima estarían intentando captar a aquel seitor dos laboristas que se opuxo á inclusión no novo Goberno.


As motivacións de Barak por entrar na coalición son pasto de cometarios de todo tipo, dende os que ven un risco para o partido permanecer na oposición á sombra de Tzipi Livni ata os que sinalan a mera ambición persoal. Na miña opinión, anque esta última xustificación existira, non creo que fora o determinante. 

Os laboristas xa entraran nun goberno co Likud hai uns anos, no 2004, pero é que daquela non estaba Kadima polo medio.

Trinta anos de relacións entre Israel e Exipto

Begin, Jimmy Carter e Sadat, durante a celebración dos Acordos de Camp David do 1978. Imaxe: Commons.


Hoxe cúmprense trinta anos dende que se firmara en Washington o tratado de paz entre Israel e Exipto. Maila que impediu a reanudación das hostilidades, a relación entre ambos países non deixou de ser fria, sen perxuízo de acordos puntuais; Leonor Jauri cita en Guysen entre eles a colaboración no seitor agrícola, así coma a admisión de estudantes exipcios no sistema educativo israelí. Proba disto é que non hai programado no país ningunha conmemoración oficial. Pola súa banda, o embaixador exipcio en Tel Aviv, Yasser Rida, si está participando destas horas nunha acto ó respeito no Ministerio de Asuntos Exteriores en Xerusalén.

A importancia de Exipto coma interlocutor entre Israel e o mundo árabomusulmán é crecente, a pesar da humillación que para O Cairo supuxo a deslealdade de Hamás ó incumprir a tregua que axudaran a pactar, e sobre todo agora que Erdogan inhabilita a Turquía para esa función. Debemos estar atentos á evolución do país, especialmente agora que nos atopamos nos primeiros pasos do que podería ser a sucesión de Mubarak.

23 de mar. de 2009

Vals con Sísifo

Jonatan Yudelman expresa no seu artigo Walz with Sisyphus a súa opinión sobre a efectividade real  da hasbará. Segundo o seu xuízo, intentar explicar a situación de Israel en toda a súa complexidade é mesmo contraproducente:

(...) Fora de América, poucos países occidentais se identifican con Israel. Para eles, ser occidental é, ante todo, non ser acusado de infrinxir sufrimentos. Israel parte da repulsa de Occidente cara o sufrimento. Tal vez pensa por esta razón que coas súas bágoas se gaña a súa simpatía. De feito, elas alentan ós seus enemigos e confunde ós partidarios. A amarga verdade é que a hasbará non é en absoluto propaganda, senón unha necesidade moral particular da psique israelí. E a necesidade de Israel de ser coñecido, coas súas verrugas e todo, non convence ós occidentais da xustiza da súa causa. (...)

20 de mar. de 2009

Abusos e erros

O xornal Ha´aretz publicou o xoves e o venres unhas supostas declaracións de seis soldados das IDF, así coma un editorial e un artigo de opinión baixo a etiqueta de análise, nas que se pon en tela de xuízo a actuación do seu exército na recente operación militar Chumbo Fundido/Sólido. O xornal denuncia o comportamento das tropas durante dita ofensiva, ó tempo que despreza os mecanismos de autorregulación do exército coma inoperativos.


As declaracións están a levantar escándalo, e gustaríame aludir a elas en varios puntos:

1) Hai que diferenciar ataques intencionais de erros macabros, coma o que recolle o xornal:
"Había unha casa cunha familia dentro... puxémolos nunha habitación. Despóis deixamos a casa e outro pelotón entrou, e poucos días despois houbo unha orde de liberar á familia. Eles ubicaran francotiradores arriba. O comandante do pelotón deixou marchar á familia e díxolles que foran pola dereita. Unha nai e os seus dous fillos non entenderon e foron pola esquerda, pero esquencéronse de decirlle ó francotirador do tellado que eles os deixaran marchar, e estaba listo, e el debía abrir fogo e... fíxoo o que se supuña que tiña que facer, coma que estaba seguindo ordes".
A escena é atroz, máis non por iso deixa de ser un erro, por tráxicas que sexan as súas consecuencias. Durante unha guerra é habitual que acontecan  descoordinacións coma ésta, e non por iso houbo intención de ferir a persoas que non representaban unha ameaza para as tropas. De trece baixas israelíes durante a guerra, catro fórono por fogo amigo, e tampouco neste caso había intencionalidade á hora de matar soldados propios.

2) Outro dos supostos que relata é o caso dun imoble no que se entrou abatindo ós que se atopaban no interior conforme se avanzaban polas habitacións. Entendo que a imaxe é forte, pero cómo cren os xornalistas que se fai nunha guerra? Petas amablemente na porta e preguntas, se non é molestia, se hai terroristas islámicos dentro? Cando se vai a bombardar un edificio, avísase con tempo para desaloxar, cando se detectan civís nunha área, as operacións pospóñense na medida do posible, pero cando se entre nun edificio que é obxetivo militar non se lle da tempo ós enemigos a reaccionar. Entras e abátelos, así funcionan as cousas na guerra. Nesta, e en todas.

3) O vandalismo. Isto si que é preocupante. El País recolle que se destrozaron vivendas, fixeron pintadas xenófobas, e en xeral procedeuse a unha serie de accions humillantes para os propietarios dos inmobles. Eu son partidario de recurrir á violencia cando está xustificado, pero a crueldade, por definición, é sempre supérflua. Os oficiais a cargo dos pelotóns deberían estar atentos a que esta clase de feitos non se producisen nunca e, en caso de producirse, depurar responsabilidades.

4) A presenza crecente de relixiosos nas IDF. Esta información apareceu en varios medios, a xeito de explicación. Isto non é unha crítica; é un prexuízo. Non teño datos (dubido que os teñan os propios xornalistas) que avalen que que cada vez hai máis observantes entre os militares, pero en todo caso esa situación se debería a que os seitores do sionismo laico foron deixando de lado a tarefa da defensa nacional. Gustaríame saber se as clases media-altas, da esquerda á centro-dereita, seguen a mandar ós seus fillos a misións de perigosidade extrema, coma si acontece cos sionistas de dereitas, nomeadamente os sionistas da dereita relixiosa. E isto pódese enlazar co que pasou nas eleccións; á hora da verdade, a xente vota a quen si vai a dar a cara polo país. Se o sionismo laico e laborista caeu a onde está débese sobre todo á progresiva desvinculación desa xente co proxecto sionista, nomeadamente no campo da defensa. Por poñer un símil; se os membros dun partido político que defende o ensino público mandan logo ós seus fillos a escolas de pago, qué credibilidade esperan ter?

Creo que esta clase de investigacións internas tendentes a depurar responsabilidades son algo saudable e que deberan prosperar. Entendo que nunha guerra é imposible porse escrupulosos, pero se houbo accións de crueldade gratuíta, estas deberán identificarse, represaliar a quen as levou a cabo e a quen as autorizou, e tomar as medidas tendentes para que non se repita. 

Sei que a prensa e a sociedade europea lle-lo piden a Israel porque é Israel, e con ningún outro país do mundo se ían a molestar sequera en informarse. Seino de sobra. Pero a grandeza de Israel está en que non se move en función do que berremos os europeos, senón por criterios de racionabilidade. E para preservar esa altura moral, é necesario que se adopten as medidas de autorregulación pertinentes.

[Máis: entradas no blogue sobre Gaza; galería de fotos en Time (na sexta imaxe alude á escola que posteriormente a ONU admitiu que non fora bombardeada)]

16 de mar. de 2009

Likud e Israel Beitenu asinan un acordo de Goberno

Onte á noite Israel Beitenu asinou co Likud un acordo de Goberno, polo cal Avigdor Lieberman pasará a ostentar a carteiras de Asuntos Exteriores. Outros políticos do partido con responsabilidades ministeriais serán Yitzhaz Aharonovitch en Seguridade Nacional, Uzi Landu en Infraestructuras, Stas Meseznikov (tamén escrito Miseznikov) en Turismo, e Sofa Landver en Absorción de inmigrantes.


No campo do laicismo, o acordo contempla o recoñecemento do matrimonio civil para os cidadáns non xudeus. Asi mesmo, o texto é susceptible de ser revisado se finalmente Kadima aceita integrarse nun Goberno de unidade nacional. (Jerusalem Post)

14 de mar. de 2009

Seguen a lanzar cohetes dende Gaza

A rutina dos cohetes sobre Israel continúa. Por fortuna, o último dos qassam lanzados por Hamás non causou danos. Teremos que esperar a que Israel reaccione para que estas cousas volvan aos telexornais. 

19 de fev. de 2009

Será Bibi

Pensaba (léase "quería crer") que Tzipi Livni sería a vindeira Primeira Ministra, pero finalmente Avigdor Lieberman apoiará ó Likud para que forme goberno:

Far-right Israeli politician Avigdor Lieberman endorsed Benjamin Netanyahu for prime minister on Thursday, all but guaranteeing that Mr. Netanyahu will be the country's next leader. (WSJ)
Ao igual que o Avodá, a candidata do Kadima xa anunciou que o seu partido non formará parte del:
Hours before President Shimon Peres was expected to complete his consultations with party representatives and decide who to task with forming the next government, and after Israel Beiteinu chairman Avigdor Lieberman said his party would back Likud leader Binyamin Netanyahu, Kadima leader Tzipi Livni said that her party would not sit in a Likud-led government. (Jerusalem Post)
Hai dous motivos polos que se rexeita ese ingreso. O primeiro é táctico; no que toca ó seu mercado eleitoral, subordinarse ó Likud do que procede conduciría a este partido camiño do esmorecemento. Asi o expón de xeito lapidario Meir Sheetrit, actual Ministro de Interior, que en declaracións a Radio Israel afirmou que "se Kadima se une a un goberno coma este, baseado nestas directrices, Kadima será barrido do mapa político". 

Pola outra banda, o parlamentario tamén afirma que "Kadima pode ser a única alternativa ó reinado do Likud no futuro", e máis agora, coa debacle dos laboristas. Nesa liña se expresou Livni, que xa anunciou que seguiría defendendo a idea dos dous Estados dende a oposición:
"Kadima will continue to fight for its beliefs and its path - an agenda based on two states for two peoples, and one that also includes dealing with vital civilian issues.
A idea dun goberno de unidade, pois, queda ben lonxe do panorama actual.

Un menos

Maila consideralo unha persoa intelixente, dun tempo a esta parte a miña estima por Juan Goytisolo era xa decrecente, pero logo de ver coma retorce a realidade para comparar o incomparable, coido que xa é hora de deixalo de lado. Hai moito aínda que ler para entender, coma para perder o tempo con propaganda. Un menos.

12 de fev. de 2009

O alto prezo de Shalit

Mentres seguen as negociacións para formar o futuro goberno, a liberación de Gilad Shalit é un dos temas que máis preocupan á opinión pública. Se finalmente se confirma que a cifra de palestinos que se liberarían a cambio ronda o milleiro, dos 1.400 que pedía Hamás, viríamos a confirmar unha política que xa canxeou a Samir Kuntar, entre moitos outros, por un par de corpos sen vida.


Había que liberar a Shalit, pero non se estará pagando un prezo demasiado alto? Devolverlle a unha nai o seu fillo compensa reforzar a capacidade de chantaxe dos islamistas? 

[Máis: anteriormente no blogue, Shalit]

9 de fev. de 2009

Tu Bishvat

Hoxe é o día de aninovo dos árbores, o Tu Bishvat.

Trátase dunha festividade xudía das consideradas menores, na que se celebra a natureza, coincidindo coa chegada da floración. Coma conta a Wikipedia: "Neste dia, que normalmente acontece no mês de janeiro, come-se tradicionalmente frutas secas e planta-se mudas de árvores. Em Israel Tu Bishvat não é um feriado, mas a festa é comemorada com plantio de árvores por alunos de escolas, fala-se da importância da conservação das florestas, e normalmente é o fim do primeiro semestre nas escolas, onde se distribui os boletins semestrais."


Rapaza prantando unha árbore en Neot Keumim. Autoría: Emma Rooney.



Autoría: Ozmrcr.

En resumidas contas, é unha xornada para pasear e disfrutar da natureza (sobre todo, cando disfrutas dun tempo mellor tempo do que estamos a ter por aquí).

5 de fev. de 2009

A viga no ollo

Sobre a admisión a trámite pola Audiencia Nacional da querela contra militares israelíes, Abraham Foxman, o director da Liga Anti-Difamación, considerouna "hipócrita e de insulto cara o Estado de Israel. (...) Dado o vergoñento historial da súa propia xudicatura, España non está en posición de destacarse a si mesmo coma un exemplo sobre terror e lei. Sería mellor que trataran de abordar as súas maiúsculas deficiencias, no canto de empañar a independencia e alta responsabilidade da xudicatura de Israel." A modo de exemplo, lembrou a liberación de Eddin Barakat Yarkas, condeado por financiar os atentados do 11-S e "a paralización da investigación sobre os asasinatos de 100.000 cidadáns durante a dictadura de Franco." (ABC)