3 de mai. de 2009

Final

Este blogue toca hoxe ó seu fin. Con el vou a deixar de utilizar tamén o alcume Julicheiro, co que non volverei a usar ningunha das contas abertas con ese nome. Empezara a usalo hai unha chea de anos para comentar en Galiciaconfidencial. Logo tiven que rexistrarme en Blogger para poder deixar comentarios no blogue De paso, e unha vez aberta a conta, ocurríuseme empezar esta bitácora, que durante moitos meses nin nome tiña. Xa choveu. É hora de cambiar. As miñas simpatías non mudaron, pero esta identidade ficticia, e todo o que ela conleva, está esgotada, e actualmente resulta máis unha carga que unha oportunidade. Irei por outros vieiros, máis pausados e espero que máis productivos.

Agradezo ós leitores, esporádicos e habituáis, que se molestaran en lelo, e especialmente a quenes deixaron os seus comentarios, xa fora para concordar ou ben para retrucar. Os blogues existen porque hai quen os lea, co que son as persoas que se achegan por aquí quenes lle dan sentido a todo isto. Deshabilitei a posibilidade de deixar novos comentarios, pero deixarei a conta de correo aberta por se algúen quere comunicarse por esa vía. 

A aqueles cos que cheguei a a conxeniar, seguimos en contacto no correo e no chat. Ós que aínda non coñezo en persoa, espero que chegue pronto ese día. A todos, moitas grazas, e ata sempre.




Joaquín Sabina - Ruído



Franco Battiato - Bandiera bianca




23-11-2006 - 05-05-2009

Nenhum comentário: