Mostrando postagens com marcador cine. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador cine. Mostrar todas as postagens

8 de mar. de 2009

Vals con Bashir









Botei en falla unha escena, sequera unha pequena alusión, a porqué estaba alí o exército de Israel. Máis nada. Anque, ben mirado, é só un achegamento artístico, subxetivo, non un documental sobre as matanzas de Sabra e Xatila. A verdade é que me gustou.

Ari Folman, o director, contaba que "Cando presentei a película no Festival de Cannes, moita xente non sabía que os israelíes non dispararon directamente contra os palestinos en Xabra e Xatila". Típico: todos os israelíes que coñezo (e cando digo todos, quero decir abolutamente todos) teñen unha imaxe idealizada do coñecemento que en Europa temos do conflicto. Non, Ari, non. Aquí, a xente le El País, e ademáis pensa que é moderno.

15 de jan. de 2009

And the Oscar goes to...

... Ramón Arce for:

Están disparando contra persoal médico!



Rodado con poucos medios e aínda menos escrúpulos, o corto gaña un lugar de honra na categoría: "O que non che dan as armas que cho dea a CNN". Visto en Chuza! e máis en Menéame onde, claro, é verdade revelada. Neste último, sen embargo, hai un comentario intelixente, curiosamente con varios votos positivos:
Vamos a ver, un poquito de karma-suicide:

El vídeo es penoso. Aparte de dos personas, no se ve a nadie más. No se como a partir de ese vídeo se puede afirmar que han sido disparos de israelíes, ni siquiera si han sido disparados. Tan solo se escuchan lo que parecen ser disparos, justo en el momento en que se pierde completamente el cuadro. A partir de ese momento, ya no se ve nada más, hasta que vemos a un señor tendido en la camilla. Por no verse, ni siquiera se ve si la herida existe o no. (...)
Nestes momentos é cando paga a pena recuperar os clásicos:



(o documental dura 18 minutos e pode descargarse)


Nota: por algún motivo non están funcionando os enlaces. Deixo a continuación os mesmos para a súa consulta:
Nova en Chuza!: http://chuza.org/historia/israel-ataca-pessoal-medico-com-francotiradores-denuncia-cooperante-espanhol-em-gaza-video/

Nova en Menéame: http://meneame.net/story/cooperante-espanol-graba-como-disparado-medico-palestino-tropas-israel#comment-22 (e enlace ao comentario arriba citado)

Difusión do vixésimo sexto crime contra a Humanidade cometido por Israel nos últimos vinte minutos: http://palsolidarity.org/2009/01/4186

E a reseña da imprescindible Pallywood: http://es.wikipedia.org/wiki/Pallywood

27 de set. de 2008

Paul Newman

O actor en Exodus. Imaxe: Wikipedia Commons.

A realidade supera a ficción, máis o que non facer é emular o poder de atracción desta última. Sobre todo, cando se proxeta sobre pantalla de cine.

A escena é ilustrativa disto. A comenzos do verán, estabamos tomando unha cañas nunha terraza de Aranxuez varios israelíes e outros do Reino de España; todos xudeus, agás eu. Nun momento dado, algúen lembrou que uns días antes falecera o comandante da nave Éxodo, que levou a milleiro de xudeus á llixuv.
- Cómo? En serio? Pero se aínda o vin o outro día nunha entrega de premios! - dixo unha das israelíes.
- Non - explicoulle outro -, o actor que fixo del na película non. Morreu o de verdade.
- Ah, menos mal. Pensei que morrera Paul Newman.
A reación fíxonos graza, e seguro que llela faría tamén ao propio Newman, asemesmo xudeu. Acabase de facer público que non foi capaz de superar o cancro que padecía dende hai meses, co que xa nin o real nin o ficticio nos quedan. Non se me ocorre mellor homenaxe que ver o camiño cara a salvación que un emprendeu na realidade e outro recreou no cine. Descanse en paz.

27 de jul. de 2008

Primeiras impresións de "Oh, Xerusalen"

Onte á noite estiven vendo Oh, Xerusalén, a película sobre o nacemento do Estado de Israel basada na novela de Dominique Lapierre e Larry Collins, e tiven a mesma sensación que cando fun cunha amiga tolkieniana ata o extremo a ver O señor dos anéis; por bóa que sexa, voulle a estar sacando defectos todo o tempo. De todos modos, coma é lóxico, en pouco máis de hora e media, pouco che poden contar sobre un dos periodos máis convulsos do século pasado, os meses que precederon e seguiron á Partición de Palestina e á Declaración de Independencia de Israel. Con estas limitacións, é forzoso que se omitan feitos, ou que apenas se mencionen outros de gran relevancia.

A accion comenza en Nova Iorque, cando o mozo xudeu Bobby Goldman, coñece a un árabe de Xerusalén, Saïd Chahine, que se atopa estudando nos EUA. Toda a película xira en torno a estes dous amigos, obrigados polos acontecementos a loitar en bandos enfrontados. O telón de fondo dese encontro é un parte radiofónico no que informan do atentado no Hotel Rei David. A raíz dese encontro fórxase unha amizade que discurre paralela aos preparativos á Partición, ata que pouco antes de que se produza a votación ambos viaxan a Xerusalén.

Neste punto prodúcese o que, na miña opinión, mellor reflicte a película: a miserable inhibición das autoridades do Reino Unido. Eles sabían que era cuestión de semanas, de meses coma moito, que as tropas árabes botaran aos xudeus ao mar, e maila todo optaron por permanecer ao marxe, ao tempo que perseguían á inmigración xudía. Xente que viña dos campos.

Hai unha escea, logo da votación nas Nación Unidas, na que unha turba árabe percorre a cidade para expulsar dela aos xudeus, e ao chegar a un control con tropas coloniáis, un grupo de xudeus charlan distraídos ao outro lado, confiados en que lles impedirán continuár. Os soldados preguntan qué deben facer e o oficial ao cargo responde: deixádeos pasar. Dahí en diante, o Terror.

A película procura reflectir ruindades dun bando ou outro, se ben deixa en peor lugar, na miña opinión, aos sionistas que aos árabes. Se dos primeiros resalta a súa determinación e a abrumadora inferioridade numérica e militar, tanto no que a número de armas coma á nula formación militar da práctica totalidade dos combatentes (só as milicias paramilitare da Haganá e do Irgún constituían a excepción), tamén é nos feitos históricos que en peor lugar deixan ás tropas aínda irregulares de Israel nos que máis se ceba.

Por exemplo, nos aínda hoxe polémicos feitos de Deir Yassin reflicte con toda crudeza de detalles a versión árabe (matanza indiscriminada) e non a sionista (cruenta batalla contra tropas iraquíes destacadas no pobo, distorsionada pola propaganda árabe para animar aos seu a combatir, e que tivo o efeito contrario; moitos fuxiron); lean ambas e comparen. De feito, o malo malísimo da película é o lider do Irgún, frío e sádico (no bando árabe non hai persoaxes así), co que se aprobeita para trazar un antagonismo entre os bós, a Haganá, e os malos, o Irgún. Non é que non teña a miña opinión sobre cada milicia, pero o xeito no que os contrapoñen paréceme unha simplificación máis que forzada.

Asi mesmo, apenas se alude á constante violencia árabe contra os xudeus, que foi un dos factores a ter en conta á hora de decretar a Partición, e que se viña producindo dende moitos anos antes. Sen explicar feitos coma a matanza de Hebrón (case vinte anos atrás) a reivindicación da llixuv de contar con órganos de autogoberno e defensa case parece un capricho identitario, e non unha necesidade urxente de protecion. Pode que nisto sexa no que máis coxea a película.

A presenza entre os combatentes sionistas de supervivintes dos campos resúmese no persoaxe de Hadassah, que a través da súa truculenta historia deixa entrever os horrores dos campos. De todos modos, a traxedia do xudaísmo en Europa non é o tema desta película.

En conclusión, o resultado queda algo descompensado e escaso nalguns aspectos, pero en xustiza hai que admitir que a ambición de reflectir esos feitos históricos é tan desmesurada que resulta moi difícil amosar todo en tan pouco tempo. Así pois, é unha película que está ben, e mesmo llela recomendaría tanto a quen xa teña algo de idea sobre os acontecementos históricos coma a quén queira comenzar a telos, se ben xa digo que a idealización dos persoaxes, sobre todo no bando árabe, lle resta fidelidade histórica.



Trailer da película.

24 de nov. de 2007

As caras de Fagin (ao longo do tempo)

É interesante comprobar coma nas vintecatro versións cinematográficas que se fixeron de Oliver Twist, así coma nas incontábeis adaptacións teatráis, a fisonomía que se repite, polo menos nas que vin, sexa unha exaxeración dos rasgos mediterráneos dos xudeus sefardíes. Pola contra, Fagin era un asquenací, de orixe xermana, ben distinto da imaxe icónica que aceitamos sen discusión.

Conta Eisner no prólogo do comic do que falaba onte, que a causa do equívoco é que o ilustrador da primeira edición do libro caricaturizou os rasgos daqueles xudeus que lle eran familiares, os sefardíes, moito mellor situados económicamente que os hebreos procedentes do Este de Europa.

Con todos vostedes; eis as caras de Fagin:

Alec Guinnes, 1.948

Eric Porter, 1.985

Richard Dreyfuss, 1.997


Ben Kigsley, 2.005


Tod Key

Dave Eshelman


Peter Secher Schmidt


John Klise


Colm Feore

22 de nov. de 2007

1.921 - 2.007

Onte morreu o maior talento do cine español. Poden ler a súa biografía, filmografía e esta sentida necrolóxica de El Brujo.

16 de out. de 2007

De tranquilos e alborotadores

A gran diferenza entre a xudeofobia de extrema dereita e a de extrema esquerda é que esta última non é negacionista. A mágoa é que non negar a Solución Final non singnifica entender o que iso singnific(ou)a.

Que a extrema esquerda terxiversa a Shoah non é ningunha novidade. Faise, ademáis, dun modo noxento, empregandoa coma un arma arroxadiza contra os propios xudeus. Ademáis, banalízanna ata o extremo ao establecer paralelismos imposibles (ou comparala directamente; a estupidez humana é ilimitada) co conflicto árabe-israelí.

A falacia antisionista consiste en contrapoñer a dignidade dos xudeus asasinados a mans dos nazis cos que lograron escapar e culminar o sionismo. É lóxico; o xudeu bó e o xudeo morto. Máis se nalgún momento deciden organizarse políticamente con vistas a establecer un país de seu, anque sexa nunha rexión desértica que eles revitalizaron, a cousa xa non pinta tan ben. Mentres estean en minoría, e sexa doado controlalos non hai problema. Se vemos que comenzan a acumular demasiado poder xa adoptaremos as medidas pertinentes. O problema é cando reclamar o seu dereito á autodeterminación. Cando xa non están baixo a nosa bota.

Sobre a contraposición entres os bós xudeus que se convertiron en cinsa e os malos xudeus que seguen insistindo en vivir libres, hai unha serie que de seguro que fará as delicias da esquerda desnortada. Chámase Zero Degree Turn, está financiada polo Goberno iraní, e o argumento é o seguinte: nela relátase coma, durante a Segunda Guerra Mundial, a embaixada iraní en París colaborou na fuxida de xudeus cara Irán, empregando pasaportes falsos para sacalos de Francia. Sobre este fondo desenrólase unha historia de amor entre unha xudía francesa e un iraniano-palestino (oh, que casualidade!).



A parella e a familia dela logran escapar e asentarse en Irán, máis non todo é de cor de rosa. Un dos tíos da rapaza, lonxe de aprender a leción que os nazis quixeran ensinarse, compórtase dun xeito brutal e manipulador. Non aprendeu a leción (haberá que repetirlla de novo), porque no caso de tranquilizarse insiste en ser mala persoa. Este xa non é un xudeu , este é un sionista.

É a cadratura do círculo. E goza de bóa saúde.

3 de out. de 2007

Daniel Pearl

Anque pensaba que xa a quitaran da carteleira, onte tiven ocasión de ir a ver a película Un corazón invencible. Nela nárranse o intento infructuoso por rescatar a Daniel Pearl, xornalista secuestrado en Paquistán mentres investigaba as redes de organizacións terroristas de raigame islámica implantadas na rexión. Saber o final non fai a película menos interesante. Son as cuestións morais que na mesma se prantexan, por riba da historia persoal entre Daniel e a súa muller, en avanzado estado de embarazo no momento do secuestro, as que fan que pague a pena vela. O film xira en torno ao teimudo intento da súa muller, Marianne, por voltar a ver ao seu marido, así coma na dicotomía entre a situación do reducido elenco de occidentáis e os habitantes da cidade de Carachi, onde sucederon os feitos. Non só no nivel de vida, senón as repercusións en ambos campos. Despois de vela, comprobo de novo que vai a ser difícil que me deixen entrar no Club da Sagrada Esqueda, porque anque o xornalista fose un xudeu estadounidense (e neto de sionista, dise case ao final), a súa historia púxome un nudo na gorxa.

Seguramente, de ir ao cine con algún dos meus amigos puristas, me tería reprochado a miña debilidade moral, o deixarme emocionar cunha historia pagada con cartos ianquis para disimular cómo dominan o mundo. Seguro que terían un bó listado de motivos para non sentir mágoa por ese reporteiro do Wall Street Journal ao que, tras atraelo co cebo dunha entrevista falsa, mantiveron capturado durante semanas, ata que o executaron mentres o grababan cunha videocámara.

Se algo deixa claro a película é que, alí onde haxa miseria, os fanáticos atoparán adeptos. Só unha democratización eficaz deses países, e sobre todo a esperanza dun futuro onde xustiza non agarde á outra vida para ser impartida, evitará que cada vez máis xente escolla o camiño do fanatismo relixioso. Esta contextualización serve para encadrar os acontecementos, máis non pode levar a unha xustificación, nin a establecer paralelismos coma os que na película, por veces, se prantexan. Nesta liña, recomendo o acertadísimo artigo que o pai da vítima publicou co gallo da súa estrea nos Estados Unidos.

8 de ago. de 2007

Eminem Vs. Fellini

Sinto cara Fellini unha fascinación ilimitada. Pola contra, hai xa moito tempo que non escoito nada de hip hop. Quizáis foi ese contraste polo que me impresionou tanto esta mestura. As imaxes, da maxistral 8 e 1/2.

1 de jun. de 2007

Munich

Non hai moito, estiven vendo Munich. Como é sabido, a película de Steven Spelberg relata a operación segreda dos servizos de intelixencia israelís, que tiña por obxeto executar ós autores da matanza, nas Olimpiadas de Munich do 1973, de once atletas israelís. Os asasinatos foran cometidos por un comando de Septembro Negro que se colou na Vila Olímpica. Ós erros na seguridade da mesma, uníuselle unha chapuceira operación de rescate improvisada polas forzas de seguridade alemanas no aeroporto da cidade, no transcurso da cal morreron os atletas que non foran abatidos nas instalacións olímpicas. Despois da matanza, nunha decisión difícilmente explicable, o mesmo país que apenas vinte anos atrás masacrara a seis millóns de xudeos, decidiu que o acontecido non era motivo dabondo coma para suspender as Olimpiadas.

A película narra a historia dun heteroxéneo grupo ó cal se lle encomenda a vinganza. Ó longo do seu periplo polo mundo, na súa busca dos autores da matanza, van descubrindo a outra cara dos autores da mesma. Atópanse na tesitura de ter que matar as persoas ás que estan acostumados a ver coma terroristas, no seu contexto familiar, en circunstancias que os levan, en máis dunha ocasión, a dubidar da moralidade da súa misión. Conforme avanza a operación, as dúbidas medran no seo do grupo. Ó mesmo tempo, comenzan a sentirse cercados. Para quen non vira a película, prefiro non entrar en detalles.

Hai unha escea pola que xa paga a pena ver a película. No transcurso da súa operación, recalan nun piso franco nunha cidade árabe (creo que Estambul, agora non estou seguro), o cal xa estaba alugado a outro comando árabe, que non sabe a identidade dos primeiros. Un dos árabes e o lider do grupo israelí, Avner, saen, cando xa é de noite, a fumar ás escaleiras. Coma quen non quere a cousa, este último saca o tema da guerra eterna contra Israel. Intenta convencer ó palestino de que teñen milleiros de sitios nos que vivir, mentres que os xudeos só contan co terreo no que se asenta Israel. En calquera outro lado serán extranxeiros, por moito tempo que pasen. O palestino enfurécese, o israelí deixa o tema, todo queda en calma. Dous homes fumando nunha escaleira non é nada doutro mundo. Polas circunstancias de cada un, ese encontro casual tornase noutra cousa. Máis alá da loita que os enfronta, da súa etnia ou relixión, só son dous tipos fumando, nada máis. A escena é fermosa toda ela, cargada de contido, maila súa sinxeleza.

Se algo queda despois de ver Munich é un pouso de senrazón ó redor deste conflicto. Os intereses non son tan diferentes, ambos queren ter un país de seu, e no canto de comparti-lo terreo, levan máis de sesenta anos na tarefa imposible de intentar que o outro desista antes. Queda, tamén, unha sensación de rexeitamento cara os tan tristemente famosos asesinatos selectivos. E, incluso máis que por calquera consideración ética, que tamén, polo simple feito de que son contraproducentes. É apaga-lo lume con gasolina.

Por moito que xa o supesemos, ó ver nunha trama tan ben recreada as consecuencias que provoca esa moi criticable política do Goberno israelí, non queda se non opoñerse a ela con índa máis claridade. Non é doado decirlle ós familiares dos falecidos nos frecuentes atentados terroristas que, dende sempre, sacuden Israel, que o Goberno non vai a tomar medidas contra os asasinos do seu fillo, muller, pai,… Pero, por incomprensible e doloroso que sexa para eles, o Goberno debería deixar de promover unha medida que, a cambio de satisfacer temporalmente á opinión pública, contribúe gravemente a enconar o conflicto.

Máis alá da media hora do final que lle sobran a tódalas películas de Spilberg, Munich é unha obra honesta, que supón unha oportunidade inmellorable de coñece-los entresixos do conflicto árabe-israelí dende os ollos dalgúns dos seus máis directos implicados.

8 de fev. de 2007

Historias de Nova Iorque (II)

A segunda das historias de Nova Iorque das que falei nunha ocasión é unha estomagante, cursi, e fantasiosa recreación da vida dunha nena rica. O peor da película colectiva, e o peor de todo canto teño visto de Coppola. Vale, iso sí, como documental da vida da clase alta (altísima!) neoiorquina. Unha fábula capitalista.

3 de fev. de 2007

Historias de Nova Iorque (I)

Cantas veces vendo unha película non acabamos coa sensación de que, en dúas horas de metraxe, non se nos contou nada, ben porque non había qué contar, ou porque non souberon transmitilo? Cantas veces non teremos perdido o tempo vendo cine pouco aproveitable, que non é quén de facernos saír da sala, ou encende-las luces da habitación, coa sensación de ter removido algo en nós?

Pensabao o outro día cando volvín a ver, despois de moitos anos, unha pequena xoia que empequenece índa máis ese cine valdeiro que tanto satura as carteleiras. Foi a fináis dos oitenta cando tres directores neoiorquinos se puxeron dacordo para crear unha homenaxe conxunta á súa cidade. Martin Scorsese, Francis Ford Coppola e Woody Allen rodaron cada un unha historia, de preto de media hora cada unha, na que a cidade de Nova Iorque era, xa non só o nexo común, senón unha persoaxe máis de cada historia.

Delas, a miña favorita, entón coma agora, é a historia rodada por Martin Scorsese, e interpretada por Nick Nolte e Rosanna Arquette. Nela contase a historia de obsesión entre un pintor desequilibrado e excesivo e a súa aprendiz e amante. A historia comenza co retorno da rapaza dunha escapada a Florida; cando a recolle no aeroporto, ela confésalle que en realidade se fora con outro home, pero iso ó pintor non lle importa. El é feliz co obxeto do seu desexo, sen importarlle o que ela sinta ou deixe de sentir. Ela é invisible para el, pero non o seu corpo. A xoven aprendiz de pintora está desanimada e quere abandoa-la cidade, pero el convéncea para que non o faga. Finalmente, ela acepta volver a convivir con el no seu estudio, pero co compromiso de non volver acostarse con el.

O nudo do argumento é o evoluir desa relacción posesiva, valéndose da cal Scorsese vai desgranando con absoluta mestría, no pouco tempo do que dispon, a as neuras do pintor, as esperanzas da rapaza, e a clase social neoiorquina na que se move a “parella”. Un resultado perfecto para unha mediametraxe que pon en evidencia a hipótese de que fai falta moito tempo para contar ben unha historia. Hitchcok decía que el non gastaba metraxe nun plano que non engadía nada á película, e ese postulado de economía artística era tan válido no momento en que foi dito coma o segue a ser agora.