29 de jul. de 2008

Medran os apoios a Livni

O círculo de confianza de Ariel Sharon xa se decantou por apoiar a Tzipi Livni nas primarias do Kadima:

The advisers who comprised former prime minister Ariel Sharon's inner
circle have now joined the camp of Foreign Minister Tzipi Livni as she prepares
to vy for the premiershipin the upcoming Kadima Party primary, scheduled for
September.
(Ha´aretz)
Por se había algunha dúbida de quén leva os pantalóns no partido, a Ministra de Asuntos Exteriores deixou de novo clara a súa opinión sobre a candidatura de Olmert:

"If the prime minister runs in the primary, I'll beat him, too," Livni
said in the interview, adding: "
It seems unlikely that he will be a
candidate, but that is his decision to make. I have already made mine
."

28 de jul. de 2008

Cales son os países que máis aplican a pena de morte?

Ademáis de descubrir que o contintente americano estaría libre da pena capital se non se aplicara nos EUA, e que Bielorrusia é o único país europeo en manter esa sanción, o último informe anual da asociación Que ningúen toque a Caín, encamiñada a conseguir a abolición da pena de morte, amosa outros datos que non por agardados son menos terribles. Segundo os datos presentados pola deputada italiana e redactora do informe Elisabetta Zamparutti:

Os países mantedores da pena de morte son agora 49, eran 51 en 2006 e
54 en 2005. Maila iso, aumentou o número de execucións a escala mundial,
pasando de 5.494 en 2005, a 5.635 en 2006 e a non menos de 5.851 en 2007. A causa deste significativo incremento débese en especial á escalada das execucións en Irán -onde aumentaron nun terzo- e en Arabia Saudí, onde se cuadruplicaron. (...)

Dos 49 países mantedores da sentenza capital, 39 teñen gobernos dictatoriais, autoritarios ou iliberais, nos que se cometeron polo menos 5.798 execucións, equivalentes ao 99% do total mundial. Sobre o terrible podio dos grandes executores figuran tres de éstos países: China, Irán e Arabia Saudí. (San Antonio Newspaper)


Estas son as cifras oficiáis, máis hai que ter en conta que determinados Estados ocultan as estadísticas reáis dos executados, co que é posible que o número definitivo sexa maior.

27 de jul. de 2008

Primeiras impresións de "Oh, Xerusalen"

Onte á noite estiven vendo Oh, Xerusalén, a película sobre o nacemento do Estado de Israel basada na novela de Dominique Lapierre e Larry Collins, e tiven a mesma sensación que cando fun cunha amiga tolkieniana ata o extremo a ver O señor dos anéis; por bóa que sexa, voulle a estar sacando defectos todo o tempo. De todos modos, coma é lóxico, en pouco máis de hora e media, pouco che poden contar sobre un dos periodos máis convulsos do século pasado, os meses que precederon e seguiron á Partición de Palestina e á Declaración de Independencia de Israel. Con estas limitacións, é forzoso que se omitan feitos, ou que apenas se mencionen outros de gran relevancia.

A accion comenza en Nova Iorque, cando o mozo xudeu Bobby Goldman, coñece a un árabe de Xerusalén, Saïd Chahine, que se atopa estudando nos EUA. Toda a película xira en torno a estes dous amigos, obrigados polos acontecementos a loitar en bandos enfrontados. O telón de fondo dese encontro é un parte radiofónico no que informan do atentado no Hotel Rei David. A raíz dese encontro fórxase unha amizade que discurre paralela aos preparativos á Partición, ata que pouco antes de que se produza a votación ambos viaxan a Xerusalén.

Neste punto prodúcese o que, na miña opinión, mellor reflicte a película: a miserable inhibición das autoridades do Reino Unido. Eles sabían que era cuestión de semanas, de meses coma moito, que as tropas árabes botaran aos xudeus ao mar, e maila todo optaron por permanecer ao marxe, ao tempo que perseguían á inmigración xudía. Xente que viña dos campos.

Hai unha escea, logo da votación nas Nación Unidas, na que unha turba árabe percorre a cidade para expulsar dela aos xudeus, e ao chegar a un control con tropas coloniáis, un grupo de xudeus charlan distraídos ao outro lado, confiados en que lles impedirán continuár. Os soldados preguntan qué deben facer e o oficial ao cargo responde: deixádeos pasar. Dahí en diante, o Terror.

A película procura reflectir ruindades dun bando ou outro, se ben deixa en peor lugar, na miña opinión, aos sionistas que aos árabes. Se dos primeiros resalta a súa determinación e a abrumadora inferioridade numérica e militar, tanto no que a número de armas coma á nula formación militar da práctica totalidade dos combatentes (só as milicias paramilitare da Haganá e do Irgún constituían a excepción), tamén é nos feitos históricos que en peor lugar deixan ás tropas aínda irregulares de Israel nos que máis se ceba.

Por exemplo, nos aínda hoxe polémicos feitos de Deir Yassin reflicte con toda crudeza de detalles a versión árabe (matanza indiscriminada) e non a sionista (cruenta batalla contra tropas iraquíes destacadas no pobo, distorsionada pola propaganda árabe para animar aos seu a combatir, e que tivo o efeito contrario; moitos fuxiron); lean ambas e comparen. De feito, o malo malísimo da película é o lider do Irgún, frío e sádico (no bando árabe non hai persoaxes así), co que se aprobeita para trazar un antagonismo entre os bós, a Haganá, e os malos, o Irgún. Non é que non teña a miña opinión sobre cada milicia, pero o xeito no que os contrapoñen paréceme unha simplificación máis que forzada.

Asi mesmo, apenas se alude á constante violencia árabe contra os xudeus, que foi un dos factores a ter en conta á hora de decretar a Partición, e que se viña producindo dende moitos anos antes. Sen explicar feitos coma a matanza de Hebrón (case vinte anos atrás) a reivindicación da llixuv de contar con órganos de autogoberno e defensa case parece un capricho identitario, e non unha necesidade urxente de protecion. Pode que nisto sexa no que máis coxea a película.

A presenza entre os combatentes sionistas de supervivintes dos campos resúmese no persoaxe de Hadassah, que a través da súa truculenta historia deixa entrever os horrores dos campos. De todos modos, a traxedia do xudaísmo en Europa non é o tema desta película.

En conclusión, o resultado queda algo descompensado e escaso nalguns aspectos, pero en xustiza hai que admitir que a ambición de reflectir esos feitos históricos é tan desmesurada que resulta moi difícil amosar todo en tan pouco tempo. Así pois, é unha película que está ben, e mesmo llela recomendaría tanto a quen xa teña algo de idea sobre os acontecementos históricos coma a quén queira comenzar a telos, se ben xa digo que a idealización dos persoaxes, sobre todo no bando árabe, lle resta fidelidade histórica.



Trailer da película.

25 de jul. de 2008

Vivimos no s.XVIII

Hai unhas horas, en Compostela, o alcalde Sánchez Bugallo (PSdG-PSOE), "pide pola crise económica na Ofrenda ao Apóstolo". Na mesma petición, nunha mostra dese realismo máxico que tanto encandila aos turistas que visitan este País, o delegado rexio aprobeitou a súa ofrenda no templo católico para apostar "pola neutralidade relixiosa do Estado". (Ver vídeo).

23 de jul. de 2008

Sistema de partidos de Israel

Para quen queira facerse unha idea básica da maraña de partidos políticos de Israel, aconséllolle que se descargue este arquivo en pdf (36 páxinas). Trátase dun estudo feito por un estudante de Ciencias Políticas da USC, que consegue resumir en poucas páxinas a orixe e evolución das organizacións políticas máis significativas. Resulta moi útil para obter unha panorámica do sistema político do Estado mediterráneo, así coma para entender a enrevesada cultura pactista que o caracteriza. Para facerse unha idea de ata qué punto é necesario contar cunha guía que nos oriente, abonda con sinalar que o Partido dos Xubilados tivo unha escisión hai uns meses ...

Se algúen ten problemas para obtelo na ligazón (hai que estar rexistrado para descargalo), pode solicitalo enviando un correo á dirección indicada na barra lateral e o recibirá na súa conta. Pola brevidade do texto e a información que aporta, recoméndollo a calquera que estea interesado na Historia de Israel e no conflicto árabe-israelí.

Un goberno de unidade para Israel?

A Ministra de Asuntos Exteriores israelí e candidata ao liderazgo do Kadima, Tzipi Livni, acaba de lanzar un órdago que pode supoñer un auténtico revulsivo na política do seu país. Livni declarou o pasado martes que, se gaña as primarias no seu partido, fará un chamamento a Netaniahu e a Barak para formar un goberno de unidade xunto cos laboristas e o Likud.

A idea é formar unha gran coalición entre as tres grandes forzas políticas israelíes, na liña da gran coalición entre socialdemócratas e democristianos en Alemaña. Con esta medida Livni intentaría superar a crise institucional e a falta de credibilidade na clase política que atravesa o país dende a Guerra do Líbano, e máis en concreto, dende o varapau que para o Goberno de Olmert supuxo o informe da Comisión Winograd.

Nas mesmas declaracións, a candidata fixo valer os seus méritos na súa labor diplomática, fronte ás acusacións de non ser quén de traballar baixo presión, ou pola súa suposta pertenza ao Mossad no pasado:

My life story is open to everyone, including my political and security experience. In recent years I was a partner in the government to reaching significant political and security decisions, including Resolution 1701, and I wish to be judged on the basis of those decisions (Ha´aretz)

21 de jul. de 2008

Información versus propaganda

É a nova do día: o vídeo que amosa a un soldado israelí disparando unha pelota de goma no pe dun mozo palestino atado de mans e cos ollos tapados. É unha vulneración clara dos dereitos dun detido, sexa quén fora o autor ou a vítima. O soldado que cometeu a agresión, coma en calquera país democrático que se prece, xa foi detido e será xulgado polo seu abuso.

Antes de seguir, aclarar que son favorable á campaña de distribución de cámaras da ONG Bet Selem. Coido que é necesario que, cando se producen abusos por parte das IDF, éstes sexan recollidos. Maila que darlle cámaras aos palestinos é arriscarche a que che monte un (outro) Pallywood, coma é habitual, se en ocasións serven para recoller estos feitos indesexables e lograr probalos en xuízo, terán un efecto positivo. Dixen e manteño que en ocasións é necesario recurrir á violencia, máis que a crueldade é por definición rexeitable, e a acción deste soldado do Tsahal entra de cheo no terreo do reprobable.

Acontece coa laboura das ONG israelíes, coma de xornáis que leo e me gustan coma o Ha´aretz, que recollen e tratan temas duros cunha tónica hipercrítica co Estado porque parten da base de que todo o mundo ten un coñecemento real da situación. Cando un israelí le as críticas furibundas que se recollen nese ou noutros xornáis contra o seu Goberno, xa está afeito ao terrorismo palestino, o islamismo sirio-iraní, ou a podredume da ANP, por poñer tres casos. Son autocríticos pero ao mesmo tempo son plenamente conscientes de que a maior parte da responsabilidade está no bando árabe. Pola contra, cando os medios de comunicacións ocidentáis recollen esta clase de feitos tenden a descontextualizalos para amosalos coma a proba definitiva da maldade sionista. Xa non é unha atitude criminal no marco dunha guerra, senón, coma apuntaba un compañeiro de fatigas hai unhas horas, unha instrumento para deslexitimar a todo o exército e, indirectamente, ao conxunto das institucións dun Estado que, non convén esquencelo, segue estando moi por riba de calquera dos seus veciños.

En todos os titulares que lín sobre o tema se omiten dous datos cruciáis: por unha banda, o disparo efectuóuse cunha pelota de goma, coma as que empregan os antidisturbios na miña cidade, ou en calquera outra de Europa cando teñen que disolver unha manifestación violenta. Por outra, que se lle disparou no pe, e non no tronco nin na cabeza. O resultado é a magulladura que a vítima ensina nesta fotografía do Yedioth Ahronot:

Pola contra, calquera que lera os titulares da prensa española levaría a impresión de que o home rematou moito peor do que se ve na imaxe. Sen ir máis lonxe, no da Cadena Ser (Vía Chuza!): "Una ONG revela un vídeo en el que un soldado israelí dispara a bocajarro a un palestino".

A verdade espída é que, mentres se disolvía unha manifestación, un soldado cometeu un abuso inaceitable. Coma é normal na democracia israelí, o soldado xa foi detido e será xulgado polo que fixo. O que aconteceu non foi moi diferente a cousas que, por degraza, non ocurriran xa antes en calquera democracia europea. É un abuso das forzas e corpos de seguridade, máis non o delito de lesa humanidade que están a presentar os medios.

Mentres tanto, a reacción da sociedade israelí foi de vergoña e condea. Se o soldado fora de Hizbolá ou de Hamás, xa lle terían posto o seu nome a unha escola. Mal que lles pese aos nosos nazis, a un extremo ou outro do espectro ideolóxico, hai unha diferencia sustancial entre a sociedade (e o Estado) que condea a quén actúa cunha violencia inxustificada e quenes celebran con entusismo o sadismo máis extremo.

Eu entendo que un xornal é unha empresa, e que polo tanto viven de vender noticias. Entendo tamén que, nese comercio, hai que ofrecerlle ao público o que éste demanda. Máis aínda sabendo todo isto, a tabloidización da nosa prensa é un fenómeno ao que non consigo habituarme.

Onde queda, en casos coma éste, a ética profesional que se lle supón aos xornalistas?

18 de jul. de 2008

O heroi

Hizbolá e a súa base social reciben coma un heroi ao home que lle rebentou a cabeza a unha nena de catro anos:

Samir Kuntar, one of five Lebanese prisoners released by Israel as part of an exchange deal with Hezbollah, has said he had no regrets over his imprisonment in 1979 for the murder of three Israelis. (...)

Kuntar was convicted and sentenced to five life terms for killing a police officer, a civilian and a four-year-old child in a raid in the northern Israeli town of Nahariya.

But on Thursday he told the crowds that came out to welcome to his home town: "I haven't for even one day regretted what I did.

"On the contrary I remain committed to my political convictions," Kuntar said.

"I feel enormous joy because I have returned to the ranks of the resistance and to my family."

Kuntar's family says that he did not commit any of the murders and that the victims were killed in crossfire during a shootout with Israeli security forces trying to apprehend Kuntar and other members of his group. (Al Jazeera)

17 de jul. de 2008

A besta sae libre

Agora que os corpos de Eldad Reguev e Ehud Goldwasser están xa en mans das súas familias, paga a pena ver o video que a Oficina do Primeiro Ministro fixo sobre o terrorista Samir Kuntar (aquí, subtitulado en castelán) para facerse unha idea da calaña coa que ten que lidiar Israel para garantir a supervivencia.

Onte tiven un duro debate sobre a oportunidade de liberar a bestas coma Samir, pero a obriga moral de devolverlles os corpos as familias fai que haxa que adoptar escollas coma esta. Malas, ao meu ver.



[Máis: reportaxe de Yedioth Ahronot sobre o intercambio de prisioneiros; No tengo palabras, pero tampoco tengo dudas, no blogue Desnuda ante un espejo; Sobre el intercambio, en Oriente Miedo, cunha atinada reflexión sobre a lexitimización que esta práctica reporta aos grupos terroristas]

11 de jul. de 2008

Aberto por reformas

Cun lavado de cara moi necesario, retomo a andaina do blogue. Desta volta, coa curtametraxe Strangers, rodada en Haifa. Que o disfruten.