Mostrando postagens com marcador Irán. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Irán. Mostrar todas as postagens

26 de abr. de 2009

Interrumpir no camiño

O xornal exipcio El Aosbora informou de que a semana pasada un cargueiro iraní que transportaba armanento cara Gaza foi torpedeado no Mar Vermello, en fronte da costa de Sudán. Un barco de guerra non identificado disparou sobre o mesmo antes de que puidera atracar, segundo advertiu unha fonte anónima. Polo pronto, o Goberno israelí nin afirma nin desminte a información, anque o exército dos EUA ó parecer deixou entrever que na operación estiveran involucrada a Forza Aérea de Israel.


Esta operación, xunto coa eliminación en Sudán hai unhas semanas dun convoi con armamento e o mesmo destino (se ben a prensa recolle que houbo outras dúas operacións das que non trascenderon noticias), e a detención en febreiro, por parte das autoridades chipriotas, doutro barco iraní (que transportaba tanques T-72, morteiros, etc) con destino Siria, formarían parte dunha estrataxema destinada a interceptar dito armamento antes de que sexa suministrado a Hesbulá no Líbano e a Hamás en Gaza. Singularmente neste último caso, é preferible actuar antes de que os arsenais se atopen dentro da Faixa, espallados entre poboación civil, para evitar o coste humano que unha operación dese calibre, coma a recente Chumbo Fundido, acaba acarrexando.

1 de abr. de 2009

Declaracións de Netaniahu

Nunha entrevista en The Atlantic, o dende o martes novo Primeiro Ministro de Israel, Beniamin Netaniahu, declarou ó xornalista Jeffrey Goldberg que está decidido a impedir que Irán acade armamento nuclear. Cita Goldberg: "O presidente americano, dixo, debe deter a adquisición por parte de Irán de armamento nuclear (e rápidamente), ou un Israel en perigo pode que se vexa obrigado a atacar as instalacións nucleares iranís por si mesmo".


Sobre o novo presidente dos EUA: "O presidente Obama ten dúas grandes misións: arranxar a economía, e evitar que Irán acade armamento nuclear". Sobre este último punto sinalou: "A adquisición por Irán de armamento nuclear podería desencadear unha carreira armamentística no Oriente Próximo. O Oriente Próximo xa é incendiario dabondo, pero con armas nucleares tornaríase nun polvorín".

Sobre a cuestión territorial, recóllense as palabras do comandante en xefe Moshe Ya´alon:
"O erro da desconexión de Gaza foi que eles pensaron coma occidentais, que o compromiso difuminaría o problema, pero iso xusto avivou o problema. Os xihadistas viron a retirada coma unha derrota de Occidente... Agora, que lle estarás a decir se estás listo para dividir Xerusalén, ou se estás listo para retroceder ás liñas de 1967? Nesta clase de conflictos, a túa habilidade de defender e ser determinante é máis importante que a túa capacidade armada".

18 de mar. de 2009

Os xudeus de Irán e Roger Cohen

Selo da República Islámica de Irán, emitido no 1991 en conmemoración do Día do Neno.


Roger Cohen, xornalista do New York Times, viaxou recentemente ata Irán co obxetivo de narrar a situación do país. As súas impresións foron plasmadas nunha serie de nove artigos, dos cales o titulado What´s Iran´s Jews said causou unha aguda reacción na comunidade xudeo-iraní de Los Angeles, así coma en medios israelíes.

O artigo de Cohen mantén a tese de que a comunidade xudía iraní, que minorou de 100.000 a 25.000 persoas nas últimas seis décadas, recibe un trato correcto no país dos aiatolás. Baséase, para chegar a esa conclusión, en datos tales coma a declaración dun tendeiro que afirmou que nunca tivera problemas, e en que había un cartaz nunha sinagoga felicitando o trixésimo aniversario da Revolución. O xornalista londinense admite que existe violencia, pero culpa diso a Israel, ao tempo que disculpa a retórica do réxime iraní coma unha forma de chamar a atención sobre as inxustizas cometidas por Israel:
Eu sei que, se moitos xudeus deixan Irán, é por unha razón. A hostilidade existe. A acusación de espiar para Israel contra un gurpo de xudeus de Shiraz no 1999 amosou o peor do rexime. Os xudeus elixen un representante no Parlamento, pero pode votar por un musulmán se o prefire. Un musulmán, sen embargo, non pode votar por un xudeu.

Pregunteille a Morris Motamed, un xudeu membro do Majlis, se sinte que foi utilizado, un traidor iraní [Nota: o orixinal di "I asked Morris Motamed, once the Jewish member of the Majlis, if he felt he was used, an Iranian quisling"]. "Eu non", respondeu. "De feito eu sinto (que hai) unha profunda tolerancia cara os xudeus". El dixo que os cantos de "Morte a Israel" lle molestaron, pero pasou a criticar o "dobre raseiro" que permite a Israel, Paquistán e India ter a bomba nuclear, pero non a Irán.

Os dobres raseiros non serven máis; o Oriente Medio volviuse demasiado sofisticado. Un xeito de ver as diatribas difamatorias de Irán contra Israel é o dunha provocación para chamar a atención da xente sobre a bomba de Israel, os seus corenta e un anos de ocupación de Cisxordania, a súa negación de Hamás, o seu repetitivo uso dunha forza desproporcionada. A linguaxe iraní pode ser ruín, pero unha paz en Oriente Medio (e o compromiso de Teherán) terá que ter en conta estos puntos.

Na imaxe, rapazas agardando en Teherán para emigrar a Eretz Israel, xaneiro de 1943. 


Este artigo incomodou á nutrida comunidade xudeo-iraní de Los Angeles, composta por 30.000 membros, maior por tanto á que hai no propio país. En palabras de Sam Yebri, fundador de Los Angeles Trinta anos despois, un grupo de xóvenes activistas: "Non houbo outro artigo ou editorial que teña creado semellante reacción entre os xudeus iranís de tódalas orixes e grupos de idade. (...) Foi un shock, porque Cohen está usando a súa percepción para pintar de cor de rosa o réxime de Teherán. (...) Eu sei de xudeus iranís que viven en Irán e viven con medo. Non viven nun entorno no que poidan falar con franqueza con Roger Cohen.

Continúa Yebri: "A verdade do acontecido é que dende 1979, o Goberno de Irán ven usando a presenza de xudeus vivindo nese país coma a mellor ferramenta propagandística para supostamente presentarse a si mesmos coma un facho de luz no oeste."

No artigo no que se recollen estas declaracións, Cohen Bombs vs. Real Boms, o seu autor, Rob Eshman declara:
"Moitas destas persoas tiveron experiencias de primeira man coa intimidación, a opresión, confiscación da propiedade e aleatorios confinamentos en prisión que acosaron á comnidade xudía en Irán dende o ascenso dos mulás. E a maioría ten amigos e familiares que permanecen alá e contan historias moi diferentes do que Cohen viu."
Paga a pena ler íntegros ambos artigos, e persoalmente gustoume a atinada réplica do señor Eshman.

Logo da reacción, o xornalista aceitou acudir a un debate no Templo Sinaí, moderado polo rabino David Wolpe, para explicarse diante de dita comunidade. O encontro está dispoñible en video e pode atoparse aquí.

17 de mar. de 2009

Hatami retirase da carreira electoral iraní

Tal e coma a prensa adiantaba onte, finalmente Mohamed Hatami anunciou a retirada da súa candidatura para as eleccions iranís, previstas para o 12 de xuño. Segundo declaracións, a súa decisión débese a non dividir o eleitorado reformista logo de que Mir Huseín Musavi, primeiro ministro entre o 1981 e o 1989, anunciara que tamén concurrirá ás mesmas. (El PaísJerusalem Post, e Time)

25 de fev. de 2009

Novo paso na carreira nuclear iraniana

Irán comenzou a probar a súa pranta nuclear na cidade costeira de Bushehr, construída con colaboración rusa:

“Virtual fuel rods contain lead instead of uranium,” Mohammad Saeedi, the deputy head of Iran’s Nuclear Energy Organization told reporters. “After these tests we can enter the launching process.” (NYT)
[Máis: a nova en Prensa Latina; na BBC; e informe sobre a central en Global Security]

8 de fev. de 2009

Trinta anos dende a Revolución en Irán

O xornal El País publica unha reportaxe sobre o 30º aniversario da Revolución Islámica en Irán, no cal se recollen opinións coma as dun antigo oficial que colaborara na mesma:

"Eramos xóvenes; non analisabamos as cousas. Limitábamonos a repeti-los eslógans e críamos ao pé da letra nas palabras do imán. Pouco a pouco, os meus compañeiros e eu dímonos conta de que non enganaran."
Asi mesmo, a Revolución tampouco fixo de Irán un país equilibrado no plano económico. Se ben un dos motivos para derrocar ao Sha fora socializar as riquezas do país, a realidade é ben diferente:
A promesa duna xustiza distributiva queda en entredito ante o dato de que un 20& da poboación controla o 80% da riqueza do país. O agravio é aínda maior cando se considera que Irán é o cuarto exportador de petróleo do mundo.