Mostrando postagens com marcador Exipto. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Exipto. Mostrar todas as postagens

21 de abr. de 2009

Hesbulá en Exipto (4)

Dúas novas sobre a célula de Hesbulá desmantelada en Exipto:

  • Nunha subida de tono fora do habitual, Exipto protestou a Irán polo seu apoio a Hesbulá. Logo da que fontes gubernamentais da República Islámica acusaran a Exipto de inventalo todo para alterar as vindeiras elecións libanesas, o goberno do Cairo contraatacou hoxe cunhas declaracións infrecuentes de puro francas (Jerusalem Post).

  • Os detidos afirmaron que eles pensaban que estaban traballando dacordo co Fatá, a través das brigadas de Al-Aqsa. Tanto se o din para incriminalos coma se é certo, a organización reaccionou airadamente a estas incendiaras declaracións por boca de Barakat al-Farra, delegado do Fatá en Exipto. Éste lembroulle á Hesbulá "favores pendentes" e aconselloulle que non se entrometera "nos asuntos palestinos", aludindo tamén ó contrabando de armas a Hamás en Gaza (Ashark al-Awsat).

16 de abr. de 2009

Hesbulá en Exipto (3)

Segundo informa o Almasry Alyoum, na brigada de Hesbulá desmantelada en Exipto habería dous membros do Fatá, Mohamed Ramadan Abdel Fattah Baraka e Nadal Fathy Hassan, e tería coma obxetivo provocar un macro-atentado suicida en Tel Aviv:
As fontes din que as forzas de seguridade arrestaro a dous membros do Fata unhas poucas semanas despóis de que entraran no Sinaí dende Gaza a través dun tunel na fronteira entre Exipto e Palestina.
Os dous detidos afirmaron que estaban intentando introducir ilegalmente africanos en Israel, pero durante os interrogatorios confesaron o seu obxetivo:
Durante as investigacións, os acusados admitiron que pensaban viaxar a Sudán e despóis a Siria e ó Líbano para ser adestrados en operacións suicidas. Dixeron tamén que planearan levar a cabo unha operacón suicida en Tel Aviv (Israel).

Dixeron que se uniran á célula de Hesbulá logo de coñecer a Sami Shehab a comenzos do ano pasado, logo de cruzar a Exipto dende a Faixa de Gaza. A continuación afirmou que voltaran á Faixa de Gaza que algúns membros do Fatá lles axudaran a pasar clandestinamente ó Sinaí para unirse á célula de Hesbulá.
Pola súa parte, Irán rexeitou as acusación contra Hesbulá, e afirmou que a investigación, que continúa en marcha, é un intento de influír nas vindeiras eleccións xerais do Líbano.

[No blogue: Hesbulá en Exipto I e II]

13 de abr. de 2009

Hesbulá en Exipto (2)

Segundo cantou o libanés Samil Shihab, principal sospeitoso do operativo de Hesbulá desmantelado en Exipto, cando foron detidos atopábanse preparando a vinganza pola morte de Imad Moughnieh. As declaraciós apareceron no xornal panarabe Al Hayyat. Pola súa banda, o Asharq al-Awsat publicou que a célula se constituíra no 2005, e estivera recabando información sobre os lugares turísticos Taba, Sharm el-Sheikh, Dahab e Nuweibeh, na península do Sinaí, onde tiñan previsto atacar a turistas israelíes.


Mentres tanto, as autoridades exipcias seguen o rastro de trece persoas, dez libaneses e tres sudaneses, dos que se sospeita que están a ser agochadas por beduínos no Sinaí (beduinos que viven en gran parte do tráfico de armas vía Gaza).

[Máis: Jizballah amenaza el gobierno de Husni Mubarak, por Fernando Cohen-Sur]

10 de abr. de 2009

Hesbulá en Exipto

Exipto detivo a quince persoas acusadas de fabricar cohetes qassam para contrabandear a Gaza. Dende o Líbano, Nasrallah desmentiu que Hesbulá estivera intentando desestabilizar Exipto, logo de que esta semana se desmantelara un operativo da organización xií que presumiblemente tería coma obxetivo atacar zonas turísticas do Sinaí, algunhas destinos habituais de israelies.

26 de mar. de 2009

Trinta anos de relacións entre Israel e Exipto

Begin, Jimmy Carter e Sadat, durante a celebración dos Acordos de Camp David do 1978. Imaxe: Commons.


Hoxe cúmprense trinta anos dende que se firmara en Washington o tratado de paz entre Israel e Exipto. Maila que impediu a reanudación das hostilidades, a relación entre ambos países non deixou de ser fria, sen perxuízo de acordos puntuais; Leonor Jauri cita en Guysen entre eles a colaboración no seitor agrícola, así coma a admisión de estudantes exipcios no sistema educativo israelí. Proba disto é que non hai programado no país ningunha conmemoración oficial. Pola súa banda, o embaixador exipcio en Tel Aviv, Yasser Rida, si está participando destas horas nunha acto ó respeito no Ministerio de Asuntos Exteriores en Xerusalén.

A importancia de Exipto coma interlocutor entre Israel e o mundo árabomusulmán é crecente, a pesar da humillación que para O Cairo supuxo a deslealdade de Hamás ó incumprir a tregua que axudaran a pactar, e sobre todo agora que Erdogan inhabilita a Turquía para esa función. Debemos estar atentos á evolución do país, especialmente agora que nos atopamos nos primeiros pasos do que podería ser a sucesión de Mubarak.