Mostrando postagens com marcador Hamás. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Hamás. Mostrar todas as postagens

26 de abr. de 2009

Interrumpir no camiño

O xornal exipcio El Aosbora informou de que a semana pasada un cargueiro iraní que transportaba armanento cara Gaza foi torpedeado no Mar Vermello, en fronte da costa de Sudán. Un barco de guerra non identificado disparou sobre o mesmo antes de que puidera atracar, segundo advertiu unha fonte anónima. Polo pronto, o Goberno israelí nin afirma nin desminte a información, anque o exército dos EUA ó parecer deixou entrever que na operación estiveran involucrada a Forza Aérea de Israel.


Esta operación, xunto coa eliminación en Sudán hai unhas semanas dun convoi con armamento e o mesmo destino (se ben a prensa recolle que houbo outras dúas operacións das que non trascenderon noticias), e a detención en febreiro, por parte das autoridades chipriotas, doutro barco iraní (que transportaba tanques T-72, morteiros, etc) con destino Siria, formarían parte dunha estrataxema destinada a interceptar dito armamento antes de que sexa suministrado a Hesbulá no Líbano e a Hamás en Gaza. Singularmente neste último caso, é preferible actuar antes de que os arsenais se atopen dentro da Faixa, espallados entre poboación civil, para evitar o coste humano que unha operación dese calibre, coma a recente Chumbo Fundido, acaba acarrexando.

23 de abr. de 2009

As tácticas de Hamás

Neste vídeo amosa unha recreación de cómo se distribúen polos núcleos urbanos de Gaza os paramilitares de Hamás, e como utilizan á poboación civil para entorpecer ós avances do exército israelí.



(Duración: 5:39)

22 de abr. de 2009

Hamás abre o seu primeiro banco en Gaza


O Banco Islámico Nacional abriu onte as súas portas o público, cun capital inicial de vinte millóns de dólares. As súas oficinas ocupan catro plantas dun céntrico edificio na capital, e a partires dagora alí será onde teñan depositadas as súa nóminas os empregados de Hamás. A Autoridade Nacional alegou que non autorizara a súa creación, e fixo un chamamento ó seu boicot.


As fontes negáronse a aclarar de onde sacaran o capital, se supostamente Israel deixara Gaza mergullada nunha grave crise humanitaria. Non obstante, si especificaron que esta institución financieira rexiríase só polos principios económicos da sharia. (Al Arabiya)

23 de mar. de 2009

Hamás e os medios

Un artigo de Miguel Bóo no Xornal de Galicia.


Dende que Israel decretou o alto o fogo, o 17 de xaneiro, Hamás lanzou 81 misís e 49 bombas de morteiro contra os israelíes. Os medios de comunicación españois non deron a noticia nin nun solto, nin nunha cola de telexornal. Moitos deles están á espera de que Israel resposte para demonizar aos xudeos. Os ataques de Hamás, lonxe de tratarse de accións militares, concrétanse en 13 misís Kassam e dous Grad (estes cun alcance superior a 40 km) contra o exército israelí ¡e 68 contra a poboación civil! Do mesmo xeito, dos 49 morteiros guindados contra os xudeos, 9 o foron contra os seus uniformados ¡e 40 contra vivendas e escolas! Ademáis, nestes dous meses, os terroristas de Hamás continuaron traficando armas polos túneles gazatíes e tentaron sin éxito recepcionar un barco iraní cargado de armas.

Como a opinión pública non sabe que Hamás nada respecta, ha considerar que os 5.000 millóns de dólares recadados para reconstruir Gaza (200 de España) deben irse afloxando. Con eles Hamás surtiráse de armas e habilitará máis túneles. E Israel defenderáse.

14 de mar. de 2009

Seguen a lanzar cohetes dende Gaza

A rutina dos cohetes sobre Israel continúa. Por fortuna, o último dos qassam lanzados por Hamás non causou danos. Teremos que esperar a que Israel reaccione para que estas cousas volvan aos telexornais. 

12 de fev. de 2009

O alto prezo de Shalit

Mentres seguen as negociacións para formar o futuro goberno, a liberación de Gilad Shalit é un dos temas que máis preocupan á opinión pública. Se finalmente se confirma que a cifra de palestinos que se liberarían a cambio ronda o milleiro, dos 1.400 que pedía Hamás, viríamos a confirmar unha política que xa canxeou a Samir Kuntar, entre moitos outros, por un par de corpos sen vida.


Había que liberar a Shalit, pero non se estará pagando un prezo demasiado alto? Devolverlle a unha nai o seu fillo compensa reforzar a capacidade de chantaxe dos islamistas? 

[Máis: anteriormente no blogue, Shalit]

23 de jan. de 2009

Ela creía que non estaban gravando

Hannan al-Masri, xornalista de televisión Al-Arabiya, atopábase no Edificio de Prensa Internacional de Gaza cando oíu un ruído. Crendo que a cámara estaba apagada, realizou a seguinte chamada de teléfono:

Un pobo unido

El País eleva a máis dun centenar os palestinos executados por Hamás durante a Operación Chumbo Fundido, acusados de colaborar con Israel. Anque o xornal lles atribúe ser membros do Fatah, non tería porque ser así necesariamente. O mellor, coma sempre, a redacción de Juan Miguel Muñóz:

Mientras los combatientes disparaban cohetes, decenas de colaboracionistas con Israel informaban al Ejército de este país sobre objetivos concretos. Seguramente, bastantes personas murieron por esa ayuda al enemigo. Pero la reacción de la milicia islamista fue contundente y brutal. Más de un centenar de esos quintacolumnistas fueron ajusticiados.
Unha cousa máis; toda esta xente que saíu estos días á rúa con lemas do estilo "Estamos con Palestina", a qué palestinos en concreto se refería?

[Máis: Execucións de membros do Fatah]

22 de jan. de 2009

Execucións de membros do Fatah

O Jerusalem Post publica esta mañá que Mahmoud Habbash, ministro da Autoridade Palestina, confirmou que dezanove membros do Fatah foron executados por Hamás durante a operación Chumbo Fundido. Pola súa banda, outro sesenta foron tiroteados nas pernas:

He also confirmed that Hamas had been torturing and executing Fatah members in the Gaza Strip during and after Operation Cast Lead. Nineteen Palestinians were murdered in cold blood by Hamas, Habbash said, while more than 60 others were shot in the legs.
[Máis: Cen camións]

19 de jan. de 2009

Dous aspectos

Ninguén cun mínimo de humanidade pode manterse indiferente diante da morte de inocentes, menos ainda se son nenos que exhiben pola TV á hora de xantar. Si non saes pola tele, non existes. Por iso paréceme moi inxusto que das 200 guerras que hai no mundo, mediáticamente só interese unha. E dese conflito que tanto interesa, por riba das masacres de kurdos, tibetanos, chechenos, tamiles, saharauis, tutsis ou sudaneses, chámanme poderosamente a atención dous aspectos. Un, que acapara máis cota presencial nos medios que todos os demáis conflitos xuntos, por moitos centos de milleiros de mortos que neles se rexistren. E dous, que unha das partes en disputa –os palestinos– lévase toda a solidariedade da opinión pública (ou alomenos da publicada) deste país, pero só cando morren en enfrontamentos cos israelíes. (...)
Con Israel, a lei do funil, de Miguel Bóo.

18 de jan. de 2009

A cara e a cruz da tregua nos medios

La Vanguardia:

Seis cohetes palestinos impactan en el sur de Israel

Milicianos palestinos dispararon esta madrugada contra tropas israelís que respondieron con ataques a una zona poblada. Hamás declara la victoria en la guerra contra Israel

El País:

Israel ataca el norte de Gaza tras sólo seis horas de tregua unilateral

El primer ministro Olmert ha advertido de que esta tregua es "frágil" y que están comprobando la evolución "minuto a minuto" de los acontecimientos"

17 de jan. de 2009

Alto ó fogo

O Goberno de Israel ven de declarar un alto ó fogo unilateral na operación Chumbo Fundido, que comenzará dentro de algo máis de dúas horas, ás 2:00 a.m. do domingo. Na votación, sete ministro apoiaron a medida, dous presentaron obxecións e un abstívose.

Hamás, pola súa banda, anunciou que seguirá loitando contra os soldados do Tsahal mentres estos sigan na Faixa.

Máis en Yediot Ahoronot.

Invernadeiros

Para aqueles que inundan a rede con comentarios nos que culpan a Israel da ruína económica de Gaza, que consideran que ésta se debe aos controis fronteirizos, e que opinan que o auxe de Hamás é resonsabilidade do Estado de Israel por esta situación, lean a continuación:

"En agosto do 2005, en vésperas da retirada israelí de Gaza, un consorcio de filántropos encabezado por Jameson Wolfensohn, daquela presidente do Banco Mundial, movilizouse para mercar por catorce millóns de dólares os invernadeiros pretencentes aos colonos israelíes. Tratábase de 3.200 invernadeiros de última xeración e equipados coa máis alta tecnoloxía, que producían para o mercado interno de Israel, e exportaban hortalizas, froitas exóticas e flores tempraneiroas a Europa cun valor agregado. Moitos milleiros de palestinos gañaban o seu sustento neles. A idea dos donantes, todos xudeus dos EUA, era entregar esos 3,5 millóns de metros cadrados de invernadeiros aos palestinos nun xesto de reconciliación e esperanza cara o futuro."

Así os recibiron:




"Inmediatamente logo de que Israel se retirara da Faixa de Gaza ata o límite internacional, masas de palestinos azuzados por Hamás saquearon e destruíron os invernadeiros, levándose as mangueiras de rego, bombas de auga, e fundas plásticas de protección, ata reducilos a escombros. A Autoridade Nacional Palestina non puido evitar o vandalismo e a destrucción da fonte de vida de milleiros de persoas, noutro duro golpe aos esforzos por construír a Faixa de Gaza e brindarlle un horizonte de desenrrolo e prosperidade."

Así os deixaron:



Se lle importa o futuro do pobo palestino, e xustifica a Hamás porque cre que é beneficioso para o mesmo, por favor, penseo de novo.

Armas chinesas

A revista dixital El Catoblepas recolle unhas notas interesante sobre a procedencia chinesa da nova xeración de cohetes empregados por Hamás. Segundo Hagai Huberman, corresponsal militar para el xornal Makor Rishon: «Revelouse que os misís foron contrabandeados de China. Os expertos encargados de derribarlos notaron que eran feitos en China». Asi mesmo, segundo recolle o artigo, o señor Rishon "cree que os misís chegaron a Gaza desde un terceiro país, e agregou que a súa fonte é confiable e coñece os feitos de primeira man".

"Tralo ataque contra Beer Sheba, Israel anunciou oficialmente que foran atacados por cohetes de 122 mm fabricados en China, con toda probabilidade do modelo WS-1E (MLRS), que produce a empresa Sichuan Aerospace Industry Corporation SIAC. Cada WS-1E pesa 74 quilos, mide case tres metros (2946 mm), e o fabricante garante unha distanza de impacto mínima de 20 quilómetros e máxima de 40 quilómetros."


(Duración: 1:39)

Shalit

Cada vez son máis as voces en Israel que reclaman que o alto ao fogo veña condicionado á liberación do soldado Gilad Shalit, secuestrado por Hamás e retido dende hai dous anos e medio. Ademáis de en blogues e artigos na prensa, Gilad Erdan, deputado do Likud, fixo un chamamento ao Goberno neste sentido:

"Non haberá mellor oportunidade para chegar a un acordo sobre o retorno de Gilad que agora, cando Hamás está pedindo un alto ó fogo. Sería unha atitude moral sen precedentes que o Goberno retirara ás forzas sen que Shalit fora devolto"
Actualización: agora que ven de declararses un alto ó fogo unilateral, os portavoces da campaña para a súa liberación declararon que a medida "é unha sentencia de morte para Gilad". Só unhas horas antes, os pais do soldado pedíanlle ao Goberno que calquera acordo levara incluído a liberación do seu fillo. Non será así.

[Máis:
Free Gilad Shalit]

Posible nova fronte no Líbano

Segundo recolle Infolive.tv, Hamás estaríase preparando para tomar o control dos campamentos de refuxiados no sur do Líbano, actualmente dominados polo Fatah. Segundo revelaron fontes de seguridade palestinas: "En Cisxordania Hamás é débil de máis coma para enfrentarse a Fatah, pero no Líbano está medrando en importancia".

16 de jan. de 2009

Arsenal na mesquita

No seguinte vídeo, gravado o martes, pode verse coma, ao entrar nunha mesquita, os soldados das IDF atoparon, xunto cun completo arsenal, un disparador antiaéreo:

15 de jan. de 2009

And the Oscar goes to...

... Ramón Arce for:

Están disparando contra persoal médico!



Rodado con poucos medios e aínda menos escrúpulos, o corto gaña un lugar de honra na categoría: "O que non che dan as armas que cho dea a CNN". Visto en Chuza! e máis en Menéame onde, claro, é verdade revelada. Neste último, sen embargo, hai un comentario intelixente, curiosamente con varios votos positivos:
Vamos a ver, un poquito de karma-suicide:

El vídeo es penoso. Aparte de dos personas, no se ve a nadie más. No se como a partir de ese vídeo se puede afirmar que han sido disparos de israelíes, ni siquiera si han sido disparados. Tan solo se escuchan lo que parecen ser disparos, justo en el momento en que se pierde completamente el cuadro. A partir de ese momento, ya no se ve nada más, hasta que vemos a un señor tendido en la camilla. Por no verse, ni siquiera se ve si la herida existe o no. (...)
Nestes momentos é cando paga a pena recuperar os clásicos:



(o documental dura 18 minutos e pode descargarse)


Nota: por algún motivo non están funcionando os enlaces. Deixo a continuación os mesmos para a súa consulta:
Nova en Chuza!: http://chuza.org/historia/israel-ataca-pessoal-medico-com-francotiradores-denuncia-cooperante-espanhol-em-gaza-video/

Nova en Menéame: http://meneame.net/story/cooperante-espanol-graba-como-disparado-medico-palestino-tropas-israel#comment-22 (e enlace ao comentario arriba citado)

Difusión do vixésimo sexto crime contra a Humanidade cometido por Israel nos últimos vinte minutos: http://palsolidarity.org/2009/01/4186

E a reseña da imprescindible Pallywood: http://es.wikipedia.org/wiki/Pallywood

13 de jan. de 2009

Cen camións

Os cen camións de axuda humanitaria que Israel deixou entrar en Gaza o luns xa foron convenientemente asaltados por Hamás, roubadas as mercancías e vendidas ao mellor postor. Segundo declaracións do Tsahal, non puideron evitar o roubo porque a xestión da terminal está a cargo da UNRWA e da Cruz Vermella (anque supoño que se trata da Media Lúa Vermella).

Hamas on Monday raided some 100 aid trucks that Israel had allowed into Gaza, stole their contents and sold them to the highest bidders. (Jerusalem Post)
Visto en Del arte de cruzar los océanos.

Toda a verdade sobre a Faixa de Auschwitz

Un artigo esclarecedor de Joao Guisán Seixas sobre os intentos sionistas por agochar a verdade do nazismo. Grazas a el, por fin vin a luz.

Os judeus, como todo o mundo sabe, som maus e possuem o domínio dos meios de comunicaçom. Graças a este domínio conseguiram manipular a história em muitos aspectos, mas hoje interessam nomeadamente as suas mentiras acerca do que verdadeiramente aconteceu nos campos de concentraçom nazis, e que só há pouco ficou a descoberto quando esses meios de comunicaçom que eles dominam começarom a propalar o original e bonito pensamento (é tão fácil ser bom e profundo quando se fala na “causa palestiniana”!) de que os judeus estão a fazer com os palestinianos o mesmo que os nazis tinham feito com os judeus.

Sim senhores, já nom era sem tempo que se soubesse. Os judeus circulavam polo interior de Auschwitz, Trebinkla e outros campos de extermínio, em potentes 4x4 de importaçom, a disparar metralhadoras ao ar, a pregoar o extermínio dos alemães de qualquer condiçom, com as cabeças adornadas com fitas com versículos bíblicos que convocam todos os judeus à guerra santa para imporem a religiom do profeta (Isaías) aos gentis.

No interior destes campos (onde basicamente nom se fazia nada, nom se produzia nada, nom se exportava nada) os judeus recebiam inúmeros subsídios da Uniom Europeia (em muita maior medida que autênticos refugiados que autenticamente o necessitavam) que eles investiam em armamento e na manutençom da sua actividade criminal. Porque, nos seus tempos livres, os judeus dos campos de concentraçom se dedicavam a lançar mísseis de forma indiscriminada sobre as cidades alemãs próximas, em conivência com outros estados judeus vizinhos que pretendiam sem disfarces a destruiçom da Alemanha.

Contra o que comummente se afirma, os nazis nom exterminarom sistematicamente as crianças judias mal chegavam aos campos de extermínio, mas forom os próprios judeus que as utilizaram na sua guerra de propaganda, e na sua guerra sem mais também. Utilizavam-nas por exemplo no contrabando de armas através de túneis subterrâneos ou os mandavam a atirar pedras contra um exército que eles próprios denominavam de assassino e sem escrúpulos.

Quando nas batalhas contra os alemães morriam crianças judias, como morrem em todas as guerras (sobretudo quando nom se fai nada para as proteger), entom saíam com elas diante das câmaras de televisom que transmitiam diariamente para todo o mundo desde o interior dos campos de concentraçom, e no dia seguinte havia manifestações de boas pessoas na Itália de Mussolini, no Japom imperial, e outros países com regimes semelhantes ao nazi, em que se dizia “Deixem de atacar os judeus. Coitadinhos, deixem-lhes fazer o que quiserem, mesmo matar alemães. Estão a morrer muitas crianças!”

De facto, os nazis nom forom assim tão maus como se pensa. Contra o que a propaganda sionista pretende, nom mataram 6 milhões de judeus indefesos em 3 anos, mas apenas uns 60.000 em 60 anos de guerras defensivas, se é verdade o que dizem os meios de comunicaçom “bons e profundos” no sentido de que a situaçom dos palestinianos a respeito de Israel é igual à dos judeus a respeito da Alemanha nazi. Porque essa é a cifra de cidadãos árabes (nom só palestinianos, mas egípcios, sírios, iraquianos, jordanos e libaneses) que morreram em todas as guerras que os seus dirigentes alimentaram contra Israel.

Porque nom me digam que nom temos que estar até certo ponto agradecidos aos nazis que tivessem contido, com o seu próprio sacrifício, os intentos veementes dos judeus para estenderem os seus campos de concentraçom a todo o mundo!