skip to main |
skip to sidebar
Ninguén cun mínimo de humanidade pode manterse indiferente diante da morte de inocentes, menos ainda se son nenos que exhiben pola TV á hora de xantar. Si non saes pola tele, non existes. Por iso paréceme moi inxusto que das 200 guerras que hai no mundo, mediáticamente só interese unha. E dese conflito que tanto interesa, por riba das masacres de kurdos, tibetanos, chechenos, tamiles, saharauis, tutsis ou sudaneses, chámanme poderosamente a atención dous aspectos. Un, que acapara máis cota presencial nos medios que todos os demáis conflitos xuntos, por moitos centos de milleiros de mortos que neles se rexistren. E dous, que unha das partes en disputa –os palestinos– lévase toda a solidariedade da opinión pública (ou alomenos da publicada) deste país, pero só cando morren en enfrontamentos cos israelíes. (...)
Con Israel, a lei do funil, de Miguel Bóo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário