Shalit
Cada vez son máis as voces en Israel que reclaman que o alto ao fogo veña condicionado á liberación do soldado Gilad Shalit, secuestrado por Hamás e retido dende hai dous anos e medio. Ademáis de en blogues e artigos na prensa, Gilad Erdan, deputado do Likud, fixo un chamamento ao Goberno neste sentido:"Non haberá mellor oportunidade para chegar a un acordo sobre o retorno de Gilad que agora, cando Hamás está pedindo un alto ó fogo. Sería unha atitude moral sen precedentes que o Goberno retirara ás forzas sen que Shalit fora devolto"
Actualización: agora que ven de declararses un alto ó fogo unilateral, os portavoces da campaña para a súa liberación declararon que a medida "é unha sentencia de morte para Gilad". Só unhas horas antes, os pais do soldado pedíanlle ao Goberno que calquera acordo levara incluído a liberación do seu fillo. Non será así.
[Máis: Free Gilad Shalit]
Nenhum comentário:
Postar um comentário