Non só en Galiza e no resto do Estado padecemos a políticos estúpidos. Na Arxentina teñen a un tal Luís D´Elía que cada vez que fala sube o pan. E, coma todo bó altermundista (sintoo, xa sei que hai de todo nese movemento, pero é que con estes líderes ....), é dos que secundan a teoría da conspiración no caso AMIA; con estas credenciáis, a ver canto tarda Vicepresidencia en traelo a dar unha charla.
Manuel Rivas recrea coma na Arxentina se dou "a usurpación do Estado por unha mafia uniformada", a través da estela do eternauta H.G.O. Coma coa Historia da Shoáh, decirlle que lean isto é case máis un rogo que un consello. Imprescindible.
"Nilda Eloy é a presidenta da Asociación de ex-detidos e desaparecidos. Chegou desde Arxentina coa intención de procurar axudas e apoios para levar a cabo os xuicíos contra os xenocidas da dictadura que tivo lugar entre os anos 1976 e 1983.
ANT TV falou con ela para saber máis sobre a súa experiencia e sobre a situación real na Arxentina do século XXI. Acércanos unha realidade esquecida e escalofriante que coma ela viviron milleiros de persoas, das cais, a maioría non poden nin puideron falar."
Non adoito a falar doutras latitudes máis ca de Oriente Próximo e Galiza, pero a declaracións desta muller ben merecen, coma mínimo, un oco na bitácora.
Este blogue trataba sobre todo de política, historia e cultura galega e xudía, así coma do conflicto árabe-israelí, o seu tratamento mediático, e de Oriente Próximo en xeral. Pode poñerse en contacto co autor enviando un correo ajulicheiro@gmail.com. Eiquí, a declaración de principios.