Mostrando postagens com marcador Expulsión de Gómez-Valadés. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Expulsión de Gómez-Valadés. Mostrar todas as postagens

10 de mai. de 2008

A Santa Compaña

Agora que o meu bó amigo Pedro Gómez-Valadés xa non milita no BNG, gustaríame expoñer as miñas impresións fináis e, se cadra, tomarme xa esas vacacións que levaba tempo pospoñendo.


Sobre o aspecto xurídico, a estas alturas, xa está todo dito. Que se tratou unha medida ilegal e antiestaturaria xa foi demostrado e explicado neste blogue. Ningún, repito, ningún dos instigadores abordou nin abordará este punto que saben perdido. No canto diso, atacan ao personaxe, lixan a imaxe pública de quén ten non fixo nada do que deba arrepentirse. Pensar distinto? E non só iso; ademáis, ter a desfachatez de facelo en alto.


Un detalle que ilustra a natureza do proceso: primeiro votouse a súa expulsión e, varios días despóis, comunicáronlle os cargos. Coma polo motivo real non poden expulsalo, finalmente alegaron deslealtade, amparándose en determinados artigos dos Estatutos que tampouco recollen nada que o implicado fixera. Se a decisión de expulsalo se axustara aos Estatutos, mal que nos pesara, non nos quedaría outra que respetala e aceitala. Pero non é o caso.


Pero interésame máis o motivo real, o que todos sabemos. Lembremos: dado que esa persoa expresa públicamente a súa simpatía cara Israel non pode participar do nacionalismo galego. Coma isto entra na distinción ridícula de que hai países bós e países malos, chegado a este punto, os defensores da medida acaban por tirar dunha mentira xa habitual. Que, en realidade, non é unha asociación de amizade entre Galiza e Israel, formada por cidadáns galegos que libremente escolleron integrarse nela. Que va. É unha asociación de amizade co Goberno de Israel, oscuramente artellada polo Estado imperialista para ocultar ao mundo o Holocausto palestino. O outro día, alarmado, un compañeiro contábame nunha cafetaría que sabía que Gómez-Valadés recibía cartos da Embaixada de Israel para limpar a imaxe do sionismo, e que podía probalo. Claro, mosqueado porque non compatira comigo o quiñón, pregunteille cales eran esas probas, en vista a exixirlle a Valadés a parte alícuota que me correspondería en canto compañeiro de fatigas sionistas. Mentres eu botaba contas na cabeza, el miroume moi serio, logo farfullou un par de evasivas e acabou recoñecendo: era só unha maneira de falar. Mira ti. E eu que xa tiña a vista posta nun mp3.


Que a AGAI é un invento do Estado de Israel é tan real coma que eu son monxe franciscano, xa, pero se manter relacións cun Estado acusado de incumprir os Dereitos Humanos indigna tanto a algúns militantes do BNG, non entendo a qué están agardando para tramitar a expulsión da actual Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. Creo lembrar que, non hai moito, a Consellería que dirixe colaborou coa Feira do Libro da Habana, organizada ao alimón co estabilshment da ditadura castrista. Xa digo, non me fagan moito caso, pero xuraría que ahí sí que había unha colaboración cun Estado represor, feita a nivel institucional e con cartos de todos os galegos. (Nota: se non se lle ocorre qué replicar, sempre pode berrar un uh, sionista ou un Palestina vencerá!)


E que conste que non estou criticando a presenza na Feira (non son favorable a medidas illacionistas), nin á Conselleira (que coido que fai un bó traballo); critico o dobre raseiro que se emprega sempre, sempre, sempre cando se fala de Israel.


Se a AGAI fora unha asociación que defendera o Gran Israel que anhela a dereita relixiosa israelí, entendería que alguén puxera pegas á dupla pertenza a ambas asociacións. Ao fin e ao cabo, o BNG defende o dereito de autodeterminación de todas as nacións do mundo, entre as que estaría o que dende a Ocupación se veu chamando coma Palestina. Pero ese non é o caso. A Asociación, pola contra, apoiou públicamente dende o comenzo o lexítimo dereito do pobo palestino de contar cun Estado de seu, e a negociación coma vía de solución para o conflicto.


Ben mirado, resulta simpatico. Entendo que non para Pedro (anque ten sentido do humor, esta tocada de pelotas reiterada tenno un chisco queimado) pero, decía, ben mirado, a cousa non deixa de ter a súa graza. É todo un espectáculo ver a tanta xente afanándose en porlle cancelas ao mar, intentando por todos os medios que dende a súa casa se poida ofrecer información que atenta contra o que todo o mundo sabe que está pasando. De entre os argumentos máis involuntariamente cómicos que se esgrimiron, o meu favorito é o de que, coma lle explicaron nunha ocasión, non era nada persoal, pero si que estaban preocupados de que, ao permitir que algúen rachara unha lanza a prol de Israel dende un ámbito tradicionalmente “solidario” con Palestina, corríase o risco de que convencera a alguén. Qué horror. Porque todo o mundo sabe que, cando algúen comenza a sentir mágoa coas vítimas israelíes do terrorismo palestino, automáticamente quere ver a todos os palestinos colgados de ramas de olivos. Isto está claro; cando algúen se solidaríza co dor dunha parte, inmediatamente pasa a odiar a outra. E que ninguén trate de rebatirme, porque calquera persoa con sólida formación ideolóxica axiña se percata da verdadeira natureza do mundo: en branco e negro.


O que está en xogo non é a simpatía cara o pobo palestino, senón o mito montado arredor do conflicto. Mito divisorio entre nós e eles que, á súa vez, lle permite a certa esquerda, de pasado máis ben turbio, manter unha significación política da que na práctica carece. Ao presentar aos palestinos coma a quintaesencia da bondade, eludindo os seus aspectos reáis, na loita contra o inimigo capitalista, o Pequeño Satán (brazo incorrupto dos EUA, obvio), escenifican a encarnación definitiva da loita entre o pobo e o sistema. Omiten que, tanto en Israel coma en Palestina hai pobo e hai sistema, presentando o conflicto coma unha loita entre o pobo palestino e o Estado de Israel, aneque os ataques palestinos sexan perpetrados coa loxística da ANP e os mortos iraelíes sexan as máis das veces civís. Iso da igual. Israel é todo el un Estado (deben ser todos funcionarios, coma en Santiago), e Palestina sempre é Pobo, porque un bó ideologo non perde o tempo coas menudencias da vulgar realidade.


Sobra decir que este mito goza de bóa saúde, en gran parte, porque permite dar renda solta a toda esa alegre xudeofobia que non daba atopado cauce logo da Shoah. Agora que sabemos as consecuencias de deixarnos levar, non está moi ben visto decir que os xudeus dominan o mundo a través dun consello de homes poderosísimos, que son conspiradores e avarentos, e que os seus tentáculos chegan a todas partes. Iso só o din os fascistas, a extrema dereita. A xuventude consciente, a mocidade e non-tan-mocidade idealista non incurre en antisemitismo, que é algo moi feo e de dereitas. Iso si, o que non vai facer e deixar de denunciar aos sionistas, que, estos si, teñen un consello que domina o mundo, son conspiradores e avarentos, e os seus tentáculos chegan a todas partes. Porque, e isto tampouco vai a calalo a mocidade consciente, xa está ben de falar do Holocausto, que total xa pasou, e máis cando en Gaza está ocurrindo algo xa non igual, senón peor.


Calquera dos que bramaban pola hixienización é consciente de que nun debate sen máis pauta que o respeto e a argumentación racional, o mito que se montaron arredor de Palestina cae polo seu propio peso. Explícome; a xente seguirá sentindo máis simpatía cara un país sen Estado coma é Palestina que cara un que xa o ten, coma é Israel, e seguirán deplorando a Ocupación e as medidas de Israel que entorpezcan que esta situación indesexable se manteña no tempo. Pero, ao mesmo tempo, a meirande parte das persoas informadas acabarían por deixar de lavarlle a cara á cova de ladróns e fanáticos que teñen os palestinos por gobernantes, condeando un terrorismo que, lonxe de axudar a liberar a súa terra, enquista aínda máis o conflicto e, o máis importante, comezaría a exixirlle á sociedade palestina a responsabilidade dos seus actos.


O escritor inglés Martin Amis, no artigo que publicou o pasado outono co gallo do aniversario do 11 de Setembro, fala da encrucillada na que se atoparon as élites do islam logo das sucesivas derrotas árabes perante Israel, tendo que escoller entre asumir un futuro moi difícil e decepcionante, reducindo a relixiosidade das súas sociedades, ou a ilusión dun futuro de prosperidade e gloria eternas no caso de cinguirse ata o extremo a senda relixiosa. Maila que é unha comparación algo tosca, creo que pode valer para expoñer a situación dos partidos comunistas logo da caída do Muro de Berlín.


Por unha banda, optar por amoldarse ás estructuras democráticas, aceitando a competitividade eleitoral e uns resultados previsiblemente adversos. Pola outra, finxir que non acontecera nada, rebaixándose a concorrer ás eleccións, máis seguindo impermeábeis ás mudanzas nas formas e no fondo que os dereitos civís comenzaban a garantir, por fin, en toda Europa. O comunismo galego optou maioritariamente por esta segunda vía, a do pano nos ollos. Daqueles polvos ven esta lama.


Ben mirado, é o seu canto do cisne. Coma un Santiago Matamouros, amarrado ao cabalo despóis de morto, agora que o comunismo se tornou nun obxeto pop, desbotada a vía revolucionaria pola propia Historia á que só recurren dun modo moi, pero que moi selectivo (un achegamento integral tira por terra a súa mitoloxía), esta embestida da esquerda de cartón non debe entenderse coma unha mostra de forza, senón coma un intento desesperado de manter un dominio do BNG e do nacionalismo galego que saben qué só poden consevar en condicións de laboratorio. Todas as medidas represivas revelan unha impotencia, e ista non é unha excepción.


Os líderes do BNG intentan agora a tarefa quimérica de compatibilizar un discurso de extrema esquerda cunha xestión levemente social-demócrata dos recursos públicos. Un Bloque (e sinto ser tan crudo), na miña opinión pueril, que pretende seguir xogando á revolución na que non cre antes de aceitar que, primeiro está a realidade, e logo as ideas tendentes a mudala. En Burnt Norton, o primeiro dos seus célebres cuartetos, T.S. Eliot recollía unha idea que chegou a facerse un lugar común: a de que "non poden os humanos soportar demasiada realidade". Pois ben, os galegos debemos ser os máis humanos de entre todos, porque se non resulta difícil entender cóma esta clase de cousas aínda non están claras a estas alturas.


A expulsión de Pedro Gómez-Valadés non resolve un problema, senón que o crea, ou mellor dito, o revela. Do mesmo modo que Marx, n´O Capital abreu en canal o sistema capitalista, o caso Valadés fixo o propio co Bloque Nacionalista Galego e co nacionalismo galego, poñendo á vista de todos as tensións entre quenes cren no nacionalismo coma unha masa popular e os que o vemos coma un espazo de fomento cívico, coma suma de individuos libres, no ronsel da tradición republicana. Son dous modelos de enteder a sociedade, de facer País.


Agora que un deles ven de anotarse un tanto, de fondo, óense os apláusos excitados de quénes defenden un nacionalismo e unha esquerda que, para qué negalo, son xa só uns mortos que camiñan.



[Máis: Outras ideas, outro galeguismo, un artigo de Suso de Toro sobre a necesidade de que o nacionalismo galego abandone dunha vez a adolescencia ideolóxica. Iso, ou ir esmorecendo, ata morrer]

9 de mai. de 2008

Nin mais nin menos (4)

Abel García López, concelleiro de Neda, abandonou ese partido, entre outras razones, cando o BNG non condeou o Holocausto. Pedro Gómez-Valadés é expulsado do BNG por presidir AGAI, unha asociación que defende o dereito de Israel a existir. Podremos supor que os que se quedan no BNG están dacordo en non condear o Holocausto e en que o Estado de Israel debe desaparecer? Seguramente non. Tal vez pensen que iso é algo que realmente non vai con eles e lles compense seguir militando nun partido desas características obviando ese pequeno detalle.

Ese pequeno detalle traerá outro e outro máis e cun pequeno detalle xa é dabondo para abrir unha fenda no embalse, tarde o cedo reventará a presa e anegaráo todo, todo se cubrirá de ignominia e todos se afanarán en buscar excusas inútiles, cobardes. Entón será tarde de máis. (...)


Outros non se resignan e pensan que poden loitar contra ese obstinado prexuízo. Quizáis pregunten aos seus correlixionarios, e ti, porqué cres que debe desaparecer Israel? Porqué non condeas o Holocausto? Non ves que un día podería tocarche a ti, á túa familia, áos teus fillos?. Israel é un Estado Imperialista, respostaránlle repetiendo as consignas sen saber e sen querer saber por si mesmos. (...). É cómodo, tal vez. Pero é coma estar morto. (...)

8 de mai. de 2008

Nin mais nin menos (3)

"Ser pro-israelí, pro-tibetano, pro chií, pro suní, pro kurdo ou pro-Saddam, non afecta ás esencias do BNG nin de ningún partido, e sí á liberdade de expresión e de conciencia de quenes desde ese partido teñen visións “discoincidentes” nestas materias de índole máis ben subalterno. Direi máis, se un asunto de política internacional coma o que nos ocupa fora motivo real de expulsión, coma a que se acaba de consumar miserable e autoritariamente contra Pedro Valadés, qué non terán que perpetrar no sucesivo os gardiáns das esencias estalinistas do Bloque contra os seus militantes da CIG que falan español, van a misa e incluso comen tortilla de ovos batidos con patacas! E como resolverán, senón con purgas, a desviación que sen dúbida encabezan todos os socialdemócratas que infestan o partido (ou frente de partidos)? E qué círculo concéntrico do infierno talibán lles reservarán aos meros autonomistas que se atrevan a opinar contra o independentismo ou a conquista do Bierzo? (...)

Onde estaban estos anti-imperialistas de pacotilla mentres a URSS de Stalin ou a China de Mao masacraba a millóns de rusos, ou chinos, ou tibetanos? Direillo eu: Estaban onde estiveron sempre, no epicentro da “lei do embudo”. Polo demáis, nunca dixeron nada favorable a esas vítimas nin condeatorio desos verdugos. Pero, isto que non falle: chegaron a xustificar, por exemplo, a invasión de Checoeslovaquia e a colocar a Irán coma modelo e paradigma a seguir."

Norabóa Miguel, por este artigo extraordinario!

Nin mais nin menos (2)

"O Pedro Gómez-Valadés foi expulso por aqueles estalinistas que costumam falar de «coexistência pacífica», «anti-imperialismo» e «democracia», seja em Espanha ou em qualquer outra parte do mundo, mas que raramente conseguem disfarçar a vertigem de intolerância que os alimenta." (...)

Nin mais nin menos

Deches no cravo; medrar e superar complexos. Ou seguir xogando a ser quén non se é.

28 de abr. de 2008

A man que da de comer

Do versión nacionalista de La Razón xa non agardaba nada, pero que nin sequera o xornal nacionalista máis lido faga a máis mínima mención á expulsión de Pedro Gómez-Valadés é sintomático de como o control dos medios que practicaba o PP conta no actual Goberno con alumnos aventaxados.

27 de abr. de 2008

Perde o BNG, perdemos todos

A Asamblea Comarcal de Vigo do Bloque Nacionalista Galego decideu o pasado xoves expulsar da organización nacionalista a Pedro Gómez-Valadés. A acusación, presidir unha asociación de amizade con Israel, que xa lle acarrexara ao implicado un proceso semellante fai agora un ano, recuperouse sopresivamente aprobeitando que nos atopamos fora de periodo eleitoral, tal e coma expresou na Executiva Comarcal previa á expulsión unha dos dous representantes do BNG no Congreso dos Deputado, Olaia Fernández Davila.

A expulsión, que terá coma seguinte trámite a retificación polo Consello Nacional, foi promovida polo mesmo grupo de militantes que hai un ano recibiran unha contestación case unánime por parte da sociedade galega tralo seu primeiro intento de purga. Cando aquel primeiro proceso se desencadeou, a Asociación Galega de Amizade con Israel levaba dous meses constituída e traballando con normalidade, sen que ningún organismo oficial do BNG se expresara ao respeto. Os problemas para Gómez-Valadés comenzaron cando o proxecto político no que se implicara no seo do BNG, a plataforma da Alternativa, sufrira un descalabro na Asamblea Nacional do BNG, e posteriormente en todo o país, salvo na Comarca de Vigo, na que el milita(ba) e na cal era a cabeza visible do proxecto. Só nese momento, cando a alianza entre a UPG e Anxo Quintana non foi quén de acadar un resultado satisfactorio en dita comarca, un grupo de militantes comenzaron a presionar para que se revisara a súa situación. O resto está na rede, preferentemente en Chuza.

Logo de que a tan oportuna purificación quedara en entredito ao saír á luz pública, e despóis de varias semanas sen ningunha información oficial por parte da fronte, o Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana, expresouse públicamente en nome da organización coas seguintes declaracións:

Non houbo nin hai ningún expediente de expulsión contra ningún compañeiro do BNG por pertencer a ningunha asociación. Polo tanto, eu espero que cese calquera campaña de vitimismo infundada.

Anxo Quintana

Logo delas, pedíuselle a dito Portavoz Nacional que garantira que non se trataba só de pospoñer a expulsión ata que pasaran as eleccións. Sen un pronunciamento explícito, optouse por deixar que o tema se diluíra ata desaparecer ou, coma agora comprobamos, ata que pasaran tanto as elecións locáis coma as estatáis. Coas autonómicas a máis dun ano, este era o mellor momento.

Antes de continuár, quero deixar clara unha cousa: a posición xurídica de Gómez-Valadés é inatacable. A expulsión é ilegal porque o obxeto que se está a tratar non é susceptible de enxuiciamento. Democráticamente, respetanto os turnos e votando a man alzada, podemos decidir coma violar a unha nena de doce anos, e por moi escrupulosos que foramos no proceso deliberativo, iso non fará ao crime menos digno de castigo. Pode que esta farsa de proceso democrático convenza a quenes teñen o seu modelo de xustiza no rexime castrista, ou mellor aínda, naqueles espectaculares procesos-confesión tan populares na extinta Unión Soviética. Pero cando vivimos nun Estado de Dereito, a decisión de expulsar a un membro dunha asociación por non pensar coma a maioría e expresar públicamente a súa liña de pensamento é frontalmente contraría tanto ao estatuto do que nos dotamos coma ás leis de toda sociedade civil. O seu amparo está, pois, fora de toda dúbida, tanto nos Estatutos do BNG, que recollen expresamente o dereito á discrepancia pública, coma na Lei de Partidos, que obriga aos mesmos a rexirse por criterios democráticos, mandato que emana expresamente do artigo sexto da Constitución do Estado español.

O militante expulsado irá aos tribunáis e estos obrigarán a readmitilo.

Aclarado este punto, a pregunta é forzosa: máis alá de satisfacer os anhelos dunha turba de fanáticos, non consigo entender en qué beneficia ao Bloque Nacionalista Galego pasar de novo por este proceso inquisitorial. Se Manuela Rodriguez Pumar, Celso X. López Pazos e demáis instigadores non aturan ser membros dunha organización política na que hai xente que non pensa coma eles, sempre poden formar un novo partido político ultra-marxinal do que só formen parte os auténticos puristas da Verdadeira Esquerda. En todo caso, quenes teñen un problema son eles, non Gómez-Valadés. Debo engadir que, se teñen necesidade de recurrir a medidas profiláticas para non contaminarse con persoas con ideas diferentes, quizáis sexa porque non están tan seguros de que as que eles sosteñen poidan defenderse con argumentos racionáis. Ao mellor, son desas ideas que só se sosteñen en grupos pechados. Esta xente ten moito medo de ter ao seu carón a individuos nos que non poden influír. Dos que non viven no mesmo ambiente e acaban por formarse un criterio autónomo.

Acaso darlle unha alegría aos niños bien que se disfrazan de revolucionarios na barra de Avante compensa o descrédito que esta decisión acarrexa para o Bloque? Cando Quintana fala de abrirnos á sociedade, a qué sociedade se refire? Á SGAE? Porque a sociedade real ve nesta expulsión o mesmo que calquera que se afaste medio metro do endogámico ambiente no que se moven algúns nacionalistas; o seitarismo no seu mellor exponente.

Gustaríame facer un breve resumo da miña militancia no BNG, non porque sexa importante, senón para que quén estea lendo isto saiba dende qué posición estou falando. Eu entrei ao mesmo tempo no BNG e en Esquerda Nacionalista, o partido socialdemócrata da Fronte. Nel estiven ata que, hai uns meses, as tensións internas provocaron a ruptura do mesmo en dúas formacións distintas; por unha banda quedou Esquerda Nacionalista, e pola outra os integrantes do incipiente coletivo Espazo Aberto. Cando o partido rompeu en dous, eu desvinculeime de ambos bandos, e dende entón son un militante a granel. Quero aclarar isto para deixar ben claro que na defensa de Pedro Gómez-Valadés non hai ningún tipo de interese político, senón unha convicción firme no seu dereito á liberdade de expresión.

Non falo, pois, en nome dun partido, nin dunha plataforma nin corrente, senón coma un militante cansado de que a democracia brille pola súa ausencia cando se trata de aplicala na casa. Se a expulsión saíu adiante non foi porque os aprendices de Torquemada sexan moitos, senón porque a maioría da militancia da comarca non apareceu polo local o día da votación. Non querían buscarse problemas. Ente os ausentes, xente consciente da inxustiza que isto supuña, que prefiriron miran cara outro lado para gañar aceitación. Persoas que (faltaría máis), son moi dadas a indignarse coas carencias democráticas, cando estas son achacables a outras persoas, partidos ou países.

Coido que, chegado a este punto, todas e cada unha das persoas que militan no BNG deberían reflexionar en profundidade sobre qué clase de organización queremos. E, máis concretamente, animaríaos a que pensaran se o verdadeiro problema da nosa organización estará en ter nela a un que pensa distinto ou, máis ben, en quenes, erixíndose en gardiáns das esencias, actúan ao marxe das normas comúns a todos coa excusa de protexernos dalgún terrible enemigo externo (o capitalismo, o españolismo, agora tamén o sionismo).

Minoría que contribúe, con cada nova algarada fascistoide, a aumentar a fenda que vai medrando entre o BNG e a sociedade galega. Anque non esteamos en elecións, a merda que cubre agora ao Bloque xa non pode disimularse.

28 de abr. de 2007

Punto e aparte

Dende hai xa varios semanas, e exceptuando a anécdota de Francisco Rodríguez, decidín deixar de falar de nada que tivar que ver co xa cansino asunto. E fíxenno, coma dixen, para demostrar que nosa intención é rematar con isto canto antes. Pensei que, alomenos na parte que me toca, se rebaixaba a tensión, habería algúna resposta enfronte. Ó fin e ó cabo, non fumos nós quenes empezaron con isto, e se algúns iluminados de Vigo tiveran consultado coa almofada, este proceso demencial nunca tería sido máis que un deses delirios que ás veces che pasan pola cabeza (pero non realizas). Que lle tiñan ganas a Valadés? Pois botas un par de xuramentos, falas mal del no bar e punto. Isto non, isto é meter ó Bloque no medio.

Sen embargo, os comentarios recibidos estes últimos días demostran que o tema non está, nin moito menos, sofocado. Demostran tamén que, na visión maniquea que algúns teñen do mundo, non hai persoas que toman decisión acertadas ou erróneas, segundo o caso. Hai malos e hai bós, e quenes manteñen esa visión infantil do mundo sempre se reservan para si o papel de bós e oprimidos. Ou, o que é o mesmo, nunca asúmen a reponsabilidade dos seus actos. Por iso, resulta case cómico ler algunhas das acusacións que agora se lle fan a Valadés. Poque, se o que agredes eres ti, cómo podes acusar ó agredido de vitimismo? É o que ten ser unha vítima profesional; nada pode incomodarche máis que o feito de que te acusen de agresor, que te fagan responsable.

Os que tanto sofocan os debates coa manida excusa de que "iso é malo para a nosa imaxe", non tiveron reparos en comenzar un enfrontamento fractricida que nos fixo quedar coma talibáns diante de todo o mundo. E continúa.

Por iso hai que dixar ben claro que as consecuencias negativas que isto acarrexe ó BNG son culpa de quen decidiu comenzar, máila que se lle pediu que non o fixera. Que agardaban, que íamos quedar calados? Daquela sí que seríamos bós e xenerosos? O que dana ó Bloque non é que estas cousas se denuncien, senón o feito de que acontezan. O que o beneficia non é aparta-la vista, senón sinalalo e correxilo.

Vouno decir de novo para que non haxa lugar a dúbidas: ningun de nós quere que isto continúe. Que se garanta que non se van a tomar represalias contra ningún dos membros da AGAI cando pasen as eleccións, e esta historia pasará ás hemerotecas. Polo que a este blogue respecta, xa adianto que a miña intención é non volver a falar disto ata que a organización se pronuncie.

Que prime o sentido común, e todos saíremos gañando.

18 de abr. de 2007

Unha anécdota

Mentres non se da unha solución definitiva para o Caso Valadés, vou contar unha anécdota que demostra canta razón tiña aquela canción de Marisol.

A historia é ben coñecida; aconteceu xa hai moitos anos, cando durante unha celebración do Día da Patria un grupo de persoas lle prendeu lume a unha bandeira española. Naquel momento, Francisco Rodríguez atopábase no lugar, e foi detido por ter participado (supostamente) na queima. Convén lembra que, naquel momento, ese delito estaba tipificado con seis anos de cadea.


Naquela época, o proceso estivo rodeado dunha forte polémica; o certo é que, á marxe da opinión que cada quen teña del, non parece moi normal que ninguén vaia preso por iso. Pero o proceso estaba en marcha, e a posibilidade de que acabara na cadea era algo real. O asunto foi tratado na Audiencia Provincial da Coruña, e as testemuñas estaban divididas entre os que negaban os feitos e os que os confirmaban. Así, seis militantes do BNG declararon a favor do imputado, e outros tantos policías fixeron o propio para acusalo. As cousa estaban tan xusta que se decidiu recurrir a un terceiro imparcial, alguén de quen o tribunal estivera seguro de que non tiña interés no proceso.

O elexido para desempatar foi un xoven xornalista que daquela traballaba para La Voz de Galicia. Entre os seus compañeiros de profesión, el era a fonte máis fiable para saber cantos manifestantes había en cada mobilización e, por motivo do seu traballo, atopábase alí o día dos feitos, coma un terceiro imparcial. Os días previos á súa comparecencia, os xornais incidían na relevancia que tiña a súa testemuña, posto que, ó se-lo único que non tiña preferencia por ningunha parte, era a declaración á cal o tribunal lle ía dar máis importancia.

O xornalista acudiu a xuízo e, para sorpresa de todos, declarou que Francisco Rodríguez non estaba entre os implicados na queima. Declarou que el, que estaba alí, vira claramente coma o imputado non se atopaba entre quenes lle prenderan lume ó símbolo da unidade de España. Como consecuencia desa declaración, o tribunal dictaminou que non había probas dabondo coma para condealo, e consecuentemente, absolveu ó imputado.

A historia non tería o maior interes de non ser que ese anónimo benefactor foi Miguel Boo, que, cousas da vida, é Socio Fundador e actual Secretario da Asociación Galega de Amizade con Israel.

É unha tómbola, é.

7 de abr. de 2007

Shalom

Este sábado de Cuaresma é unha das datas máis importantes do calendario litúrxico para os cristianos. Hoxe é o día no que se celebra a resurrección de Xesucristo, logo de ter sido crucificado polos romanos.

Esta festividade conmemóras en todo o mundo, e a cidade na que pasei o día estaba tomada polo éspírito desta celebración cristiana; por iso, entre altares, bonecos de nazarenos nos escaparates e innumerabeis bandeiras moradas, chamoume tanto a atención un pequeno detalle no que nunca antes reparara. Xa tiña visto o local, pero nunca me fixara no seu nome.



O salón de té Shalom atópase na rúa Campo das Hortas, na zona vella da cidade portuguesa de Braga. Por falta de tempo, non entrei nel desta vez. Pero, polo que vin dende afora, creo que cando volte á cidade fareino cun novo sitio que visitar.

Shalom significa paz, pero "non é só a ausencia de conflicto ou a desaparición da hostilidade, senón que o shalom aparece cando se equilibra o que está descompensado, ó promove-la xusticia e a igualdade íntegral".

Logo de tantos días de ruído, valga este post como unha pausa, coa esperanza de que o shalom chegue pronto á noso maltreita casa común. Sabemos que a paz non é a ausencia de conflicto pero, para poder chegar a ela, o primeiro paso é que cesen as hostilidades. Estamos agardando.

3 de abr. de 2007

Declaracións de Anxo Quintana


Despois dun mes e medio coa cabez metida baixo terra, o Portavoz Nacional do BNG ven de pronuciarse sobre o proceso de expulsión do militante que preside a AGAI. Xa se lle pedira, antes de facelo público, que intervira para que isto non chegara a maiores. Coma daquela dou a calada por resposta, e ante a posibilidade da expulsión coma algo real e incluso probable, algúns decidimos divulga-la situación. Despois, volveuselle pedir, esta vez xa en público. Non era o desexable, pero foi a opición que nos quedou.

E agora que xa levamos varias semanas, nas que o tema estivo en ducias de blogs, na prensa, e sobre todo na rúa, aparecen hoxe nos medios unhas declaracións nas que, en primeiro lugar, nega que exista ningún proceso de expulsión. Con dous collóns.

"Non houbo nin hai ningún expediente de expulsión contra ningún compañeiro do BNG por pertencer a ningunha asociación. Polo tanto, eu espero que cese calquera campaña de vitimismo infundada"

Home, infundada, o que se di infundada, eu diría que non é. Chámenme suspicaz, pero a min dame que algo si que pasou, non? Se cadra, se non chegou (aínda) a haber expediente, igual é porque o tema saíu á luz e xerou máis polémica da que imaxinaban.

A continuación, desaira ó servizo diplomático do Estado de Israel, que previamente lle enviara unha carta, non amenzante, coma dixo Aymerich no noso Pravda enxebre, senón para informarse de primeira man sobre o que estaba a acontecer, e na que amosaba a súa preocupación porque algúen puidera ser expulsado por amosar simpatía cara o seu pobo.

O noso ínclito Portavoz aproveita para darlle leccións de diplomacia ós servizos diplomáticos israelíes, co desparpaxo do gañán de aldea que corrixe ó farmacéutico en temas de botica, nunhas declaracións populistas encamiñadas a busca-la simpatía do sector máis ortodoxo (o que o mantén), cunha pose de neno de quince anos que lle berra ó mundo: "Mirade todos coma me enfrento ós malos!".

Algúen pensará que digo isto porque Quintana non é santo da miña devoción, pero o certo é que un Vicepresidente do Goberno non pode responder a unha misiva oficial dun Estado cun desplante tabernario ante os medios de comunicación. Anque el non o crea, a Xunta non é súa; é dos galegos, el está de paso. Polo tanto, e polo respeto que o cargo merece, o correcto sería que retificase unhas declaracións que humillan ás nosas institucións tanto coma ó individuo que as pronuncia. Anque el estará todo cheo, seguro.

Di algo que non entendo: invita a Valadés a "obrar en consecuencia" logo de que a "asamblea democrática" na que o lincharon o venres pasado "recriminou a actitude dun compañeiro por ter determinadas actitudes ao respecto do conflicto de Israel con Palestina". "Obrar en consecuencia"; acaso agarda unha desas auto-inculpacións dos contrarrevolucionarios que tanta furor causaron durante o estalinismo?. Valadés na Praza América, amarrado sobre unha pira de leña berrandolle á xente:

"Por favor, que algúen prenda un misto, antes de que siga contaminando ó mundo!".

Seguro que Torquemada estaría por alí, sentado nunha cadeira de praia...

Tamén di que o que lle pasa a Valadés é consecuencia non da cerrazón, a intransixencia ou o fanatismo, senón, nin máis nin menos que da pluralidade. Así, o noso Portavoz apunta:

"Claro, os que defenden o pluralismo non poden botar as mans á cabeza porque despois ese pluralismo opte, democraticamente, por recriminar determinadas actitudes".

O acoso, os insultos, a tentativa de expulsión, todo, son cousas que hai que tolerar en nome da pluralidade. Está ben sabelo. E digo eu; se a asamblea democrática soberana decide pasealo por Vigo cunha orellas de burro, tamén hai que acatalo, se a maioría así o aproba? Se cadra son un brando, pero creo que ata para os sionistas ten que haber un límite.

Logo de ler tantos despropósitos nunha sóa páxina, que podo pensar, senón que temos un lider de trapo? Puidendo aproveitar para erixirse coma representante do conxunto do BNG, de todos e todas nunha organización plural e aberta, Quintana prefire actuar coma un malote de sala de xogos, que ataca ó débil para parecer máis forte.

Despóis de botar semanas eludindo da-la cara, o mínimo tería sido un pronunciamento claro e inequívoco onde expuxese sen rodeos se é posible militar no BNG e simpatizar co pobo de Israel. Sen máis. No canto diso, unhas declaracións confusas nas que fai gala dunha gran prepotencia e nas que parece botarlle a culpa a Valadés da súa situación.

Se, despois de varios anos postulándose coma o artífice dun BNG renovado e plural, Quintana ten algúna intención de impulsar esa reforma, non se entende esta atitude errática que, lonxe de cimentar o seu liderazgo na confianza do militante individual, contribúe a aumenta-la sensación de cobardía e sumisión que moitos temos hoxe del.

31 de mar. de 2007

Cando ruxe a marabunta

Na tarde de onte a Asamblea Comarcal de Vigo acordou solicitar (de novo) ó Consello Comarcal a expulsión de Pedro Gómez-Valadés por 75 votos a favor, 30 en contra, e 19 abstencións. A razón de que o proceso entrase en bucle débese ós seguintes motivos:

1) No Consello Comarcal, celebrado esa mesma tarde antes da Asamblea, decidiuse dar por válida a resolución da Executiva Nacional, que toleraba a permanencia de Valadés en ambas asociacións, sempre e cando non as vinculase. Así, e tomándoa coma un mal menor, a proposta foi aceptada, e acordouse trasladala á Asamblea para a súa votación.

2) Unha vez comenzada a Asamblea, a proposta que acababa de aproba-lo Consello foi votada e aprobada por 110 votos a favor, 6 en contra, e 10 abstencións; ata aquí todo normal.

3) Acto seguido, un grupo de militantes interviu para propoñer unha nova votación que, segundo o seu punto de vista, non incidía na anterior. A votación en cuestión consitía en pedirlle por favor a Valadés que dimitise da Executiva. Non invento nada, foi así. Esta proposta someteuse a votación e saíu aprobada.

4) Acto seguido, e conforme se ía caldeando o ambiente, outro grupo de militantes solicitou que se votase a expulsión de Valadés. Algúen tratou en van de facer ver que iso xa fora tratado na primeira votación, pero o tumulto estaba demasiado exhaltado para entrar en razón. Acto seguido votouse solicitar (outra vez) ó Consello Comarcal que procedese á súa expulsión, e de volta ó principio.

No canto de aproveitar para por punto e final a este despropósito, a Asamblea Comarcal, que se prolongou ata preto das 12 da noite, convirtiuse nunha sesión longa e sistemática de duro ataque persoal contra Pedro Gómez-Valadés. Foi, en primeiro lugar, repetidamente insultado pola súa postura sobre o conflicto árabe-israelí. Foi, asemesmo, acusado de traidor por ter acudido ós medios de comunicación para denuncia-la súa situación. Foi atacado no plano persoal por antigos compañeiros de Esquerda Nacionalista que agora se sumaron á xauría dende outras siglas (e así, de paso, distanciarse de EN, agora que xa non é útil para medrar). Incluso nun momento dado, cando a turba estaba totalmente desatada, algúen berrou que habería que cachealo, por se acaso levaba micrófonos agochados debaixo da roupa...

Coma rotwailers que morden e non soltan, destacáronse na cacería os membros da UPG, do Movemento Pola Base e do Encontro Irmandiño, mentres que os quintanistas gardaron un discreto silenzo cómplice. Todos contra un, unidos pola causa común de odiar ó mesmo home, de despedazalo diante de todos e celebrar ruidosamente a súa caída.

So engadirei que, para que as persoas que están lendo isto se fagan unha idea do ambiente no que se desenrolou a xuntanza, abonda con anotar que a intervención máis aplaudida foi a dun militante que defendeu que a solución ó conflicto árabe-israelí chegaría o día no que Irán atacase a Israel empregando a bomba atómica.

Despois do de onte, as cousas están así: agora o Consello Comarcal terá que aproba-la expulsión, para volver de novo á Asamblea Comarcal para a súa ratificación. Despois diso, o implicado ten un prazo de quince días a acudir en amparo ó Consello Nacional. No caso de que este órgano ratifique a decisión da Asamblea Comarcal, Valadés xa ten anunciado que recurrirá á xustiza ordinaria por vulneración dos seus dereitos estatutarios. Polo tanto, máis que rematar, isto acaba de comenzar de novo.

Comunicado da AGAI.

29 de mar. de 2007

Mañá é o día

Leo un interesante post en Zero Vacas sobre a abortada historia do que ía a ser o diario Galicia, e acabo a leitura cunha sensación de deja vu; moitas veces, repasando a historia do nacionalismo galego, os momentos máis amargos son aqueles nos que poderían ter facilmente cambiado o curso das cousas, e que se estragaron por falta de vontade de persoas concretas, coma aconteceu co diario Galicia. Agora non fai falla ir á hemeroteca; non so vamos a vivir un deses momentos, senón que podemos predecir lugar, data e hora.

Mañá é o día no que van a expulsar a Valadés. Logo do longo debate vivido, reflectido na blogosfera e nos medios de comunicación (de portas adentro, sobre este tema reina o silenzo), todo se vai saldar nun par de horas, nunha votación na que a UPG confirmará de novo que ningúen lle explicou que a democracia non é o mesmo que a ditadura da maioría. Como se nada tivera ocurrido.

A UPG e satélites votarán a favor. Valadés e quenes o apoian votarán en contra. Pero o que de verdade importa será comprobar quenes van quedar na casa. Quenes, coa súa cobardía, axudarán a sacar adiante a votación.

Estou farto da xente que critica os postulados ou a praxe da UPG, pero nunca vai mover un dedo por muda-las cousas. Se o sector "oficialista" non fai nada, estará perdendo a última oportunidade que lle queda para demostrar que outro BNG é posible. Se todo segue coma o previsto, eles serán os responsabeis concretos de que, unha vez máis, volvamos perde-la oportunidade de plasmar no nacionalismo galego os valores dunha modernidade que algúns pretenden evitar a calquera prezo.

26 de mar. de 2007

O interese do debate

A raíz do Caso Valadés, pronúnciase Alfonso Vázquez-Monxardín en Vieiros:

"Este debate non ten ningún interese nin importancia para Israel... pero si para nós, para os galegos. Para explorar as marxes de liberdade de pensamento e reflexión que se permiten hoxe no nacionalismo galego que representa o BNG."

Este venres decídese moito máis que a expulsión dun militante; de cómo se resolva este proceso dependerá qué clase de nacionalismo organizado (e, en consecuencia, de sociedade) queremo-los galegos para o noso país. Algúns vémolo claro, pero non somos nós quenes poden paralo.

Detrás do Bloque non está ningún entramado empresarial, non hai grupos de poder, nin intereses espúreos que nos guíen; tan só un a ilusión que fomos capaces de xenerar. Ilusión, transparencia, pluralidade; palabras fermosas que, despois de moitas reticencias, foron calando na sociedade. Foi un camiño moi longo para que agora vaiamos a deixalas no tinteiro. Anque só sexa por intereses electoralistas, non convén esquencer que a xente que vota Bloque faino porque nós levamos un valor engadido, algo que os demáis non teñen e, se perdemos o que nos diferencia, teremos que competir electoralemente con quen ten ó seu servizo tódalas armas medíaticas e institucionáis posibles.

Non será El País nin La Voz quenes acaben connosco. O único que pode rematar co BNG é o propio BNG, e todo apunta a que este venres ímos a pegarnos un tiro no abdómen.

24 de mar. de 2007

O teu é teu

O artigo de Guillerme Vázquez, ex-deputado do BNG, acerca de Gómez Valadés, afirma que éste podería ser expulsado, pero é mellor deixalo estar para seguir aumentando o número de votos. Como resulta que hai moita xente que saíu no seu apoio, hai que procurar non danar ese nicho de votantes.

Iso estaría ben se o que pretendésemos para o BNG fora unha democrácia de cara á galería. Pero coma Valadés (e os que o apoiamos) non quere iso, exixe o que é seu, e non se conforma con menos. Os dereitos cívicos non se regalan nin regatean. E os partido políticos teñen que regularse someténdose a eles. E, coma son teus, e non lle tes que pedir permiso a ningúen para exercelos.

15 de mar. de 2007

O debate de fondo

"O BNG non é unha federación de individuos librepensadores"

Xabier Pérez Iglesias, columnista e teólogo.

Ten toda a razón este rapaz; a expulsión de Valadés non é o debate de fondo. A negriña e os hipervínculos son meus; o resto é culpa da falta de mundo:

"Moi ao seu pesar, Pedro Gómez Valadés non é tan relevante como para ser a pedra de toque deste debate, (...) pese ao goteo de adhesións e apoios nada espontáneos de intelectuais da progresía, desde Manolo Bragado até Pilar Rahola."

"O debate é outro. E Valadés sábeo. Fica claramente definido na Carta Aberta que os seus afíns dirixiron ao portavoz nacional do BNG: "(...) a mesma formulación dos Dereitos Humanos individuais sempre debe preceder a calquera consideración de carácter colectivista(...)".

"A confusión interesada entre o lexítimo direito á discrepancia e a práctica da disidencia, (...), entroncan de cheo coa concepción individualista que o propio sistema impón a través da máis sutil violencia estructural de cara a desarticular de facto calquer atisbo de alternativa crítica e posíbel.

É no fondo unha contraposición de concepcións da política ben diferentes.

Dunha banda aqueles que a conciben con perspectiva biográfica, en chave personalista, enfatizando os espazos para a indivualidade, en detrimento do conxunto/colectivo. Doutra os que a entendemos recoñecendo o valor engadido que xera a sinerxia do corpo común, que a concibimos en perspectiva histórica."


Suscribo todas e cada únha destas palabras. Eu son dos primeiros, dos que defenden os tan capitalistas Dereitos Humanos de cada individuo. El, dos segundos, dos que cren que outro mundo é posible. Sobre todo cando non somos nós os que viven alí.

14 de mar. de 2007

É por xente así polo que sigo no Bloque

"Sr. D. Anxo Quintana, Portavoz Nacional do B N G:

Membros da Executiva Nacional do BNG:

Membros do Consello Nacional do BNG:

Ante o inicio do proceso de expulsión promovido polo Consello comarcal de Vigo na persoa de Pedro Gómez-Valadés, militante do BNG nesa localidade e Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel ( AGAI ), quero expresar ante vostedes, a miña total solidaridade con D. Pedro Gómez-Valadés e facer miñas todas ás súas actuacións, comunicados e roldas de prensa que fixo como Presidente de AGAI .

Quero tamén expresar a miña repulsa ante as medidas “inquisitoriais” tomadas contra este destacado e esforzado militante do BNG, según recoñecen os seus propios “ inquisidores”, polo único motivo de presidir unha asociación “ imperialista”, xa que “o goberno de Israel aposta por prácticas imperialistas, e declarar o contrario é incompatible cos principios do Bloque Nacionalista Galego“, segundo declarou dona Manuela Rodríguez, responsable comarcal do BNG de Vigo .

Como xa comuniquei ao responsable comarcal do BNG en Ferrolterra, Sr. López Foxo, eu son tamén afiliado do BNG, socio e membro fundador da Asociación Galega de Amizade con Israel e polo tanto calquera medida que o BNG, tanto a nível comarcal como nacional, tome contra Pedro Gómez-Valadés tamén terá que ser tomada contra á miña persoa.

Como xa dicia anteriormente, o maior “pecado” que cometimos tanto Pedro coma eu mesmo, é apoiar a un estado “imperialista” coma é segundo a maior parte do Consello comarcal de Vigo o estado de Israel. Asi mesmo e por pura lóxica, e tamen segundo o mesmo Consello comarcal, AGAI é unha asociación “ imperialista”.

¿Cren vostedes que un pobo que foi invadido e ocupado durante 200 anos polo Imperio Romano, destruindo Xerusalem no ano 70 d.C. por medio das tropas do xeneral Tito, é un pobo imperialista?

¿Cren vostedes que a heroica resistencia en Masada contra as lexións romanas e digna dun pobo imperialista?¿Cren vostedes que un pobo que foi expulsado salvaxemente da súa terra pola forza do imperio Romano é un pobo imperialista?

¿Cre vostede Sr. Quintana, que un pobo que andivo errante durante 2000 anos, sufrindo persecucións, expulsións, progroms, asasinatos, etc.. ,é un pobo imperialista?

¿Cren vostedes que un pobo que sufreu a Shoá (Holocausto) con maís de 6 millóns de mortos é un pobo imperialista?

¿Cren vostedes que un país como o estado xudeu de Israel, que é do tamaño da nosa Galiza quitándolle a provincia de Ourense é un país imperialista?

¿Cre vostede Sr. Quintana que o estado xudeu de Israel que ten 7,5 millóns de habitantes, dos cales 1,5 millóns son árabes, é un pobo imperialista?

¿Cren vostedes que un país que fai oficial a lingua da minoria árabe é un país imperialista?¿Cren vostedes que un país que ten como lingua oficial o árabe, lingua dos seus maís feroces inimigos, é un pais imperialista?

¿Cre vostede Sr. Quintana, que un país de 7,5 millóns de habitantes rodeado de 300 millóns de persoas en diversos paises enemigos ou hostiles, é un país imperialista?

¿Cren vostedes que un país que ao día seguinte da súa independencia, respaldada pola ONU, é atacado polos países veciños para destruilo, é un país imperialista?

¿Cren vostedes que un país que sufre unha agresión no ano 1967, na chamada Guerra dos seis dias, por medio de todos os paises árabes que o rodean para intentar a sús destrucción, é un país imperialista?

¿Cren vostedes que un país que sufre unha agresión no ano 1973 na chamada Guerra do Yom Kipur, por medio de todos os paises árabes que o rodean co fin de destruilo, é un país imperialista?

¿Cren vostedes que o ÚNICO país do mundo ameazado de destrucción total é un país imperialista?

¿Cre vostede Sr. Quintana que o ÚNICO país do Oriente Medio onde se respectan os dereitos das mulleres, e de todas as minorias étnicas e relixosas, é un país imperialista?

¿Cren vostedes que o ÚNICO estado de dereito e democrático de Oriente Medio, rodeado de estados ditatoriais con gobernos oligarcoteocráticos, é un estado imperialista?

¿Cren vostedes que un país como Israel onde o Tribunal Supremo obriga a desviar o trazado da cerca antiterrorista tras gañar un recurso varios cidadáns palestinos, é un estado imperialista?

¿Cren vostedes que un país xudeu que tén deputados árabes na Knesset(Parlamento) é un país imperialista?

¿Cren vostedes que un país que está ameazado pola maioría dos países árabes e ten un ministro árabe é un país imperialista?

¿Cren vostedes que un país que recolle a varios centos de miles de xudeus procedentes do que era a Unión Sovietica, a maioria deles nun estado de pobreza extrema, e dalles un fogar e un traballo, é un país imperialista?

¿Cre vostede Sr.Quintana que un país que foi creado na súa etapa actual por mozos e mozas sionistas socialistas procedentes de moitas partes do mundo, sufrindo verdadeiras calamidades nunha terra hostíl e desértica, é un país imperialista?

¿Cren vostedes que o único país do mundo onde se aplicou o ideario comunista dun xeito democrático e voluntario (Kibbutz) con resultados económicos e sociais espectaculares, é un país imperialista?

¿Cre vostede Sr.Quintana, que un país que rescata mediante pago ao país de orixe a máis de 15.000 cidadáns etíopes (falashas) de raza negra, pero que practicaban o xudaismo dende tempos inmemoriais e os convirte en cidadáns israelíes de pleno dereito, é un país imperialista?

¿Cren vostedes que un país que sofre o acoso do terrorismo dende hai máis de 70 anos e que só dende o ano 2000 provocou 1.200 mortos civís entre os seus cidadáns, é un país imperialista?

¿Cren vostedes que un país que ten na súa fronteira norte a un grupo terrorista como Hizbula, armado e adestrado por Irán e Siria, que pusee entre 30.000 e 40.000 cohetes con un alcance de entre 50 e 100 Km é que está disposto a disparalos indiscriminadamente, como xa fixo hai uns meses, contra a poboación civil, é un estado imperialista?

¿Cren vostedes que un país no que moitos cidadáns seguen lembrando con nostalxia o seu país de procedencia e conservando moitos deles a lingua que os seus antepasados trouxeron de Sefarad (España), é un país imperialista?

¿Cren vostedes que haberia algún país europeu que soportaría máis de dous meses o asedio terrorista que sofre Israel?

¿Cren vostedes ético e moralmente admisíbel acusar a Israel de “prácticas imperialistas” e non dicir nada sobre a destrucción de Chechenia polo exercito ruso?

¿Cren vostedes ético acusar a Israel de “prácticas imperialistas” e non dicir nada da utilización de nenos e menores no conflito palestino-israelí por parte dos palestinos?

¿Cren vostedes ético e moralmente admisíbel acusar a Israel de “prácticas imperialistas” e non dicir nada en contra de aquiles que envian a homes e mulleres cargados de explosivos para suicidarse e causar o maior dano posíbel entre a poboación israelí?

¿Cren vostedes ético acusar a Israel de “practicas imperialistas” e non dicir nada de que nas escolas palestinas se enseña aos cativos a odiar aos xudeus?

¿Cren vostedes ético acusar a Israel de “prácticas imperialistas” e non dicir nada sobre onde van os miles de millóns de dólares que EE.UU., Europa e algún país árabe entregan dende hai moitos anos a Autoridade Nacional Palestina mentras a poboación pasa necesidade de limentos, medicinas e outros produtos de primeira necesidade?

Sr.Quintana, membros da Executiva Nacional, membros do Consello Nacional, poderia seguir así 5 ou 6 folios máis, pero é dabondo para demostrar que Israel non é un pais imperialista, nin AGAI é unha asociación “imperialista”.

Sr.Quintana, membros da Executiva Nacional, membros do Consello Nacional, penso que a maioria do Consello comarcal de Vigo equivocouse de país. ISRAEL NON É CUBA, país que sofre unha ferrea ditadura nun estado-cadea onde os seus cidadáns non poden saír nin entrar libremente.

ISRAEL NON É CUBA, país onde no ano 2.003 foron fusilados tres rapaces por secuestrar unha pequena embarcación para fuxir dese “paraíso”, sen producir ningún dano nin a persoas, nin á propia embarcación .

Sr.Quintana, ISRAEL NON É ARXELIA onde os islamistas levan causado máís de 100.000 mortos .

ISRAEL NON É ARABIA SAUDÍ onde hai uns días foron decapitados tres xóvenes por “sodomia, casarse entre eles e facer proposicións a outros homes”.

Membros da Executiva Nacional, ISRAEL NON É A REPÚBLICA ISLÁMICA DE IRÁN onde máis de 4.000 gays e lesbianas foron executados dende o ano 1.979 coa chegada dos Ayatolás.

ISRAEL NON É A REPÚBLICA ISLÁMICA DE IRÁN onde foron executados máis de 100.000 persoas dende o ano 1.979.

Membros do Consello Nacional, ISRAEL NON É A REPÚBLICA POPULAR DE CHINA responsábel da morte de máis de 1.000.000 de tibetanos.

ISRAEL NON É XORDANIA que matou máis de 20.000 “palestinos” no coñecido como “Setembro negro”

ISRAEL NON É A AUTORIDADE NACIONAL PALESTINA onde unha persoa acusada de “colaboracionista” é asasinada nos cuarteis da policia sen ningún tipo de xuizo e despois colgada na rúa para ser acoitelada por nenos e maiores.

ISRAEL NON É OS PAISES ÁRABES onde a muller é lapidada, tapada e queimada con ácido polos seus propios irmáns por “deshonrar” á familia.

Sr.Quintana, membros da Excutiva Nacional, membros do Consello Nacional, ISRAEL NON É EXIPTO onde son perseguidos, castigados e a veces asesinados persoas homosexuais .

ISRAEL NON É ARABIA SAUDÍ, IRÁN, SUDÁN, TURQUIA, MARROCOS ou outros países árabes onde xudeus ou cristiáns non poden públicamente profesar as súas creencias relixiosas nin abrir templos so pena de ser decapitados ou perseguidos.

O grave problema de todo isto Sr.Quintana, membros da Executiva Nacional, membros do Consello Nacional, é, que detrás de toda esta acusación non está o “TRADICIONAL ANTIIMPERIALISMO” do BNG, senón un TRADICIONAL ANTISEMITISMO que cada vez con máis forza percorre Europa, e que afecta principalmente á esquerda politica e polo tanto tamen a esquerda máis extrema e rancia dentro do BNG como é a marxista-leninista UPG, lugar de onde proceden inicialmente as acusacións contra Pedro Gómez-Valadés.

Se o que se pretende é que levemos a nosa “militancia” na Asociación Galega de
Amizade con Israel á clandestinidade, negando a nosa militancia no BNG cando estemos traballando en AGAI ou negando a nosa militancia en AGAI cando estemos traballando no BNG, ou tapando a cara para non saír nas fotos e que podamos ser identificados por alguén como membros do BNG, non conten comigo e penso que tampouco co resto dos militantes do BNG que militan en AGAI.


Vou seguir defendendo o que creo que é de xustiza .

Vou seguir defendendo o dereito de Israel a non ser borrado do mapa.

Vou seguir defendendo o dereito de Israel a ter unhas fronteiras seguras.

Vou seguir defendendo o dereito de Israel a non ser acosado polo terrorismo islámico.

Vou seguir defendendo o dereito de Israel a non ser acosado polos terroristas de HizbuláVou seguir loitando contra o maniqueísmo occidental neste conflito.

Vou seguir loitando contra a banalización da Shoá (Holocausto).

Vou seguir loitando contra a negación da ShoáVou seguir defendendo a Israel porque é un minúsculo país, un minúsculo país democrático sufrindo o acoso do Imperialismo Islámico, mentras en occidente a maioría da clase política é sobre todo a maioría da esquerda mira cara outro lado . Total que maís dá, son xudeus!!!

Vou seguir defendendo a Israel porque é defender os valores xudeu cristiáns de liberdade individual, liberdade colectiva, liberdade de culto, respeco aos dereitos das minorias étnicas ou relixiosas, respecto aos dereitos humanos, respecto aos dereitos da muller, respecto á vida, respecto á liberdade de pensamento, dereito á xustiza, etc...

Guste ou non guste á xente da UPG e a outra xente do BNG (Sr.Beiras incluido) vou seguir defendendo ao estado de dereito e democrático de Israel e estando en contra dos terroristas de Al Fatah, Mártires de Al Aqsa, Yihad islámica, Hamás e a chamada Autoridade Nacional Palestina mentras siga permitindo que existan estos grupos terroristas e lles dea apoio na maioría das ocasións.

Dicia Albert Einstein (perdón por citar a un xudeu) que hai dúas cousas que son infinitas, a estupidez humana e o Universo. Visto o que está sucedendo no BNG é máis fácil dubidar do segundo que do primeiro."

Neda ( A Coruña) , 4 de Marzo de 2.007

Asdo.- Abel Anxo García López

Concelleiro do BNG en Neda ( A Coruña )

Xente coma esta é a que me fai crer que todavía hai esperanza. Xente que está disposta a decirlle ben alto á esquerda retrógrada o que ista non quere oír.

Logo de moitos anos repetindo as caducas consignas coma se foran verdade revelada, xa vai sendo hora de que se habituen a escoitar e a argumentar, a respeta-la discrepancia, a entender, dunha vez por todas, que democracia e unanimidade son dúas ideas que non caben na mesma frase.

12 de mar. de 2007

Manifesto

Todalas persoas que queiran amosa-la súa solidaridade con Pedro Gómez-Valadés, o militante do Bloque Nacionalista Galego que vai ser expulsado por presidir unha asociación de amizade entre Galiza e Israel, pode facelo suscribindo o manifesto Carta aberta a Anxo Quintana. O obxetivo desta iniciativa é que o Portavoz Nacional do BNG interceda para evitar este despropósito. Quen queira amosa-la súa discrepancia con este proceso pode facelo enviando un correo a cartaaberta_anxoquintana@yahoo.es.

Para suscribir o manifesto non é necesario ser militante do BNG. Asimesmo, o feito de que alguén o asine non significa que concorde coas opinións de dito militante. Esta é unha iniciativa que non busca posicionarse sobre o conflicto árabe-israelí, senón que só pretende denunciar a vulneración dos dereitos individuáis desta persoa.

Para deter esta expulsión é imprescindible que o Portavoz Nacional se pronuncie en contra desta medida. Portavoz que, convén recorda-lo, éo de todolos militantes do BNG, e non só daqueles que o votaron.

Independentemente da opinión de cada quén, a liberdade de expresión sempre debe prevalecer. Esta medida arbitraria deteriora irremediablemente a calidade da democracia interna da nosa organización. As normas están para todos, e deben aplicarse obxetivamente, e non coma unha arma arroxadiza contra os adversarios políticos da Unión do Pobo Galego. Por todo isto, ou só por mera decencia: non á expulsión de Pedro Gómez-Valadés.

10 de mar. de 2007

Respeto ás minorías para gañar a sociedade

"O pluralismo interno é un valor no BNG cuxo significado vai máis alá dunha formulación meramente teórica. Para unha forza política con aspiracións a ser maioritaria na sociedade, o respecto efectivo ás minorías é fundamental por tres razóns:

1. Porque é o exemplo do modelo social e cultural da Galiza do futuro, onde todos e todas debemos ter cabida independentemente da nosa filiación política e ideolóxica, onde mesmo os non nacionalistas han compartir dereitos e obrigas con nós para a construción do noso país.

2. Porque o noso modelo organizativo está así concibido, admitindose a presentación de listas diversas que responden a sensibilidades diversas. Así se plasmou na última Asemblea Nacional, sendo considerado como unha riqueza e non unha debilidade do BNG.

3. E finalmente, e o máis importante, porque a mesma formulación dos Dereitos humanos individuais sempre debe preceder a calquera consideración de carácter colectivista. Isto é unha esixencia que toda a sociedade e non só BNG debe apoiar: todo deterioro destes principios en calquera lugar inicia a pendente que nos leva ao totalitarismo.

O BNG iniciou un proceso de expulsión dun dos nosos afiliados. Primeiramente, votou a súa consideración de "militante de segunda" (sen posibilidade de acceso a cargos) en razón da súa pertenza a unha asociación legal e democrática, -ASOCIACION GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL- que, como o seu nome indica, busca a amizade e a concordia entre os pobos. Dita purga vén motivada por unha lectura maniquea e unilateral dun conflito complexo e difícil; e é un atallo do colectivismo que viola os artigos 18,19 e 20 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e que contradí o principio do pluralismo e respecto ás minorias, situándonos nun novo escenario dentro do BNG:

1. Aniquila o sistema organizativo e representativo do que nos dotamos, e substitúeo por un sistema de purgas e imposicións de maiorías circunstanciais que crea inestabilidade e medo á depuración como novos principios organizativos.

2. Desmobiliza e retrae os nosos apoios sociais que observan eses novos principios organizativos de depuración como a pauta a seguir por un futuro BNG maioritario.

3. Converte unha determinada opinión de análise política internacional en filtro de pertenza plena á organización. A ideoloxía que resulta do filtrado é que o "antiimperialismo" que di defender o BNG renuncia ao acervo democrático occidental Ademais o antiimperialismo non debería estar por riba do pluralismo político, da liberdade de expresión e do dereito á discrepancia pública.

É por iso que chamamos á solidariedade dos nosos compañeiros e compañeiras, dos nosos representantes institucionais e políticos, e mesmo de toda a sociedade para amparar un dereito humano e democrático. Reivindicamos o respecto ás minorías en favor de toda a sociedade galega."

Asinan:

01 - Xoán Bernárdez Vilar / 02 - Abel Anxo García López
03 - Manuel Feás Sánchez / 04 - Cesar Pazos Barreiro
05 - Mª Isabel Ferreiro Rodríguez / 06 - Fernando del Rio Iglesias
07 - Francisco X. Lores Ínsua / 08 - Xurxo Gegorio Vaqueiro
09 - José Henrique Pérez Rodríguez / 10 - Florentino Pinheiro Vasques
11 - Xose Carlos Morell Gonzalez / 12 - Xoan Xesús Rozas Neira
13 - Iago Pillado Losada / 14 - Natalia Costas Alonso
15 - Fernando Acuña Rúa / 16 - Henrique Monteagudo Romero
17 - Fernando Rodríguez Dacosta / 18 - Miguel Mato Fondo
19 - Xosé María Moreno Villar / 20 - Vitor Manuel Meirinho Guede
21 - María Luisa Varela Nogueiras / 22 - Alberte Mahía Rodríguez
23 - Felipe Gómez Morgade / 24 - Francisco Xavier Freire Chico
25 - Carlos Pérez Sainz / 26 - David Álvarez López
27 - Francisco Lores Santacecilia / 28 - Alexandre Fernández Villaverde
29 - Alberte Vila González / 30 - Gonzalo Cao Sousa
31 - Xosé Manoel Santos Díaz / 32 - Quico Recondo Martínez
33 - Xosé Manuel Garcia Garcia / 34 - Xosé Manuel Xil Ramos
35 - Xosé-Henrique Costas González / 36 - Antonio Rodríguez Sampayo
37 - Diego González López / 38 - Patricia Pampillón Vila
39 - Carlos Nuevo Cal / 40 - Marta Toledano Funes
41 - Rosendo Gonzalo Covelo Roma / 42 - Carlos Alonso Valladares
43 - Xavier Gómez Curras / 44 - Xose Gómez Quintela
45 - Xosé Vixande López / 46 - Daniel Monteagudo Ferreira
47 - Xavier González Carreira / 48 - Manuel Currás Meira
49 - Susana Seoane Dovigo / 50 – Heliodoro Álvarez Conde
51 - Xusto Molejón Valoria / 52- Xoaquín de Acosta Beiras

Este manifesto apareceu publicado no xornal El Faro de Vigo no día de hoxe, sábado 10 de Marzo de 2007, baixo o epígrafe Carta aberta a Anxo Quintana. Sen embargo, en previsión da que lle viña enriba, xa hai días que o noso valente Portavoz Nacional decidiu marcar coma spam esta clase de misivas.

9 de mar. de 2007

O video que nunca estará no Youtube

A continuación transcribo parte da entrevista que se lle fixo en Radio Sefarad ó pérfido sionista e consumado xenocida o sábado tres de marzo, logo de chegar a un acordo económico satisfactorio co meu contacto do Mossad para difundila.

A entrevista comenza co propio Valadés explicando pormenorizadamente a súa situación, ata que a entrevistadora (son dous, un home e unha muller), sorprendida, o interrompe, decíndolle que o que lles está contando é algo completamente inquisotorial, irreal, propio dunha novela de Kafka

“Bueno, a fuerza de repetir todas las barbaridades que escuché ayer en cuatro horas de debate, que empezamos a las ocho y cuarto y acabamos casi a la una de la mañana, en anteriores… el día anterior hubo un Consello Local en que una persona, un histórico del BNG y también miembro de la asociación, se dio de baja ya porque dijo que, independientemente de la resolución, el no podía compartir militancia con estos talibanes, o aprendices de talibánes,… Cuando repaso todo lo que escuché, es realmente increíble. Si no fuera que allí estaba yo de testigo es casi… efectivamente, de Kafka. Allí se me acusó de estar a sueldo del Mossad, y no lo dijo un militante normal, anónimo, lo dijo una señora diputada en el Parlamento de Madrid, Olaia Fernández Davila, del BNG, ella dijo que estaba a sueldo del Mossad, y lo reiteró. Y que no era casual el nacimiento de la asociación, que era parte de una estrategia para hundir al Bloque. La situación es delirante y, si repito algunos de las afirmaciones que se dijeron en esta reunión, en la de ayer y en la anterior, probablemente son espeluznantes.”

(…) Muchos de los que nos oyen (…) estarán intersados en saber sobre la Asociación Galega de Amizade con Israel, y quienes componeis esta asociación. Tu mismo eres del Bloque Nacionalista Galego, en particular de Esquerda Nacionalista. ¿Quiénes más estáis en esa asociación y cuales son vuestras actividades?

“Bueno, primero reiterar lo que ya dije en varias, muchas ocasiones; que la asociación es apartidaria, como tiene que ser, independientemente de que miembros de la Directiva o miembros de la asociación seamos del BNG, del PP, del PSOE o de nada. Incluso algunos votan y otros no votan. La asociación es apartidaria. La asociación tiene unos puntos fundacionales que compartimos todos y, a mayores, uno puede estar a favor de una mayor intervención del Estado en la cosa pública o una menor, esos ya son cuestiones extra-asociación.

La asociación tiene varios puntos. Uno es combatir lo que nosotros entendemos la banalización del Holocausto, cuando no la negación del mismo. Es recuperar la secular huella histórica, como parte de nuestra memoria histórica como gallegos, de la presencia judía en Galicia, que fueron siglos de presencia, y pensamos que es parte de nuestra memoria histórica que debemos recuperar.

Entendemos que hay una criminalización, una demonización de Israel, por defecto, y un acriticismo con los palestinos que no es, desde luego, ajustado a la realidad. Entendemos que, en la medida de nuestras posibilidades debemos aportar información para que el debate en la sociedad sea lo más equilibrado posible, en la medida de nuestra posibilidades, claro está. Entonces, para llevar a cabo todos estos propósitos pretendemos tener una publicación, en la que estamos trabajando ya. El nombre de la publicación es “De Compostela a Xerusalén”, que tratará de muchos temas relacionados con Israel, con Galicia, con el mundo judío, en fin. Cuando esté…

(Interrumpindo) Perdone, y ¿ esto es lo que ellos dicen que es trabajar para el Mossad?

“Si, si. Bueno, es que dijeron tantas barbaridades, tantas barbaridades que ya no... No niegan que haya algún judío bueno, eso se dijo, son cosas, son realmente... ¡Si esto lo tuviera grabado y lo pudiera colgar en el Youtube!”

Casi de manual, ¿no?, una reunión de Manual de Perfecto Antisemita...

“Sí, y duele más cuando… Bueno, yo le niego a estas personas el calificativo “de izquiedas”. Estos son estalinistas frustrados y fracasados que pretenden imponer en el 2007 esquemas de antes de la caída del muro de Berlín en la Rusia soviética.

Yo creo que la izquierda tiene que ser, y es hablo particularmente, ya como Pedro Gómez-Valadés, tiene que ser objetiva, lo más objetiva posible, tiene que ser científica, tiene que estar dispuesta a modificar lo que piensa de cualquiera cosa, no guiarse por propaganda o por los catecismo de Marta Harnecker, y esta gente siguen ahí, anclados en el Muro de Berlín.

Alguno ayer me dijo, a pregunta mía, le pregunté qué opinaba de,… porque el se definía como prosoviético (risas do locutor), y estamos en el 2007, ya non existe la Unión Soviética, y es un cargo institucional alto del BNG, no estoy hablando de un militante de base con poca formación, estoy hablando de un concejal en Vigo, que es la principal ciudad de Galicia, y el me decía que… le pregunté por la invasión rusa de Praga en la Primavera del 68, y el dijo que eso estaba bien hecho, y lo apoyaba y lo seguía apoyando. Con mentalidades así, como puedes imaginar, el diálogo es difícil.”

Desde luego

(…)

E hai máis, moito máis. Houbérame gustado colga-la entevista no blog, pero coma é unha función que non está dispoñible, nin é un video que poida colgar no Youtube, se algúen ten interese en escoita-la íntegramente (dura un cuarto de hora), pódolle-la enviar nun arquivo MP3. Se algúen está interesado en coñecer (confirmar) como as gasta a UPG cos desviados, que me avise a julicheiro@gmail.com, e lle-la envío sen problemas. Que ningúen se quede coas ganas; coma nos servizos de contactos, o anonimato está garantido.

Volvo a escoita-la entrevista e reafírmome no que levo días pensando: que todo isto é tan, tan irreal, que seguro que, ó final, non é máis que unha broma que algúen nos está gastando mediante unha cámara oculta…