Mostrando postagens com marcador España. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador España. Mostrar todas as postagens

5 de fev. de 2009

A viga no ollo

Sobre a admisión a trámite pola Audiencia Nacional da querela contra militares israelíes, Abraham Foxman, o director da Liga Anti-Difamación, considerouna "hipócrita e de insulto cara o Estado de Israel. (...) Dado o vergoñento historial da súa propia xudicatura, España non está en posición de destacarse a si mesmo coma un exemplo sobre terror e lei. Sería mellor que trataran de abordar as súas maiúsculas deficiencias, no canto de empañar a independencia e alta responsabilidade da xudicatura de Israel." A modo de exemplo, lembrou a liberación de Eddin Barakat Yarkas, condeado por financiar os atentados do 11-S e "a paralización da investigación sobre os asasinatos de 100.000 cidadáns durante a dictadura de Franco." (ABC)

2 de fev. de 2009

1 por 1000

(...) A min sempre me pareceu un imposible –por pura contradicción entre os termos– a alianza de civilizacións que ilusamente plantexa ZP. E cando digo sempre, remóntome a antes de que España lle vendera a Irak o gas co que masacrou aos kurdos no 88. España é o 8ª fornecedor mundial de armas. A algúns só lles interesa que ¡o 1 por 1.000! do que se exporta vaia a Israel. Que o 25% sexa para Marrocos ou que as nosas armas acaben en Irán, Venezuela, Malasia ou Cuba, carece de interés. Quen sabe cantos saharauis, kurdos ou mesmo venezolanos morreron baixo o lume español. (...)