Mostrando postagens com marcador Axenda. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Axenda. Mostrar todas as postagens

20 de out. de 2008

Antes do 48




A Fundación Araguaney (Santiago de Compostela [ver mapa]) inagurou o venres 17 unha exposición con imaxes de Palestina antes da creación do Estado de Israel, coma preludio do Festival Amal. As fotografías proceden da Fundación Árabe para a Imaxe, e deixando ao lado a súa intencionalidade política, socavar a lexitimidade da autodeterminación xudía, a mostra ten o atractivo de amosar unha época se cadra pouco coñecida pero capital para entender a situación dos nosos días. 

[Máis: para facerse unha idea do clima deses tempos hai un par de bóas películas, o clásico Exodus e a recente Oh, Jerusalén, que penso que reflicten ben a situación de Palestina nos momentos previos á Partición e á conseguinte Guerra de Independencia]

10 de jan. de 2008

Axenda (2)

A AGAI organizou unha charla-coloquio co gallo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto, que se celebra o vintesete de xaneiro. A mesma terá lugar o 23 de xaneiro, mércores, ás 20:00 horas, no Clube Internacional de Prensa de Santiago de Compostela (Avenida da Coruña 6 - baixo).

O acto, presentado por Afonso Vázquez-Monxardín, escritor e membro de AGAI, levará por título "O negacionismo do holocausto e a memoria das vítimas", e contará coma poñente co Sr. Edwin Yabo, agregado cultural da Embaixada de Israel en España, e que xa noutras ocasións se prestou amablemente a colaborar coa Asociación.

(Máis: o aviso na páxina da AGAI)