Mostrando postagens com marcador Shoah. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Shoah. Mostrar todas as postagens

28 de jan. de 2009

Yad Vashem

Sala da lembranza. Autor: Francesco Gasparetti.

O Yad Vashem, a institución fundada para preservar a memoria da Shoá, abre páxina en castelán. Nela recóllense unha ampla seleción de testemuñas e estudos sobre esta época histórica que, a través de soportes coma vídeos, documentos ou fotografías, nos achegan ó vértigo absoluto. Moi interesante e recomendable.

[A ler: El rapto de Europa, de Carlos de la Rica.]

27 de jan. de 2009

Que as masas nunca poidan logralo de novo


Auschwitz II - Birkenau. Autoría: Qba From Poland.


"Se comprendere è impossibile, conoscere è necessario."

Primo Levi


A vintesete de Xaneiro do 2009,
Día mundial de conmemoración das vítimas do Holocausto.

Galiza, Europa.

26 de jan. de 2009

Un día de Xaneiro: contra as retóricas da barbarie.


Un artigo de
Carlos Penela.

"...toute tolérance accordée aux fanatiques leur fait croire immédiatement à de la sympathie pour leur cause."

Marguerite Yourcenar
En novembro do ano que acabamos de despedir, cumpríronse setenta anos dos limiares da grande infamia europea do século XX. Da noite do 9 ao 10 dese mes de 1938 desenvolvéronse en diferentes cidades de Austria e Alemaña, e de maneira simultánea, acontecementos de razzia, persecución e deportación contra cidadáns xudeus destes dous países, actos vandálicos artellados directamente pola dirección do NSDAP e coñecidos baixo o nome de “Kristallnacht” ou “Noite dos cristais rotos”. A excusa para o linchamento: o atentado que o 7 de Novembro o mozo xudeu de orixe polaca, Herschel Grynszpan -cuxa familia fora deportada polo rexime nazi- cometeu, disparando contra Ernst Eduard vom Rath, representante do NSDAP na embaixada alemana en París.

Entre o 7 e o 13 de novembro foron asasinadas directamente ou inducidas ao suicidio preto de 400 persoas, queimáronse unhas 1.400 sinagogas, destruíronse cemiterios, atacáronse escolas, tendas, centros de axuda social, asociacións culturais. Foron conducidas á deportación dos campos de concentración por volta de 30.000 persoas, onde centos morrerían polas condicións extremas de traballo, pola falta de comida, polas doenzas. Contodo (ironías obscenas da barbarie), os cidadáns xudeus eran aínda culpables aos ollos do réxime e foron obrigados a pagar ao Estado nazi preto dun billón de marcos en concepto polo estrago das agresións que eles mesmos sofreran.

Estes actos de violencia pública extrema contra cidadáns europeos que non cometeran crime algún eran, en realidade, para o fascismo alemán a continuación lóxica da súa política totalitaria. Unha política que, sen pudor algún xa, levaba á praxe os formalismos do antisemitismo teórico máis extremo e, como totalitaria que era, puña o selo último a un proxecto total de destrucción. Como o definiu Raul Hilberg, un dos máis rigorosos estudosos do Holocausto "a escala e a intensidade da operación, aplicada por unha burocracia alemana metódica e eficaz carecía de precedentes”. Tal proxecto ficara lexitimado xa, realmente, anos antes coas leis raciais de Nuremberg de setembro de 1935, promulgadas polo III Reich contra os cidadáns xudeus. Para ter unha aproximación moi viva sobre a atmósfera real que lle seguiu á promulgación desas leis é recomendábel a leitura de Historia dun alemán, de Sebastian Haffner, onde se relata de primera man esa escalada da demagoxia antisemita en Berlín, en todas as esferas da vida, en todos os actos. Sen posibilidade de absolución.

Desde o ano 39 comezáronse a desprazar enormes masas de poboación desde o leste ocupado; esa estratexia, espallada polos frentes da guerra e acollida nos países que o nazismo invadía, abateríase de maneira xa total e sistemática, pois, contra todas as comunidades xudías de Europa até o final da II Guerra Mundial: desde Polonia, onde, desde o comezo, axiron os “Einsatzgruppen” ou forzas móbiles de exterminio, perseguindo e asasinando con total meticulosidade, até os Balcáns, onde vivían máis de 1.600.000 xudeus e onde se deportou masivamente (Serbia, Grecia... Lémbrese a devastación de Salónica). En moitos casos, os alemáns contaron coa colaboración directa de amplos sectores da poboación civil dos países ocupados: Babi Iar, ás aforas de Kiev en Ucraína, escenario dunha masacre de máis de 100.000 persoas -un terzo deles, nenos-, é un dos exemplos máis estarrecedores; ou xa no fin do conflicto, na primavera do 1944, en Hungría, co exterminio de case a totalidade da poboación xudía, exterminio perpetrado coa axuda directa do "Nyilaskeresztes Párt" ou "Partido das Cruces Frechadas", os fascistas húngaros. As palabras de Goebbels, ministro de propaganda nazi, son moi significativas a respeito desta colaboración na masacre, cando afirma sobre os austríacos: “a formación recibida do Imperio dos Habsburgo, dotáraos de habilidades especiais para tratar os pobos sometidos”.

Nesa vastísima e extraordinaria novela de Vassili Grossman que é Vida e destino, recréase cun latexo denso e escuro o momento en que Eichmann vai larvando, sobre o terreno, a construcción das cámaras de gas como medio para acelerar a “solución final”. Así foi, logo da Conferencia de Wannsse en 1942, Hitler dera a súa aprobación para a “Endlösung der Judenfrage” ou “solución final á cuestión xudía” e encomendara esta tarefa a Adolf Eichmann, tenente coronel das SS. O que vén a continuación é o paso derradeiro nesa retórica da barbarie. O pobo xudeu sufriuno de maneira global e sistemática: na leitura letal que o nazismo facía, o feito de existir levaba implícita xa a condea da destrucción. Xunto a el, e de maneira moi dramática igualmente, como é sabido, outros colectivos e etnias (refuxiados políticos, homosexuais, sintis e romas...) e todos aqueles que se opuxeron ao III Reich (desde socialistas a cristiáns, desde militantes pacifistas a estudantes...) padeceron represión, tortura e morte. É, en definitiva, unha liña de sombra espesísima trazada con labor criminal perante a condición humana.

Son feitos documentados, constatados... Divulgados abondo... Ou non tanto? Convén describilo agora, sen equívocos e sen mascaradas, sen medias palabras; é deber asumilo coa responsabilidade que toca por todos os que estean desa beira da vida preservada da barbarie, pola significación abismal que tivo na conciencia do home do noso tempo. Está presente. Ou non tanto?

Ou non tanto... a pregunta ecoáme de xeito raro nestas datas, nunhas datas en que, para vergonza de Europa, novamente se deron rédea solta as máis baixas paixóns racistas contra cidadáns europeos en forma de lemas antisemitas intolerables e agresións de maior ou menor intensidade. Nunhas datas onde nas rúas de cidades de Europa, dunha Europa abalada non hai tanto pola guerra e os totalitarismos, como Copenague (capital dun país que pode afirmar con orgullo que salvou a totalidade dos seus cidadáns xudeus do exterminio con auténtica coraxe civil), se escoitaron berros ao son de “Heil Hitler!” e outras arengas de odio e racismo de maneira pública, que producen auténtico estupor; como París, onde se produciron ataques contra sinagogas e escolas xudías impunemente; como Londres ou Amsterdam, onde se deron actos vandálicos contra establecimentos e agresións físicas contra os cidadáns dunha comunidade que ningún delito cometeu; como Madrid, onde se fixo escarnio e banalización pública do Holocausto, sen que ninguén se parase nin sequera a pensar o que se estaba formulando no medio do balbordo, a dimensión que tiña a afrenta e a difamación. Isto, hoxe e agora, entre nós. A menos de dúas xeracións transcorridas entre esa noite tráxica de Novembro en Centroeuropa e os nosos días.

Convén lembralo, con firmeza, pois, non só polo peso desa traxedia que se agranda caendo no esquezo dos anos transcorridos, ultraxada por boca de tanto insensato, de tanto fanático. Algúns queren baleirar as sentinas da Historia, como se eses feitos fosen apenas un relato menor, outros procuran manipulalo á súa vontade, despoxalo do seu valor, do seu significado, que fique relegado á arqueoloxía das conciencias. Por iso, convén, de maneira responsábel, colocarnos perante ese testemuño terríbel, para que desde aí se espelle o noso verdadeiro rostro.

Nestas datas acirrouse con demagoxia extrema unha parte das consecuencias tráxicas dun conflicto bélico, de natureza xeopolítica, que acontece a centos de quilómetros de distancia de Europa, como non se fai con ningún outro conflicto no mundo, dictaminando e xulgando de maneira sumarísima como non se fai tampouco con ningún outro pobo do mundo, con ningunha outra nación do mundo. Eu pregúntome por que?

Nun novo-vello escenario de ideoloxías de saldo, os millóns de víctimas de outrora, desde un exercicio de retórica sibilina e malintencionada, seica pasan a encarnar agora o papel dos mesmos verdugos que os executaron. E a ninguén parece sorprenderlle, ninguén parece estar disposto a exercitar a memoria, a dignidade, o decoro da verdade. Eu pregúntome por que? Nunha prolepse delirante dos feitos e dos argumentos, sobre esas víctimas parece recaer agora a responsabilidade plena dun enfrontamento complexo e concreto, enquistado desde hai demasiado tempo, con demasiada dor. Como estamos chegando, pois, a isto, a que intereses serve, a quen axuda, cal é o preludio que se está tentando pór en escena desde fóra da razón, con tanto odio, outravolta renacendo? Que nome ten isto?

Por iso, para que este día de xaneiro non nos comece a apodrecer de novo entre as mans e as conciencias como hai setenta anos, eu querería colocar estas preguntas e que foran contestadas desde as fronteiras da racionalidade e da verdade. Lonxe das retóricas da barbarie.

E, entrementres, outra candea terá que ser prendida, máis unha vez: pola condición humana, contra a infamia.

24 de mar. de 2008

Volta atrás, ata Portbou

Nun exemplar atrasado de El País Semanal veño de reler unha reportaxe sobre a realización, a cargo do director bonarense David Mauas, do documental Quién mató a Walter Benjamin..., adicado a esclarecer as circunstancias do falecemento do filósofo berlinés.


Dende que o seu corpo foi atopado nunha fonda na vila catalana de Portbou, o 26 de Setembro de 1940, a tese que primou foi a do suicidio. Segundo a señora Henny Gurland, que o acompañou durante os seus últimos días, un Benjamin moribundo confesoulle que se na véspera inxerira morfina dabondo coma para poñer fin á súa vida. Asi mesmo, todo segundo o testimonio de dona Gurland, no seu leito de morte entregoulle dúas cartas, unha para ela e outra para que lle la fixera chegar ao seu amigo, o tamén filósofo, Theodor Adorno. Isto unido a que confesara a súa intención de suicidarse oito anos antes, apuntalou a idea dunha morte voluntaria.


Sen embargo, David Mauas, que tivera o seu primeiro achegamento á figura do intelectual xudeu na Academia das Artes de Xerusalén, co estudo do texto A obra de arte na era da súa reproductibilidad técnica, reparou en que non existía ningúnha constancia desas dúas cartas de despedida. A persoa que avalara a versión que dende o principio se dera coma válida, así coma os demáis que poderían botar luz ao acontecido (o médico que constatou a defunción, ou o dono da pensión na que se aloxou as súas últimas catro noites) xa non viven. Ademáis, foi enterrado no camposanto, cousa vedada aos suicídas. Pero só son hipóteses, imposibles, cos datos coñecidos, de confirmar.


Tras serlle retirada a nacionalidade alemana o ano anterior, saíra ilegalmente de Francia camiño de Lisboa, onde podería embarcar cara os EUA; pero unha nova lexislación impedíalle cruzar España. Antes de ser prendido e deportado polas autoridades colaboracionistas do fascismo español, o máis probable, co que hoxe se sabe, é que Walter Benjamin decidira rematar el mesmo coa súa vida, antes de afrontar o que a burocracia nazi prevera para os do súa orixe. Lembrar a este pensador xenial que, ao igual que defineu Rahola a Heine, era demasiado xudeu para os europeos, e demasiado europeo para os xudeus, é unha bóa maneira de recuperar a memoria desa esquerda librepensadora que pereceu entre as ruínas de Europa. Morreron, na Segunda Guerra Mundial, e xa antes, no seu tráxico preludio español, non só millóns de persoas, senón tamén unha certa idea de modernidade que aínda non fomos quén de superar. E fainos tanta falla...


Conta Stephan Hessel, un dos amigos de Benjamin:



“Levaba sete anos de exilio. E aquel 1940, cando o exército alemán rondaba por todas partes, cando só Gran Bretaña resistía e Estados Unidos aínda era neutral... As democracias estaban desamparadas, e iso para el, que era un demócrata, representaba unha profunda sensación de desconfianza. Benjamin sinteu que tiña razón cando dixo que a Historia vai cara atrás, coma o anxo de Paul Klee.”



O Angelus Novus, tamén coñecido coma O anxo da Historia, foi mercado por Walter Benjamin no 1921, e dende entón o escritor levou esta pequena acuarela consigo no seu periplo por Europa. Só se separou dela na súa fuxida cara o exilio, depositándoo na Biblioteca Nacional de París, para que lle fora entregada en herdanza ao seu amigo Scholem. A viúva deste, á súa vez, legouno ao Museo de Israel en Xerusalén, onde se atopa na actualidade.


Benjamin deixou escrito deste anxo coas ás abertas e ollos pasmados: "ben quixera el deterse e espertar aos mortos e recompoñer o despedazado. Pero dende o Paraíso sopla un furacán que se lle enredou nas ás, e que é tan forte que o anxo non pode pechalas. Este furacán empúrrao irremediablemente cara o fururo, ao cal das as costas, mentres que os montóns de ruínas medran ata o ceo. Ese furacán é o que nós chamamos Progreso".


Denunciou Adolf Hitler, nun dos seus incendiarios discursos, que os xudeus infrinxiran dúas grandes feridas á Humanidade; a circuncisión no seu corpo, e a conciencia na súa alma. Deberíamos reivindicar a Walter Benjamin, non coma unha figura plana á medida das protocolarias homenaxes institucionáis, senón coma a persoa independiente que non seguiu máis programa ca o do seu desexo, á hora de vivir e tamén á de morrer. Coma a conciencia libre que foi.




[Máis
: O porvir é longo, artigo de Antonio Muñóz Molina sobre a obra teatral San Xoán, de Max Aub; Máis alá da pintura: Paul Klee e Walter Benjamin unidos polo anxo da historia, de Ana González; Angelus Novus, de Andrés Devesa (cun texto das impresións de WB sobre o cadro); Angelus Novus, de Justo Serna]

23 de fev. de 2008

Historia da Shoah, de Georges Bensoussan


"Se comprender é imposible, coñecer é necesario. Foto: .Fra."

Levaba xa algún tempo pospoñendo a leitura da Historia da Shoah de Georges Bensoussan, e ao fin esta semana me puxen con este breve libro que me deixou varias impresións que agora quero comentar.

A primeira, que por fin lera o libro definitivo de divulgación da Shoah. Por mor da súa brevidade, do seu carácter analitico e da súa claridade expositiva, o pequeno, máis denso, libro de Bensoussan é o máis acaído que coñezo para que unha persoa que, ou ben descoñeza, ou ben teña un coñecemento moi laxo da Shoah, queira facerse unha idea xeral dese capítulo da Historia de Europa. Hai libros útiles e outros imprescindibles e, anque que aínda o rematei de ler onte á noite, a impresión que teño é que se trata do libro que todas as persoas deberían ler algunha vez na vida. Se non outro máis completo, si cando menos este.

Coma unha árbore sen follas, o libro amósanos as liñas básicas da Shoah dun xeito tan esquemático coma orientativo. Maila baixar en ocasións á dramas concretos, ao longo de toda a narración evítanse aqueles episodios puntuáis que distraian do obxetivo básico do libro; ofrecer, a vista de páxaro, un relato imparcial dende a ascensión de Adolf Hitler ao poder, e aínda o clima antisemita previo que propiciou ese triunfo, ata a liberación dos últimos campos, así coma a reación da comunidade internacional e a sorte que mereceron os autores materiáis e intelectuáis da matanza.

Ao longo do relato, Bensoussan elude as situaciónas máis susceptibles de provocar reacións emotivas, cando non son imprescindibles para entender o conxunto. Máis ben, a tónica predominante é a obxetividade dun médico que ilustra sobre as características dunha ferida. Por momentos, esa mirada cartesiana cede paso a unha maior implicación sentimental, sobre todo cara o final; na valoración sobre a pasividade case unánime do resto do mundo e o benévolo castigo que recibiron a práctica totalidade dos xerarcas nazis, é dificil non notar o sentimento de inxustiza que o autor transmite nas súa palabras.

Hai algo no que incide varias veces ao longo do libro; a suposta pasividade da poboación xudía ante a súa situación. Bensoussan expón que, primeiro, a pasividade non foi tal nin sequera naquelas condicións nas que a loita era só unha maneira de precipitar a súa morte. En segundo lugar, tamén incide no choque paralizador que para un cidadán perfectamente integrado supón verse atacado polo Estado que ata entón o protexera. Outro aspecto capital é a celeridade coa que se levou a cabo o proceso, especialmente entre os once meses que van de marzo do 42 a febreiro do 43. En último lugar, a propia natureza dos feitos resultaba tan inconcebible que a escasísima información que chegaba dos campos era tomada, por unha poboación dispersa e incomunicada, coma unha fantasía difícilmente creíble. Apunta Bensoussan:

O inmediato da execución, o relativo segredo que a rodea, e en fin, o carácter impensable dos feitos paralizaron a capacidade de pensar e reaccionar.


Grazas á Asociación de Traductores en Lingua Galega, a día de hoxe dispomos dunha versión na nosa lingua, verquida do francés por Xoán Garrido Vilariño. Esta edición podese descargar de balde da páxina do proxecto Bivir, a Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego. Ás veces recomendo este ou aquel libro, un reportaxe, algunha película, máis neste caso en especial gustaríame recomendar vivamente que se descargen o arquivo de PDF (1,07 MB), que lean o libro, ou que cando menos o garden no disco duro para futuras consultas. A estructura do mesmo, distribuído en seis capítulos, e cos epígrafes e subepígrafes imprescindíbeis, fan da obra de Bensoussan o mapa idóneo para moverse polo espazo físico e temporal da traxedia.


[Máis: libro en pdf, para descargar gratis; crítica do libro en Comunidad Escolar, periódico dixital de información educativa; interesante artigo de Ana Nuño sobre a diferencia de tratamento entre Bensoussan e outros historiadores da Shoah; Memorial da Shoah, museo e centro de documentación xudía contemporánea en Francia, do cal o autor é reponsable editorial.]

21 de fev. de 2008

Diferenzas

- E, qué lles di aos que acusan a Israel de tratar aos palestinos coma os nazis os trataron a vostedes?

- Iso é un infundio, porque todo o que é comparar o Holocausto con calquera outra cousa é banalizalo e non merece crédito. Paréceme moi mal moitas das cousas que Israel fai cos palestinos e viceversa, pero hai que ter en conta que isto non é un xenocidio, nin unha guerra relixiosa, nin existen campos de concentración, nin cámaras de gas. Todo o contencioso entre Israel e Palestina é unha disputa territorial. O Holocausto foi un feito novo na Historia da Humanidade. Xenocidios houbo sempre, pero o Holocausto foi unha matanza industrial, non foi en quente, non era unha campaña, era unha política estatal dirixida dende despachos ministeriáis e coa axuda de toda a sociedade.

6 de fev. de 2008

A tamén vella (e útil) banalización do mal

(...) será que, no nome dunha pretendida solidariedade cos palestinos, hai partidos de esquerdas que desprezan o horror nazi, que non senten ningunha piedade polas vítimas xudías e que son os culpábeis da banalización actual do holocausto. Máis aló das simpatías de cada cal cos protagonistas dun sanguento conflito que dura décadas, os millóns de europeos asasinados son vítimas puras, e o seu desprezo é unha vergoña lacerante.

Pilar Rahola.

5 de fev. de 2008

A vella (e útil) histeria colectiva

O linchamento público que está a sufrir Abel está a ter o mesmo efecto que se reventasen os sumidoiros da cidade: toda a merda agochada sae coma un geyser á superficie. Que o Grupo Parlamentar do BNG se desmarque da lembranza institucional da Shoah é un mazazo en toda regra, pero que ademáis haxa tanta xente disposta a apoiar a súa atitude racista é coma para pensar moi en serio cantos retrógrados non camiñarán contigo en Compostela o Día da Patria.

Levo días discutindo na rede, intentando que a xente entenda que unha cousa é a Shoah e outra o conflicto árabe-israelí, pero vese que quizáis só sexa perder o tempo. Se non se matiza nalgo a Shoah, se non se culpa ao xudeu na mesma declaración, daquela mellor deixalo pasar. Total, tampouco é para tanto. O máis demoledor desta clase de atitudes é que revela que, por desgraza, maila a mudanza nas formas, a base social do nacionalismo galego segue a ter un nucleo rancio, provinciano, e profundamente xudeófobo. Podemos ollar cara outro lado, pero o certo é que quenes están dispostos a negar a memoria do Holocausto seguen a ser demasiados, se é que non medra co paso do tempo.

Se o que pretendía Aymerich e compañía era facer piña a dous meses das elecións, está claro que o conseguiron. Que para iso tiveran que botar man do odio grupal máis antigo do mundo, non pareceu importarlles en absoluto.

Se esta é a esperanza do País, triste futuro nos agarda.

[Máis: Carta de dimisión; entrevista en Galicia Hoxe; Blogue do BNG de Neda; e a nova en: Vieiros; El Faro de Vigo, Agencia Judía de Noticias, Chuza; El correo Gallego; La Opinión de A Coruña; La Voz de Galicia; A Nosa Terra; Libertad Digital Opinión: Pilar Rahola; Escaño 351; Jon Juaristi; Hermann Tertsch; Noggia (en inglés); Comunicat da Associació de relacions culturals Catalunya Israel: Shema Israel; Herut (1, 2, e 3)]

28 de jan. de 2008

Túzaros

Cando me chegou ao móvil a mensaxe coa noticia, viña de publicitar un mítin do BNG na miña comarca, co que a cara que me quedou foi de antoloxía.

Un terzo de vendetta interna, outro de radicalismo de salón, e outro de xudeofobia pura e dura, e axiña temos unha bonita maneira de facer o parvo outra vez. Negarse a honrar as vítimas do nazismo por non estar dacordo coa política militar do actual Estado de Israel resultamente tan aberrante que non sei coma a algúns dos meus compañeiros non sei coma non se lles cae a cara de vergoña cando falan da memoria.

[Máis: a nova en Galicia Confidencial; Memoria da Shoáh, un artigo de Afonso Vázquez-Monxardín; cometarios no blogue de Marcos Valcarcel; Ollo, non se perdan o alegre titular do noso Pravda enxebre (Encántame a demagoxia ben cedo pola mañá!)]

12 de jan. de 2008

Se agora non, cando?

Na imaxe, partisanos, trala guerra, desfilando polas rúas de Milán. Foto: KarlMarx.

Entérome lendo o suplemento Culturas de La Voz que El Aleph Editores ven de publicar en castelán a novela de Primo Levi Se agora non, cando?, escrita só un ano antes do falecemento do escritor italiano. Nela, Levi aventúrase no mundo dos partisanos de Europa do Este, que mantiveron unha loita abismalmente desigual contra o fascismo dominante. Conta a crónica que o libro está baseado nas anécdotas que lle contaba un amigo que traballaba nun centro de acollida de Milán. O propio autor tivera unha breve experiencia na loita antifascista antes de ser recluído en Auschwitz.

Os protagonistas son Mendel e Leonid, soldados perdidos entre as liñas do frente do Leste, durante a remontada rusa do 1943. Ambos ingresarán despois nunha milicia de partisanos xudeus, coñecidos coma os gedalistas, coa cal atravesaría Bielorrusia, Polonia, a Alemania ocupada polos aliados e, por fin, Milán. Un periplo de dous anos para comenzar outra viaxe, a definitiva, que os levará cara a terra onde poderán ser libres. É, pois, a historia de quenes protagonizarían a última aliá previa á creación de Israel, a dos que por azar ou pericia escaparon da Shoah, e que culminaría no 48 o proxecto de autodeterminación xudía.

Durante o seu percorrido, o lider da milicia tocaba unha canción escrita por un xudeu ao que os nazis deran media hora para compoñer antes de matalo. A letra, breve e emotiva, é toda unha declaración de intencións dunha xente que asumiu que o primeiro e último mandamento era estar vivos.


Recoñecédesnos? Somos as ovellas do gueto,
esquiladas durante mil anos, resignadas á ofensa.
Somos os xastres, os copistas e os cantores
murchos á sombra da cruz.
Agora aprendemos os camiños do bosque,
aprendemos a disparar e damos no branco.
Se non son eu por min mesmo, que será de min?
Se non é así, cómo?. E se non agora, cando?


20 de nov. de 2007

Enquisa

Veño de chuzar a nova da Sentenza do Tribunal Constitucional, a ver qué opina a xente. Ao marxe da recua de antisionistas - antiimperialistas - xenófobosdifrazados, que tiran sempre de tópico antisemita, estou seguro que alguén terá algo interesante que aportar.

19 de nov. de 2007

Pois eu opino que a terra é plana

Coma acertadamente suxire Marcos Valcarcel no seu blogue, "Debuxar os príncipes de Asturias na portada dunha revista de humor e sátira é neste país perseguible e obxecto de multa. En cambio, negar o xenocidio e o Holocausto entra nas marxes da liberdade de expresión, seica."

Non teño unha postura clara sobre a prohibición do negacionismo. O impulso inicial levaríame a pedir a súa ilegalidade, máis, se o penso con máis calma (o cal é dificil), tamén lle atopo chatas a esta postura. Ilegalizando unha afirmación, por mentireira que sexa, e por noxenta que me resulte, contribúe por outra banda a que quenes a defenden poidan atribuírse ese aura de vítimas do sistema que tanto vende entre os incultos. Xa non son unha recua de nazis, no sentido literal da palabra, senón que pasan a ser uns oprimidos pola xustiza. E neste circo infame entra de cheo quenes, dende posturas supostamente antitéticas, alenta o inagotable tópico xudeófobo de que eles dominan o mundo. Os poderosos non queren que saibas a verdade.

Acontece que, neste caso, a verdade ten cheiro a Zyklon B.

Sexa cal sexa a súa postura sobre a penalización do negacionismo, recoméndolles a leitura destes tres artigos, que cada vez que os releo fan escorar un chisco a balanza cara o lado da penalización. Maila todo, quero crer que a xente é consciente e sabe atuar con madurez. Pero moito me temo que só sexa unha ilusión.

O Holocausto non é cuestión de opinión, de Pilar Rahola.

Delitos de xenocidio, de Alberto Benasuly.

O xenocidio non é unha opinión, de Xulia Navarro.

12 de nov. de 2007

A noite dos cristáis rotos

O pasado venres foi o septuaxésimo noveno aniversario da Noite dos cristáis rotos, o pogromo no que os nazis deron o pistoletazo de saída na súa carreira macabra. O nome provén dos escaparates esnaquizados das tendas de xudeus, contra os que o pobo alemán volcou a súa cólera. Os feitos, vía Wikipedia:

O 9 de novembro estos altercados danaron, e en moitos casos destruíron, aproximadamente 1.574 sinagogas (prácticamente todas as que había en Alemania), moitos cemiterios xudeus, máis de 7.000 tendas e 29 almacéns xudeus. Máis de 30.000 xudeus foron detidos e internados en campos de concentración; uns cantos incluso foron golpeados ata a morte. O número de xudeus alemáns asasinados é incerto, con estimaciones de entre 36 a 200 aproximadamente durante máis de dous días de levantamentos. O número de mortos máis probable é de 91. Esta violencia indiscriminada explica que algúns alemáns que non eran xudeus foran asasinados simplemente porque alguén pensou que «parecían xudeus».

Anque os feitos foron prantexados de modo que parecese un levantamento espontáneo, o ataquefoi promovido polo partido Nazi, que levaba xa varios anos alentando o secular odio ao xudeu coma elemento catalizador da frustración coletiva alemana. E vaia se funcionou, esa é a mecha que sempre prende. Non hai populista nin demagogo que non acabe por alentar ese odio, porque é o que mellor funciona en todo o tempo e lugar. De feito, e aínda sabendo que pasou o que pasou, hoxe mesmo podería repetirse de novo (en Alemania non creo, pero en España sen dúbida) desta volta con excusas diferentes. Ou non tanto.

A Noite dos cristáis rotos foi unha dramática alarma. Por aquela época, os sionistas trataban de convencer aos xudeus europeos que a nós, a culmen da civilización, nada nos detería no noso afán de culpabilizalos dos nosos fracasos. Foran e serían o chivo expiatorio favorito de Europa.

Por aquela época, tamén, nas rúas das vilas e cidades de Alemania podíanse ler cartaces nos que se repetía, coma un mantra:

"Xudeus, marchade para Palestina!"

Coma se recolle na entrevista que Rosa Montero lle fixo a Amos Oz:

O seu pai, que era de orixe rusa, creceu vendo nos muros das cidades europeas a pintada "¡Xudeus, irvos a Palestina!". Sesenta anos despois regresou a Europa e as pintadas dicían con idéntica ira: "¡Xudeus, irvos de Palestina!".

Si, si, viu as mesmas pintadas pero ao revés! Ou sexa, irvos á Lúa. Ou desaparecede. Ou destruírvos. (...)


Relacionado coa constante xudeófoba de fustigar aos xudeus alí onde se asenten, o coletivo Galiza Israel colgou ahí atrás nun dos seus blogues, o Galiza Israel TV. un documental no que se sinala a relación entre os acontecementos desa noite e o impulsto ao proxecto sionista.

Se algo debemos aprender da noite no que os nazis pasaron das palabras aos feitos é que nunca debemos subestimar a quen alenta odios grupáis e que, non poucas veces, baixo un leve barniz de civilización non hai máis que bestas.

31 de out. de 2007

O porvir é longo

Antonio Muñoz Molina.
.
Algunhas veces os mellores soños cúmprense, os desexos que parecían máis imposibles: só que quén desexou e soñou xa non chega a sabelo, porque na espera fóiselle a vida, e porque o porvir é demasiado longo para a brevidade da experiencia humana. Todo o que agarda sabe que a victoria é súa, di Antonio Machado. Pero o que morre agardando morre vencido, e tal vez nin sequera lle sirve de consolo o que di o último verso dese poema de Machado: que a arte é longa, e ademáis non importa. Impórtalle á nosa vaidade, ao noso desexo lexítimo de recoñecemento, anque os dous adoitan a atoparse tan mesturados que case nunca é posible distinguir o un do outro, separar o metal limpo da ganga. Foron vaidosos algunos dos grandes escuros, dos que agardaron sen saber que a victoria era súa e que o porvenir os veneraría? Kafka, Stendhal, Van Ghog, Cervantes. Coma unha lúgrube declaración, o filósofo enfermo e homicida Louis Althusser puxo ese título ás confesions que só se publicarían cando el xa estivera morto: O porvir dura moito tempo.

O porvir é un mundo descoñecido, un inmenso país extranxeiro no que, sen embargo adquiren a veces a cidadanía algunha obras ou algunha lembranza ou soños dos muertos. En vida, a Miguel de Cervantes despreciáronno as figuras máis selectas da intelectualidade de Madrid. Sen dúbida morreu pensando que non acadara gran cousa, que lle faltara tempo para escribir o que soñaba, o que lle xustificaría, para terminar tranquilamente o Persiles e emprender a segunda e definitiva parte da súa querida Galatea. Agora veo no xornal ás máis sutís intelixencias universitarias e cortesáns e ás máis altas satrapías do poder presentando unha nova edición do Quixote e lémbrome con algo de mágoa e solidaridade daquel home de quen sei tan pouco e a quen quero tanto, morto e enterrado no seu pasado lonxano, nas vésperas do ancho porvir que non chegou nin a albiscar, e que se cadra, no fondo, ao final de su vida non lle tería importado tanto.

Polos mesmos días do aniversario de Cervantes presencio a realización tardía doutro soño, o cumprimento do desexo doutro español trasteado pola vida, absolto pola morte de outra espera sen fin. No María Guerrero representase San Xoán, de Max Aub, cun luxo de escenografía e maquinarias que asalta o patio de butacas e os palcos laterais de teatro, convertidos cada noite nunha pantasmagoría de buque vello á deriva, de Titanic sen gloria cargado de xudeus que naufragaron en alta mar ante a fría indiferencia do mundo, igual que naufragaron moitos millons dos seus semellantes no cataclismo negro de Europa, xusto no tempo no que Max Aub escribía esta traxedia, sen moita esperanza de que fora representada ou lída, escoitada por alguén. O porvir dura demasiado tempo: demasiado para a pacencia e a perseverancia humana: en 1942, camiño de América, nun barco cargado de fuxitivos europeos Max Aub imaxinou a viaxe sen destino do cargueiro San Xoán, soñou esperto as persoaxes, as palabras, as bodegas con cheiro a metal quente e a esterco de cabalo, á desesperación de agardar sempre, á lenta tortura civilizada dos pasaportes e os procedemientos administrativos. Instalado en México escribiu a súa obra, chegou a editala, imaxinou a súa posible representación igual que imaginara antes as vidas das personaxes e o lugar onde vivían e morrían. Morreu el mesmo sen que se representara nunca, tristemente resignado a que nin as súas novelas nin o seu teatro chegarían nunca ao público para o que as escribira, e grazas ao cal esas obras adquirirían unha plena existencia. Unha novela editada, anque teña poucos leitores, todavía é algo, existe dunha forma tanxible, anque segreda. Pero unha obra de teatro nunca representada está tan morta como unha música que ninguén tocou, tan morta ou tan aletargada, amortaxada nunha catalepsia que pode durar para sempre.

Vía San Xoán no teatro, erixida por fin no tempo presente e en realidade, escoitaba, ditas en voz alta, berradas, as palabras que lin en silenzo, vía sobre o escenario maletas ciscadas e baúis de fuxitivos, un espellismo de pranchas oxidadas de metal, de serenas de buques e o piar de gaviotas, un naufraxio tan aterrador coma unha apocalipse, despois da cal, no silenzo recobrado, recitábanse as palabras terribles e sen embargo alentadoras do Libro de Xob. Pero o que eu estaba vendo non era una función de teatro: usurpaba o porvir de outro hombre, Max Aub, asistía ao cumprimento tardío e parcial dun soño que era seu.

25 de out. de 2007

Zapatos en Budapest

O luns tiven a fortuna de poder acudir á conferencia de Jaime Vándor Koppel en Compostela. Nela contou as súas experiencias de neno en Budapest, durante a ocupación nazi de Hungría. É unha fortuna, que se cadra non valoramos, pero que dentro de pouco será imposible, ter a oportunidade de coñecer un periodo capital da Historia da Humanidade por quen tivo nela un papel de partícipe involuntario. Agradezo á AGAI que nos achegue a Galiza a memoria do pobo xudeu, máis cando, coma nesta ocasión, é algúen que viviu a etapa máis negra do noso pasado coletivo quen nola relata en primeira persoa.

Coma ben suxería un compañeiro, escoitandoo era doado comprobar que a traxedia que o auxe do nazismo acarrexou para o pobo xudeu, así coma para os demáis impuros, non se circunscribiu aos campos de exterminio. Foi un proceso gradual de acoso e derribo. A opresión administravia á que se viron sometidos non era ningunha novidade; sen embargo, abonda con que cho conte quén estaba alí, padecéndoo, para que o frío dato cobre vida ante os teus ollos. Ao principio, foron pequenas trabas administrativas. Minucias, se cadra, máis a súa función non era tanto causar perxuízos coma marcar a súa sorte. Entre estas marcas, claro, a máis famosa son as célebres estrelas amarelas que debían levar cosidas na roupa. Vándor afirmou que el aínda conservaba a súa. Parece incrible que un anaco de tela poida ter tanta relevancia.

Maila o inicio de lenta tortura burocrática, axiña se precipitaron os acontecementos. Chegados a este punto, moitos dos que, ata entón foran bós veciños, ollaron cara outro lado para non verse involucrados.

De entre todas as anécdotas que relatou, unha das que máis impresión me causou foi a das execucións á beira do Danubio. Relacionadas co elas, hai uns meses atopara por casualidade unhas fotografías dunha curiosa escultura en Pest; o extraño é que eu mesmo camiñei por ese paseo hai uns anos, e non lembro vela. O máis probable é que dera a volta pouco antes de chegar a ela, unha mágoa.

A escultura consiste nunha serie de zapatos de ferro dispostos á beira do río, coma se algúen os abandoara antes de botarse ou que o botara a el. O calzado lembra a aquelas persoas que foron tiroteadas canda o Danubio, para que fora o río o que se encargase de levar os corpos lonxe da cidade. Máis o que non sabía, e descubrín o luns, era que á hora de executar aos reos, para aforrar munición, amarrábanos de dous en dous, e só lle disparaban a un. Así, o compañeiro do que fora abatido morría afogado, ao caer co corpo do outro ao río. Un tio do conferenciante morreu desta maneira.


Non sei qué opinarán os leitores, máis eu teño claro qué me parece a escultura: é un reproche silenzoso.


Fotos: A_R_D_E_N, twharris, e smee.

O dinamismo do Yad Vashem

P. ¿Qué proxectos novos medita Yad Vashem?

R. Somos moi dinámicos. Mil estudantes acuden cada día ás nosas escolas; 250.000 viñeron en 2006. Temos 20 aulas e necesitamos 10 máis. Non se trata só de ensinar a historia do Holocausto; temos que explicarnos os modelos de comportamento das vítimas: qué motivou aos perpetradores do Holocausto, que non eran bestas, senón seres humanos malvados? Por qué moitos miraron cara outro lado? Por qué colapsou o sistema de valores orixinado na Revolución Francesa?


P.
¿E con vistas ao exterior?


R.
Queremos chegar a xóvenes líderes políticos, sobre todo en Europa, e a quenes crean opinión. Subiremos a Internet as nosas enormes bases de datos, arquivos e fotografías. Tamén incluiremos máis adiante parte da nosa biblioteca, que ten 112.000 volúmes. Queremos traducir a nosa web ao árabe, o que é importante, e despois ao español. E, por suposto, averiguar os nomes de todas as vítimas que poidamos. É imposible atopalos todos, porque en Europa Ocidental fixéronse listas das vítimas, pero non en Europa Oriental, onde comunidades enteiras foron prácticamente aniquiladas.


Nesta entrevista, Avner Shalev, director do Yad Vashemm, informa dos proxetos de futuro do museo, así coma da as súas opinións sobre o controvertido tema do negancionismo. A entrevista fáiselle a raiz da concesión ao Yad Vashem do Premio Principe de Asturias da Concordia. Coma afirma Gustavo Perednik nesta outra entrevista: "Paréceme unha excelente compensación. Eu estaba moi doido polo feito de que lle deran este mesmo premio a Said. Opúxose aos acordos de Camp David porque alí se renunciaba a unha Palestina enteira e a iso chámanlle en Europa un adalide da paz. Unha paz sen Israel, claro."

16 de out. de 2007

De tranquilos e alborotadores

A gran diferenza entre a xudeofobia de extrema dereita e a de extrema esquerda é que esta última non é negacionista. A mágoa é que non negar a Solución Final non singnifica entender o que iso singnific(ou)a.

Que a extrema esquerda terxiversa a Shoah non é ningunha novidade. Faise, ademáis, dun modo noxento, empregandoa coma un arma arroxadiza contra os propios xudeus. Ademáis, banalízanna ata o extremo ao establecer paralelismos imposibles (ou comparala directamente; a estupidez humana é ilimitada) co conflicto árabe-israelí.

A falacia antisionista consiste en contrapoñer a dignidade dos xudeus asasinados a mans dos nazis cos que lograron escapar e culminar o sionismo. É lóxico; o xudeu bó e o xudeo morto. Máis se nalgún momento deciden organizarse políticamente con vistas a establecer un país de seu, anque sexa nunha rexión desértica que eles revitalizaron, a cousa xa non pinta tan ben. Mentres estean en minoría, e sexa doado controlalos non hai problema. Se vemos que comenzan a acumular demasiado poder xa adoptaremos as medidas pertinentes. O problema é cando reclamar o seu dereito á autodeterminación. Cando xa non están baixo a nosa bota.

Sobre a contraposición entres os bós xudeus que se convertiron en cinsa e os malos xudeus que seguen insistindo en vivir libres, hai unha serie que de seguro que fará as delicias da esquerda desnortada. Chámase Zero Degree Turn, está financiada polo Goberno iraní, e o argumento é o seguinte: nela relátase coma, durante a Segunda Guerra Mundial, a embaixada iraní en París colaborou na fuxida de xudeus cara Irán, empregando pasaportes falsos para sacalos de Francia. Sobre este fondo desenrólase unha historia de amor entre unha xudía francesa e un iraniano-palestino (oh, que casualidade!).



A parella e a familia dela logran escapar e asentarse en Irán, máis non todo é de cor de rosa. Un dos tíos da rapaza, lonxe de aprender a leción que os nazis quixeran ensinarse, compórtase dun xeito brutal e manipulador. Non aprendeu a leción (haberá que repetirlla de novo), porque no caso de tranquilizarse insiste en ser mala persoa. Este xa non é un xudeu bó, este é un sionista.

É a cadratura do círculo. E goza de bóa saúde.

1 de out. de 2007

Salónica


Cementerio xudeu de Salónica

"Poucas veces unha viaxe no espazo é á vez unha viaxe no tempo. Chegar a Salónica supón voltar ao século XV, ás rúas de Toledo ou Sevilla e ao rumor do castelan antigo. Porque Salónica non só é a capital de Macedonia; é tamén territorio xudeu-español. Catro séculos despois de que os xudeus de Toledo o Mallorca marcharan ao exilio, o ladino, o vello castelán falado no século XV, é aínda lingua en uso; por exemplo, nos folletos do Museo Xudeu: "Despues dela orivle expulsion d'Espania por los reyes Ferdinando i Isabella en 1.492, muchos Djidios empesaron a arrivar al abrigo de Salonik. La sivda tenia un ayre de tolerantsa i stabilita economica y muy presto la creativita Sefaradi suvio a su punto alto en el siklo 16", pode lerse no tríptico que acompaña á visita ao Museu Xudeu de Salónica.


(...) E anque a presenza xudía na cidade está atestemuñada no século III antes de Cristo, quenes hoxe habitan nela son descendentes directos desos xudeus da diáspora que no século XVI deixaron as súa casas de Sefarad, coa chave no peto e a la esperanza de voltar un día."


Unha das cousas bóas que ten a atitude hostil do xornal El País a todo canto ula a sionismo (ou a todo movemento de liberación nacional non terceiromundista) é que, ás veces, publican reportaxes fantásticas sobre a pegada xudía en Europa. Ademáis de un tratamento máis que digno da Shoah ("Vedes coma non somos xudeófobos?" :D ), non é extraño que fagan mención á aqueles xudeus que, logo da súa expulsión da Península Ibérica remataron espallados polo mundo. Este breve e fermoso artigo sobre a súa presenza en Salónica é unha mostra da parte bóa desa especie de compensación.


Na fotografía de arriba tamén quero determe un pouco. No ano 1.941 vivían en Salónica 56.200 xudeus sefarditas; entre eles, os jallejos aos que se refería Cunqueiro, que cincocentos anos despóis da súa expulsión consevaban a gheada da súa (a nosa Galiza). Catro anos despois apenas eran 1.240. Entre eles, estas catro supervivintes aos que retratou o fotógrafo Frederic Brenner (aquí, xa de maior). A imaxe paréceme tan impactante que, ao atopala mentres buscaba fotografías para o post, sorpendeume o feito de que nunca antes a vira. Por iso a poño aquí, e porque, anque restaurar a súa memoria (que tamén é a nosa) é sempre satisfatorio, cando acontecen cousas coma estas tórnase case unha urxencia, un pequeno acto de xustiza.

27 de set. de 2007

É unha risa

  • As imaxes dos nazis encargados dos campos de exterminio no seu tempo de lecer levan días percorrendo a rede. Esta xente que sorrí á cámara, non está de máis lembralo, tiñan coma obxetivo asasinar de xeito industrial a todolos grupos sociáis que o Partido Nacionalsocialista consideraba dexenerados, e que deturpaban coa súa existencia a pureza da Raza aria. Unha ideoloxía de Terror sen comparación posible na Historia.

  • O terrible destas fotos é que demostran que eran xente normal. Non ogros, non psicópatas, senón xente que se deixou levar polo entusiasmo, pola caza e execución do xudeu que domina o mundo, do socialdemócrata que insiste en manter a burguesa separación de poderes, do homosexual e da lesbiana, do cigano.

  • A xente coida que da Shoah fálase demasiado. Eu estou convencido do contrario. Repítense imaxes, grabacións, publícanse libros, organízanse exposicións, máis segue sen impregnar o que somos. En Auschwitz demostrouse do que somos posible se nos deixamos levar polo noso odio e, sen embargo (mellor dito; precisamente por iso), é un tema ao que costa enfrontarse. Mellor decir que os xudeus o merecían con carácter retroativo, porque os israelíes son os nazis dagora e están a facerlle aos palestinos o mesmo que lles fixeron. Si, será mellor repetir esa versión, a ver se logramos acalar esa punzada de culpa.

  • Odiábanse aos que eran complexos, ("fráxil e invencible / coma unha guerrilleira do Vietcong", coma no poema de Rivas), a todos os que demostraban que a vida é sempre máis complicada, que non é predecible nin evitable. A quenes se deixaban levar polo desexo e non polo dogma. Odíabase a quen arriscaba en ir máis alá, e estou seguro de que nesa cólera había non pouca envexa polo pracer que as vítimas se atreveran a sentir e os verdugos nen sequera a imaxinar.

11 de ago. de 2007

Cantando en Yiddish

Despois da edición, no 1970, do texto filosófico Problemas del análisis del lenguaje moral, o poeta madrileño José Hierro votou case trinta anos sen publicar nada novo. Ese silenzo apenas se viu roto pola aparición de Agenda, no 91, e uns cantos poemas inéditos nunha antoloxía previa. Parecía que, coma Gil de Biedma, se impuxera dito silenzo ó crer que xa dixera todo canto estimara oportuno. Parecía, tamén coma Biedma, que se trataba dunha atitude irreversible. Sen embargo, en maio do 98 a editorial Hiperión publicou o seu Cuaderno de Nueva York, no que o autor levaba cinco anos traballando. O libro axiña se convertiu nun éxito de crítica e público, e non é exaxerado calificalo coma un auténtico super-ventas no eido da poesía.

Coma indica a Marta López-Luaces, no seu artigo Nueva York coma motivo de a ruptura estética en la poesía española, a poesía social de José Hierro recibe un novo enfoque no seu derradeiro libro; sen deixar de selo, o narrador-poeta asume, a xeito de medium, a voz primordial para indagar na torrencial realidade neoiorquina, entendida coma síntese dun mundo intemporal e turbulento.

Tal e coma se sinala no citado artigo: "No Caderno de Nova York as citas de Pound e os diferentes suxeitos poéticos van formando un universo onde a cidade é o espazo do desarraigo. A gran metáfora da cidade coma lugar no que se entrecruzan todos os tempos, fai posible que Hierro traiga suxeitos do pasado coma Beethoven, un home xudeu, sobrevivinte dos campos de exterminio ou outro home africano que mestura música ``primitiva´´ coas composicións de Bach, que conviven nos moitos tonos e realidades que é esta cidade."


É precisamente dese home xudeu, que atravesa a cidade e o tempo, camiño do bar sen saír do pasado, do que trata esta poema, no cal, a través dos seus ollos atónitos, nos asomamos a un mundo do que non pode sentirse partícipe porque foi expulsado del para sempre.



Cantando en Yiddish

I



He aprendido a no recordar.
Me asomo cada día al azogue del lago.
El agua – como la piedra o el oxígeno -
no tiene acá o allá, recuerdos o proyectos.
Tan sólo su piel muda
- según la inclinación del sol, más oro o cobre,
según las fases de la luna -
pero es siempre la misma carne intemporal.

He aprendido a no recordar.
Vine con nada apenas: un fósil
(tiene forma de corazón),
unas hojas rojizas de haya (Bucenwald,
disecadas entre las páginas de un libro).
Y paro de contar.

La image duplicada, narcisa,
que me contempla desde la superficie,
es siempre joven. No la erosionaron
ni pesadumbres, ni silencios, ni añoranzas.
Vive inmutable en su fanal,
en su escalofrío, en su burbuja transparente,
en su lágrima de cristal no sometida al tiempo.

Detrás de mi (y delante de mi, en la escena melliza)
pasa la caravana majestuosa de las nubes.
Borran en el azul las figuras trazadas
con dolor y con sombra. Todo se vuelve
luminoso y resplandeciente,
pues nada ha sucedido ni podrá suceder.



II




Sobre las páginas amarillas, arracadas
por los dedos del viento sur al bosque de noviembre,
suenan los pasos de mis compañeros
aterciopelados por el tapiz de oro marchito.
Están a mis espaldas,
y también ante mí en el relámpago del lago.

El agua - ¡siempre el agua! -,
compulsiva y purificadora,
difumina los surcos de los rostros
y misericordiosamente vela,
con su pátina piadosa,
el estaño de los cabellos. Y suenan los armónicos
de muchos días y de muchas noches,
de innumerables horas desandadas
hacia su fin, hacia su origen.

“Vámonos ya – me dicen – ensimismado:
empieza a atardecer”. Les obedezco.
Solidario, solitario, ajeno, marcho con ellos
por una dimensión diferente, liberada
de la servidumbre del tiempo.
Súbitamente, mágicamente, el lago
rasga la seda de sus aguas.
Nuestros pies chapotean en el limo verduzco,
pisan después en el asfalto.
Y atravesamos el desfiladero de acero y de cristal,
volúmenes impávidos
constelados de gotas de sudor
de la luna creciente, de los astros eléctricos.
Avanzamos, arañas al acecho,
sobre la red de calles y avenidas.
Palpita, parpadea la ciudad, incendiada de flores,
frutas, envases de cartón, latas, botellas vacías.
En los acuarios de los escaparates nadan
los maniquíes calvos y desnudos
o cubiertos de tules, linos, pieles
(¡salvad a los visones, a las chichillas, a los leopardos
reza un cartel, portado - igual que un estandarte -
por un hombre andrajoso).



III




Hemos llegado, como cada tarde,
al punto exacto en el que los indios
vendieron a los holandeses
su derecho de primogenitura
por treinta dólares de plata. ¿Que se fizieron,
vendedores y compradores?
Yerran hoy sus sombras tras los posters de Warhol,
o se ahogan en los espejos de Rothko,
inventor del silencio.
Porque reina el silencio
en esta calle. Y al trasponer la puerta,
el silencio resulta doloroso. (Una luz azulada
ilumina, lunar la mesa donde
un hombre sincero de donde crece la palma
cincelaba, tallaba, bruñía las palabras
más hermosas del español, las más recién nacidas
y las enfilaba en proclamas, esperanzas, nostalgias,
sin sospechar que redactaba su testamento
de muerte y esperanza cara al sol.)

El instante se ha congelado en noche o azabache.
Y – prodigio diário – una nieve
caída en otro cielo, en otro reino extraño,
colma los jarros, trae a nuestros labios
el amargor antiguo, desata nuestras lenguas.
Y ellos, mis compañeros, los supervivientes,
los que no tienen fuerzas para recordar,
hablan y ríen, hablan, hablan, hablan.
Yo escucho sus palabras, día a día.
Las escriben – siempre las mismas -
sobre su pergamino que ellos no ven.
Son el humus depositado – año tras año -
sobre un texto antiguo.


IV


“Yo alegraré tu corazón”, reza una leyenda
alrededor de la boca de un jarro de cerveza.
Mi mano, la del ensimismado, la del silencioso
que ha aprendido a no recordar,
vierte sobre el pergamino que ellos - ¿lo dije ya? - no ven,
el contenido de uno, dos, tres, no se cuantos
jarros de cerveza. Y las palabras
que balbucean, o garrapatean, se disuelven,
emergen en el palimpsesto
los signos anegados, las palabras primeras
- raspadas, desvanecidas, espectrales -
que daban testimonio de sucesos,
crónicas desoladoras y sombras
que ya no quieren recordar,
que ya no saben descifrar.

Viejos, cegatos, acurrucados en la desmemoria
como el niño en los brazos de la madre,
no tienen fuerza para desafiar, para enfrentase
con los signos antiguos que relatan historias
de las que fuimos protagonistas y memoralistas.

Rescato ahora, desentierro ahora,
pasado medio siglo,
los signos desvaídos y resucitados. Dibujan
- ¡y con qué nitidez! -
filas interminables de niños, de mujeres, de viejos
hambrientos, esqueléticos, desamparados,
rebaños resignados, sacrificados funcionarialmente
en ara del dios Fuego. ¡Mein Gott!
Y zumba el canto salmodiano
en nuestra lengua cómplice.
Estaba todo aquí dormido bajo el texto evidente.



V

Me asfixiaría si ahora no cantase
el canto aquél. Me llegan con nitidez las notas
agazapadas en el pergamino. Las recupero.
Recupero sones, palabras olvidadas.
Me asfixiaría si no las cantase ahora.
Y alzo en mi mano el jarro de amargor
blanco y rubio, como si brindase a no sé qué.
Y canto con voz ronca -yo sé que desafinoante
el racimo de supervivientes, de sordos.
Canto yo, el mudo, el ensimismado,
el repentinamente loco y ebrio,
el que ha roto el silencio
por vez primera. Y nadie me acompaña.
Me contemplan perplejos.
Muevo el jarro a manera de batuta
como hacen los borrachos. Quiero que canten,
que me acompañen, que naden, que nademos,
sólo por esta vez, por el agua de sombra
que un día atravesamos.
No recuerdan el son ni las palabras
anegadas en el olvido.
Sonríen compasivos, comprensivos,
y no comprenden nada. Me contemplo
detrás de una cortina de silencio.
Silencio.
Un instante después
(como si nada hubiese sucedido)
reanudan la conversación,
reemprenden la tarea cicatrizadora
de restañar con palabras nuevas
las heridas antiguas.
Al fin, como si nada hubiese sucedido
(pero, ¿es que algo ha sucedido?) digo:
"Vámonos: es hora de volver a casa,
como todas las noches".


Sobre o lugar que percorren os protagonistas, anque algunhas das fotografías que ilustran este post foron tomadas no barrio onde reside a comunidade xasídica neoiorquina, Williamsburg, en Brooklyn, o espazo no que se desenrola a acción debe ser a illa de Manhattan. Penso que a lagoa na que se atopa o narrador ó principio debe ser a de Central Park, ata onde eu sei, a única que hai na cidade ou, cando menos, a única que hai no centro. Tendo en conta, ademáis, que foi esa illa a que os holandeses lle mercaron aos indios, se os protagonistas fan o percorrido andando é de supoñer que non saíran de moi lonxe.

Os versos "en otro cielo, en otro reino extraño" forman parte dunha rima de Lope de Vega ("En otro cielo, en otro reino extraño / mis trabajos se vieron en mi cara") co que Hierro encabeza outra das poesías do libro, "Espejo". As alusións a Lope son frecuentes.

Coma cada vez que aludo á Shoáh, antes de publicar nada xurdenme as mesas dúbidas. Posto que dende este blog sempre amosei as miñas simpatías cara Israel, sei que a parroquia xudeófoba estará expectante para poder sinalarme co dedo e acusarme de tentar xustificar o “xenocidio palestino” (sic), o imperialismo estadounidense e a morte de Chanquete. É unha forma tan burda coma outra calquera de tentar impedir que se fale do que nós, os europeos, lles fixemos a ese pobo. Sen embargo, si é a máis noxenta, ademáis de innecesaria: penso que se poden defender os dereitos e intereses dos palestinos sen acusar ó pobo xudeu de empregar a memoria da Shoáh con fins espúreos.

Votando a vista atrás, seguramente o acontecemento máis traumático do último século no noso país foron os acontecementos do verán do 36, e aínda é hoxe cando seguimos lembrandoo. E non por ser masoquistas, senón porque non pode entenderse coma son as cousas agora se descoñecemos aquelo polo que pasamos. Pregúntome como se sentirían tantos dos nosos paisanos (os de “están a facerlle aos palestinos o mesmo que lles fixeron”; cantas veces non oiréi iso á semana?) se alguén dixera (de feito, xa o din) que lembrarar aos mortos da Guerra Civil é unha mera treta para obter obxetivos políticos. A decir verdade, ignoro cantos galegos morreron neses días a mans das forzas feixistas. Máis, sen dúbidas, foron moitos menos dos seis millóns que pereceron a mans da burocracia nazi. Aparte, torturas, rapiña, violacións... tratar de imaxinalo, índa de xeito somero, xa é excesivo. A dor non é medible, é certo. Máis, se o fose, e quixéramos atopar unha que quedase fora de tódolos gráficos, habería que ir a buscala a Auschwitz. E, sen embargo, sobra xente que diga que manter viva a memoria da Shoáh é un intento de maquillar as políticas do Goberno de Israel.

Penso que se paga a pena lembrar a nosa Historia non é para recrearnos nela, a modo dunha Disneylandia chovinista (coma esa teima de pintarnos ao Mariscal Pardo de Cela coma un Braveheart patrio), senón para entender. Que apenas sesenta anos despóis sigan tan vixentes coma sempre os mesmos tópicos xudeófobos que serviron entón de coartada (dominan o mundo!, son conpiradores!) é motivo máis que suficiente para restaurar a memoria dunhas vítimas ás que esquencemos de novo cada vez que os repetimos.