Mostrando postagens com marcador AGAI. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador AGAI. Mostrar todas as postagens

8 de mar. de 2009

Conferencias en Vigo e Compostela

Mañán ás 20:00 terá lugar na Galería Sargadelos de Vigo (R/Urzáiz 17) a conferencia "Israel coma trincheira de Occidente?" a cargo de Josep Carles Laínez e Rosa María Rodríguez Magda, organizada pola AGAI. A entrada é libre.



Se algúen non pode acudir a Vigo, o día seguinte, o martes, a conferencia será impartida de novo en Santiago de Compostela, ás 20:00 na sé do Club Internacional de Prensa (Av/Coruña nº 6, no Campus Sur). Ambos lugares xa veñen sendo espazos habituais na celebración das conferencias da Asociación.


Biografías dos poñentes:

Rosa María Rodríguez Magda (Valencia, España, 1957). Catedrática de Filosofía. Consellera do Consell Valencià de Cultura. Directora do Aula de Pensamento da Institució Alfons el Magnànim e da revista Debats. Profesora invitada na l’Université de Paris VIII-Vincennes à Saint-Denis, Université Paris VII, Université de Paris-Dauphine, Universidad Autónoma de México, Universidad de San Juan en Río Piedras (Puerto Rico), New York University... Foi directora da Fundación Tercer Milenio-UNESCO. Especializada en pensamento contemporáneo, é autora, entre outros libros, de: La sonrisa de Saturno, El modelo Frankenstein, Transmodernidad, La España convertida al islam. Ten publicado tamén no terreo da investigación feminista: Femenino fin de siglo. La seducción de la diferencia, Foucault y la genealogía de los sexos, El placer del simulacro... E dentro da creación literaria: Tríptico, En alguna casa junto al mar, Las palabras perdidas, Y de las pavesas surgió el frio, El deseo y la mirada… Ten coordinado diversas obras e realizado edicións críticas, así como participado en múltiples libros colectivos. Textos seus foron traducidos ao inglés, francés, italiano e estonio.

Josep Carles Laínez (1970) é escritor. Licenciado con grao en Filoloxía Española, así como licenciado en Filoloxia Catalana, en Comunicación Audiovisual, e Diplomado en Linguaxes Audiovisuais, pola Universitat de València-Estudi General. Foi o profesor visitante na Universidad Nacional Autónoma de México, e profesor invitado na Universidad de Puerto Rico e na Hofstra University de Nueva York. Autor dunha ampla obra ensaística, artística e literaria, obtivo diversos galardóns literarios, coma o Premi de Poesia “Roís de Corella” dos premios “Ciutat de València”, polo seu libro Anxia (Alzira, 2001); o Premio de Teatro da Academia de la Llingua Asturiana, en dúas ocasións, polas obras Elsa metálico (Oviedo, 1998) e Thule (2008); o accésit ao Premio “Ana Abarca de Bolea”, polo seu poemario Bel diya (Huesca, 1998), etc. No ano 1995, estreouse na Sala Triángulo de Madrid o monólogo Como tú; e no 2008, a montaxe Lorca a La Nau, dirixido por Manuel-Ángel Conejero, dentro do festival "Sagunt a Escena". Recentemente ven de publicar os libros de xénero indefinido La tumba de Leónidas (Barcelona, 2006) e Aquí la noche tiene el nombre de Valeria (Valencia, 2007). Na actualidade é xefe de redacción da revista Debats.

15 de jan. de 2009

Este domingo en Madrid


O día 18 deste mes, ás 12:00 da mañá, terá lugar, fronte á Embaixada de Israel en Madrid, un acto de apoio e solidaridade co país mediterráneo. De solidaridade para que saiban que hai quenes no Estado español comparten as súas preocupacións, e de solidaridade porque a vaga de infamia que se desatou por estos lares ben merece ser contestada.

Se está dacordo, o lugar do encontro é aquí:



Ver mapa más grandev>

Somos unha potenzia

O que máis graza me fixo do delirante artigo que un tal X. Antón L. Dobao publicou en Vieiros contra a AGAI, que por ahí seremos arredor dos douscentos socios, é calificala de "influínte asociación"; o inconsciente debeulle traer ecos do lobby feroz, supoño :)

A verdade é que, bromas aparte, é unha mágoa. Houbo un tempo, non moi lonxano, no que Vieiros era un xornal digno que pagaba a pena ler. Agora, pola contra, publica cousas coma estas:

(...) A xustiza neste Holocausto é xa o menos importante comparada coa necesidade de sobrevivir. Porque se houber xustiza será terrible se ten que facer pagar tantísimos anos de aplicación da Solución Final planificada. (...)

Os outros, os implacables, os cínicos, saben ben diferenciar entre o dereito á lexítima defensa dun sufrido Israel e o instinto criminal dun pobo palestino, claramente inferior, incapaz de comprender que o seu destino é ofrecerse en Holocausto ó Pobo Elixido. (...)

O Estado de Israel, ademais de ocupador, é criminal, asasino masivo, xenocida. E tanto ten que se vista coas túnicas sangradas dun Estado de Dereito elevado polo pensamento blandiblú ó cumio de toda aspiración social humana. Tanto ten. Nada mudará a súa esencia criminal. Nada. Nin todos os Henry-Lévy, Glucksmann, Albiac ou o demo que os fundou mudará nada. Israel será por sempre, para todos os humanos de ben, a representación mesma da impunidade asasina, do odio, do terror, do poder fachendoso e cínico, da destrución, da infamia. E ese será o seu peor estigma. (...)

9 de out. de 2008

Conferencia en Santiago sobre o pasado xudeu de Galiza


"A profesora Gloria de Antonio Rubio é doutora de Historia Medieval pola UNED. Actualmente é investigadora no CSIC-Instituto de Estudios Galegos "Padre Sarmiento". Moi recentemente foille outorgado o premio Samuel Toledano 2008 polo seu libro "Los judios en Galicia (1044-1492)" Este prestixioso premio é concedido anualmente e presentado en Xerusalén, levando o nome de Samuel Toledano, quen foi un dos grandes renovadores da comunidade xudía en España. 

O premio é concedido a un investigador de Israel e a outro de España, que traballan no estudo das comunidades xudías en España e nos países da diáspora sefardí: a súa historia e o seu legado cultural así como as relacións entre España e Israel. O premio está dotado de 15.000$ para cada un dos dos galardoados. 

A comisión do Premio está presidida polo Sr. D. Yitzhak Navón, quen foi quinto Presidente do Estado de Israel e a compoñen destacados membros do campo académico e personalidades do ámbito público (político, cultural, etc.) israelí así coma representantes da familia Toledano".

10 de jan. de 2008

Axenda (2)

A AGAI organizou unha charla-coloquio co gallo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto, que se celebra o vintesete de xaneiro. A mesma terá lugar o 23 de xaneiro, mércores, ás 20:00 horas, no Clube Internacional de Prensa de Santiago de Compostela (Avenida da Coruña 6 - baixo).

O acto, presentado por Afonso Vázquez-Monxardín, escritor e membro de AGAI, levará por título "O negacionismo do holocausto e a memoria das vítimas", e contará coma poñente co Sr. Edwin Yabo, agregado cultural da Embaixada de Israel en España, e que xa noutras ocasións se prestou amablemente a colaborar coa Asociación.

(Máis: o aviso na páxina da AGAI)

11 de dez. de 2007

Axenda (1)

Mañá, en Ferrol, terá lugar ás 20:00 no Ateneno Ferrolán terá lugar a conferencia "O Holocausto e a súa negación" , organizada pola AGAI. O Ateneo está ubicado na Rúa Magdalena 202-204, e estará presentado por Eliseo Zaera (Presidente) e Plácido Carro. A conferencia será impartida por Edwin Yabo, agregado cultural da Embaixada de Israel en España.

O acto xurde coma reación á Sentencia do Tribunal Constitucional que ampara o negacionismo dentro do ámbito da liberdade de expresión, e á cal a Asociación Galega de Amizade con Israel amosou o seu rexeitamento.


Ateneo Ferrolán: Teléfono: 981357970 | Fax: 981354098 | Rúa: Magdalena, 202-204 | C.P.: 15402 Ferrol (A Coruña)

AGAI: Teléfono:610424174
- Apartadoo:730
Correo: agai_galicia_israel@yahoo.es
Vigo (Pontevedra)

1 de out. de 2007

Conferencia de Jaime Vandor

Se a algún dos leitores lle resulta posible achegarse a Compostela o luns vintedous de Outubro, isto é, dentro de tres semanas, seguramente lle interese saber que vai a ter lugar no Club Internacional de Prensa unha conferencia impartida por Jaime Vandor, profesor da Universidade de Barcelona e supervivinte da Shoah.


A conferencia, organizada pola AGAI, leva coma título Memoria do Holocausto, e encádrase dentro das atividades organizadas por dita asociación para contribuír a que non se dilua a memoria da Shoah. Pode atoparse unha breve biografía, así coma un par de artigos seus, na páxina da asociación.


Ver mapa más grande

Lembre, o luns 22, ás oito da tarde, no Club Internacional de Prensa (no Campus Sur, ao carón da Alameda).

29 de jun. de 2007

Conferencia da AGAI en Compostela

O vindeiro martes 3 de xullo, na capital do país, os amigos da A.G.A.I. van celebrar unha charla-coloquio impartida por Alona Fisher-Kamm, Ministra-conselleira da Embaixada de Israel no Estado español. A charla, que tratará sobre "Situación actual e prespectivas no conflito de Oriente Medio", terá lugar ás oito da tarde no salón de actos do Club Internacional de Prensa (Avenida da Coruña nº 6, no Campus Sur, preto das escaleiras da Alameda). A entrada, coma en tódolos actos que a AGAI celebrou ata o dagora, será libre.

22 de jun. de 2007

Protesta fronte a Embaixada de Irán

Constame que alguns dos leitores deste blogue residen en Madrid. Quizais sexan eles os máis interesados en saber que o próximo mércores, día 27, ás sete da tarde, terá lugar fronte á Embaixada da República Islámica de Irán unha concentración de repulsa.

Máis alá da crónica vulneración dos Dereitos Humanos, que ben valería unha concentración semanal, esta vez, hai un motivo urxente para facelo. E, anque podería ser polos continuos chamamentos á destrucción de Israel por parte do seu presidente, ou polo programa nuclear que desenrolan co ese obxetivo, hai algo que se antepón a todo iso.

Coma sempre en Oriente Medio, a realidade impón a súa pauta. Esta vez non son ameazas, senón feitos, os que poñen en perigo a precaria paz (por chamarlle dalgún xeito) da rexión. Agora que Gaza é a última adquisición do islamismo (fronte á pasividade de Occidente, para variar), é necesario racha-lo muro de silenzo que condea ós palestinos (ou é que só importan cando se enfrontan a Israel?) e ós israelíes e a calquera expectativa de solución pacífica para a rexión.

Hamas, o brazo armado de Irán na zona, ven de toma-lo control da Franxa. Non é máis que outro paso no intento de destruir Israel para exende-los dominios da interpretación máis integrista do Corán. De novo, os palestinos son o instrumento do que se valen os islamistas. De novo, a paleoesquerda cala. De novo, tamén, haberá que deixar claro que o inalienable dereito de Israel a existir está fora de toda negociación posible.

E o momento e o lugar para facelo é este.

23 de abr. de 2007

Gustavo Daniel Perednik

De entre os divulgadores da cuestión xudea, poucos acadaron tanta notoriedade a nivel mundial coma Gustavo Daniel Perednik. O escritor, profesor e xornalista arxentino, que actualmente reside ás aforas de Xerusalen, é coñecido polas súas análises sobre a cuestión xudea ó longo da historia, así coma as relaccións da mesma coa modernidade.


Dende finais dos oitenta, leva impartidas conferencias en cen cidades de cincuenta países, e esta semana estará en Galiza para falar do conflicto de Oriente Medio e a xudeofobia. Para quen estea interdado na cuestión xueda, seguro que será interesante ir, pero eu recoméndaríallo máis a quen sinta escasa simpatía polos xudeos ou por Israel. Que vaian, atendan, e logo rebatan e discutan. Que escoiten de primeira man o que supón ser xudeo e israelí, para poder facerse unha opinión máis ampla e persoal do conflicto, sen os prexuízos cos que normalmente se aborda esta realidade. As datas e lugares son os seguintes:


A Coruña:

Día 24 de abril martes ás 20:00 horas, no Auditorio de Caixanova na Avenida da Mariña (esquina rúa da Fama). Título: "Maniqueismo e pensamento único sobre o conflito de Oriente Próximo"

Santiago de Compostela:

Día 25 de abril, mércores, ás 12:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Políticas da USC. Tíulo: "Xudeofobia, antisemitismo e antisionismo".

Vigo:
Día 25 de abril, mércores, ás 20:30 Salón de Actos do Círculo Mercantil de Vigo, rúa do Príncipe, 44. Título: "Da xudeofobia ao antisionismo: a demonización europea de Israel"


Posese atopar máis información sobre el nas páxinas da AGAI e do Programa de educación e esclarecemiento acerca do rol do xudeo no mundo, que leva o propio Perednik.

10 de abr. de 2007

Recordatorio


Mañá, en Vigo, é a conferencia de Josep Carles Laínez "Israel coma exemplo de nacionalismo europeo."

21 de mar. de 2007

Conferencia de Josep Carles Laínez

A Asociación Galega de Amizade con Israel ven de organizar para o día 11 de abril unha charla-debate a cargo de Josep Cales Laínez, escritor e editor valenciá. O título da conferencia é "Israel coma exemplo de nacionalismo europeo", na liña de pensamento do autor, que incardina o sionismo dentro dos movementos de liberación nacional, coma o galego ou o escocés. A conferencia celebrarase na Casa del Libro de Vigo, situada no número 26 da rúa Velzquez Moreno, ás oito da tarde, e a entrada será de balde. Máis información na web da AGAI.