Conferencia en Santiago sobre o pasado xudeu de Galiza
"A profesora Gloria de Antonio Rubio é doutora de Historia Medieval pola UNED. Actualmente é investigadora no CSIC-Instituto de Estudios Galegos "Padre Sarmiento". Moi recentemente foille outorgado o premio Samuel Toledano 2008 polo seu libro "Los judios en Galicia (1044-1492)" Este prestixioso premio é concedido anualmente e presentado en Xerusalén, levando o nome de Samuel Toledano, quen foi un dos grandes renovadores da comunidade xudía en España.
O premio é concedido a un investigador de Israel e a outro de España, que traballan no estudo das comunidades xudías en España e nos países da diáspora sefardí: a súa historia e o seu legado cultural así como as relacións entre España e Israel. O premio está dotado de 15.000$ para cada un dos dos galardoados.
A comisión do Premio está presidida polo Sr. D. Yitzhak Navón, quen foi quinto Presidente do Estado de Israel e a compoñen destacados membros do campo académico e personalidades do ámbito público (político, cultural, etc.) israelí así coma representantes da familia Toledano".
Organiza: Asociación Galega de Amizade con Israel.
Nenhum comentário:
Postar um comentário