Sacar as cousas de quicio
A BBC non permitirá facer bromas na súa cadena sobre os musulmáns. Mark Thompson, o director xeral da cadea, anunciou esta medida por considerar que "os musulmáns son máis sensibles que os cristianos" ás críticas á súa relixión. O comentario intelixente veu da man do humorista Ben Elton:
"Coñézoos ben. Decidiron isto por un medo excesivo. Non creo que a poboación musulmana queira que o resto teñamos na cabeza a idea de nomealos o menos posible para evitarnos posibles represalias, ou de que todo musulman representa unha amenaza para a seguridade do resto" (...)
2 comentários:
Confío --a miña nai di que a inxenuidade é consustancial a miña personalidade-- en que apliquen o mesmo criterio cos católicos, budistas, xudeos... etc.
Ás veces --demasiadas--, os medios especialízanse en facer o ridículo.
É unha metedura de pata ben sonora, porque, coma di o humorista, o que fan é dar a entender que todos os musulmáns son potencialmente perigosos, e non que teñen os seus fanáticos coma en todas as relixións, ideoloxías, etc.
Distinto sería que se ensañasen cunha en concreto, pero se aplican o mesmo baremo con todas as crenzas ningunha está libre de crítica. Apertas.
Postar um comentário