La comunidad
A historia é breve pero moi ilustrativa; o xornal El País permite a creación e mantemento de blogues no seu servizo La Comunidad. Aprobeitando esa oportunidade, David Adael, un mozo xudeu madrileño comenzou hai uns meses o blogue Stop Islamization. Usou ese espazo para criticar, con datos empíricos, as accións desa corrente do islam coñecida coma islamismo, así coma defender a Israel e expoñer a situación na que se atopa o Estado mediterráneo.
Falo en pasado, porque o outro día Adael recibiu o premio Solidaridade con Israel e, contento polo recoñecemento, ocurríuselle expor no blogue o galardón co que fora agraciado. A resposta de El País? Póden coñecela premendo aquí.
2 comentários:
Hai cousas que é imposible entender de xeito racional; polo tanto, cumpre concluir que a decisión de El País obedece a un criterio da cúpula empresarial, o que coverte o feito en inquietante. Agás que sexa simple medo...
Eu creo que nun principio o toleraron coma mostra de pluralidade e, cando se cansaron de ir de demócratas, botáronlle o pecho sen máis. Adael é moi crítico co tratamento que fai El País do conflicto árabe-israelí, o cal debeu ser determinante á hora de decidir pecharlle o sitio.
Postar um comentário