26 de mar. de 2009

Trinta anos de relacións entre Israel e Exipto

Begin, Jimmy Carter e Sadat, durante a celebración dos Acordos de Camp David do 1978. Imaxe: Commons.


Hoxe cúmprense trinta anos dende que se firmara en Washington o tratado de paz entre Israel e Exipto. Maila que impediu a reanudación das hostilidades, a relación entre ambos países non deixou de ser fria, sen perxuízo de acordos puntuais; Leonor Jauri cita en Guysen entre eles a colaboración no seitor agrícola, así coma a admisión de estudantes exipcios no sistema educativo israelí. Proba disto é que non hai programado no país ningunha conmemoración oficial. Pola súa banda, o embaixador exipcio en Tel Aviv, Yasser Rida, si está participando destas horas nunha acto ó respeito no Ministerio de Asuntos Exteriores en Xerusalén.

A importancia de Exipto coma interlocutor entre Israel e o mundo árabomusulmán é crecente, a pesar da humillación que para O Cairo supuxo a deslealdade de Hamás ó incumprir a tregua que axudaran a pactar, e sobre todo agora que Erdogan inhabilita a Turquía para esa función. Debemos estar atentos á evolución do país, especialmente agora que nos atopamos nos primeiros pasos do que podería ser a sucesión de Mubarak.

Nenhum comentário: