Paul Newman
A realidade supera a ficción, máis o que non facer é emular o poder de atracción desta última. Sobre todo, cando se proxeta sobre pantalla de cine.
A escena é ilustrativa disto. A comenzos do verán, estabamos tomando unha cañas nunha terraza de Aranxuez varios israelíes e outros do Reino de España; todos xudeus, agás eu. Nun momento dado, algúen lembrou que uns días antes falecera o comandante da nave Éxodo, que levou a milleiro de xudeus á llixuv.
- Cómo? En serio? Pero se aínda o vin o outro día nunha entrega de premios! - dixo unha das israelíes.- Non - explicoulle outro -, o actor que fixo del na película non. Morreu o de verdade.- Ah, menos mal. Pensei que morrera Paul Newman.
A reación fíxonos graza, e seguro que llela faría tamén ao propio Newman, asemesmo xudeu. Acabase de facer público que non foi capaz de superar o cancro que padecía dende hai meses, co que xa nin o real nin o ficticio nos quedan. Non se me ocorre mellor homenaxe que ver o camiño cara a salvación que un emprendeu na realidade e outro recreou no cine. Descanse en paz.
Nenhum comentário:
Postar um comentário