De fracaso en fracaso, ata a victoria final
Hai unha ecuación que nunca falla; canto máis fracasaso, máis antisemita. E poderíamos engadir ó principio; canto máis marxista, máis fracasado.
Que toda esta tropa de nostálxicos da URSS atoparon no antisemitismo unha válvula de escape para non encarar as súas moitas e moi graves carencias e contradiccións non é nada novo. Pero é que, en plena fuxida cara ningures, ás veces agasállanos con pérolas das que fan época. Divertidísimas, de puro idiotas.
Se hai uns meses Hamás nos revelaba quen estaba detrás das hipotecas subprime e da desrregulación dos mercados financieiros (e servidor vaticinaba que era só cuestión de tempo que os secundaran en Rebelión), agora é o Francisco Frutos, Secretario Xeral do Partido Comunista de España o que descubre o que os poderosos non queren que saibamos:
"Yo creo que lo que ha pasado ahora actualmente en estos últimos años, y sobre todo en estos últimos meses es el hundimiento del sistema neoliberal. El sistema neoliberal es la parte más brutal del capitalismo, la parte más exagerada, brutal, sin controles, sin leyes, y esto se ha hundido. Esto se ha hundido. No sólo es la responsabilidad de cuatro ladrones, que los hay, que han sido los que han mantenido el sistema capitalista-imperialista en este tiempo, y de los cuales hay una parte importante de sionista, de sionismo. Por ejemplo, lo que es el Lehman Brothers [fundada por emigrantes xudeo-alemáns no 1850], empresa que cae, que es el Madoff [xudeu], que parece que ha robado incluso a sus propios hermanos de clase, etc.
Efectivamente, camarada. Sempre os mesmos, jodendo a marrana. Mitos coma madeiros, ós que agarrarse cando te fundes.
Nenhum comentário:
Postar um comentário